lunes, 29 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN 3.1

 1. Somos únicas na nosa especie

viernes, 26 de abril de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 O vindeiro xoves 2 de maio teremos unha nova sesión de contacontos en familia.

Agardámosvos!!!!!



miércoles, 24 de abril de 2024

VISÍTANOS A DRAGONA RAMONA

 Hoxe, como parte das actividades ao redor do día do libro, o alumnado de infantil, tivemos a visita da DRAGONA RAMONA que veu contarnos "Un león na biblioteca"


Gracias ao Concello de Culleredo por achegarnos esta actividade!


martes, 23 de abril de 2024

LIBROS Á RÚA

 Os paseos por Culleredo xa non van ser aburridos!

O alumnado do Sofía Casanova preparou un roteiro literario así que collede as zapatillas de deporte e a caminar porque oara conmemorar o DÍA DO LIBRO, empapelamos Culleredo con fragmentos e ilustracións dos nosos libros preferidos. 

Anímaste a lelos?






BUFOPREGUNTÓN 2

   Como xa temos acertante deixamos por aquí o resto de pistas. Efectivamente estamos a falar de Jean Jacoby. Gañador de dúas medallas olímpicas na categoría de arte.

Porque houbo medallas olímpicas nas disciplinas de arquitectura, música e literatura. Pincha aquí para saber máis.

Jean Jacoby


  1. Teño dúas medallas de ouro olímpicas. 

2. Nacín en Luxemburgo

3. Participei nos Xogos Olímpicos de 1924 e de 1928

4. Fun adestrador de fútbol e balonmán 

5. Participei na categoría de arte. 

NORABOA A ICÍA E ALDARA! 

O próximo luns temos o seguinte Bufopreguntón! Estade atentos!!!!

BUFOPREGUNTÓN 2.2

  1. Teño dúas medallas de ouro olímpicas. 

2. Nacín en Luxemburgo

lunes, 22 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN 2.1

 1. Teño doúas medallas de ouro olímpicas. 

viernes, 19 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN. PISTA 1.5

    1. Ofrezo varias versións.

2. Nacín nos anos 30.

3. Dinlle unha lección a Hitler.

4. Participei nos Xogos Olímpicos de Berlín no 1936.

5. Fixen voar a Jesse Owens.

jueves, 18 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN. PISTA 1.4

   1. Ofrezo varias versións.

2. Nacín nos anos 30.

3. Dinlle unha lección a Hitler.

4. Participei nos Xogos Olímpicos de Berlín no 1936.

miércoles, 17 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN . PISTA 1.3

  1. Ofrezo varias versións.

2. Nacín nos anos 30.

3. Dinlle unha lección a Hitler.

martes, 16 de abril de 2024

COMEZAN OS XOGOS OLÍMPICOS...

A competición aínda non comeza pero hoxe encenderon a chama olímpica nas ruinas de Olimpia, alí o primeiro portador co seu facho iniciou o percorrido cara París.


BUFOPREGUNTÓN. PISTA 1.2

 1. Ofrezo varias versións.

2. Nacín nos anos 30.

lunes, 15 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN. PISTA 1.1

 1. Ofrezo varias versións.

sábado, 13 de abril de 2024

BUFOPREGUNTÓN

 Lembrade que este luns comeza o bufopreguntón!!!!!!!

Haberá unha pista cada día que sairá ás 16:00h, que so se pode dar unha resposta por día e familia, que a temática é AS OLIMPIADAS, que son 4 Bufopreguntóns (un á semana) e que a primeira familia en adiviñar o que estamos a falar gañará un premio.

viernes, 12 de abril de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte tivemos o OBRADOIRO DE XOGOS co alumnado de 2º, 3º e 4º.

Coma sempre, un placer pasar unha tarde tan divertida co noso alumnado.






MARÍA CANOSA NO COLE

 Os alumnos e alumnas de 2° EP tuvieron un encontro coa escritora María Canosa no que lle fixeron moitas preguntas dos distintos libros da autora que leron na aula.

Ao final da sesión a autora asinou os libros dos alumnos e alumnas.



viernes, 5 de abril de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

O vindeiro xoves 11 de abril teremos un obradoiro de xogo para o alumnado de 2º, 3º e 4º nas nosas TARDES BUFOANIMADAS. Non faltes!



UNHA ESTRELA NO VENTO

 Comezamos novo libro no club de lectura:


Non vos perdades o booktrailer que fixeron no IES de Allariz sobre este libro:


A autora é Ldicia Costas:

Isto é o que conta ela de si mesma:

Nací una tarde de septiembre. De pequeña lo que más me gustaba era leer, arrancarle los cables a las muñecas, comer chocolate y visitar cementerios. Estudié Derecho y ejercí unos años como abogada, pero desde hace ya tiempo me dedico por completo a la literatura, cosa que me hace muy feliz. Sigo visitando cementerios, todos los que puedo. Tengo docenas de fotos en cementerios de distintos lugares del mundo. Me gustan las historias de brujas, fantasmas y muertos. Soy una lectora apasionada. No sé cuantas historias me quedan por escribir. Espero que varias docenas. Las mejores historias son las que se escriben con la cabeza pero, sobre todo, con corazón.

Para saber máis desta autora, non deixes de visitar a súa páxina web.

martes, 2 de abril de 2024

DÍA DA POESÍA

 O vindeiro 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA e fixémolo co noso xa tradicional recitado de Poesía.

O feito de recitar poesía en voz alta para os noso compañeiros fai que practiquemos a oralidade, desenvolvamos a linguaxe, melloremos a dicción, adquiramos vocabulario, estimulemos a imaxinación e o desarrollo emocional e cognitivo, favorezamos a memorización, mellora o vínculo entre alumnado e poñemos en valor un arte como é a poesía. 

O mellor de todo é que practicamos moitísimo para poder facelo o mellor posible, sentímonos orgullosos do noso traballo e todos os oíntes agradécennolo e felicítannos.

Para poder ver unha reportaxe gráfica do que fixemos preme na imaxe:


Ademáis queremos destacar a poesía de Mario e Sira Candal, xa que están tan motivados co tema das olimpíadas que inventaron a súa propia poesía olímpica para poder recitala:






DÍA DO LIBRO INFANTIL

 Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen.


Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 


A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
 
(Información extraída do Blog de Bibliotecas escolares de Galicia)


lunes, 1 de abril de 2024

LEMBRA CACHOLIÑA

 O equipo de dinamización está coordinar un proxecto fantástico onde o alumnado lémbranos o vocabulario adecuado para usar nestes vindeiros xogos olímpicos.

Non deixedes de velo!!!! (Pincha na imaxe para ver os vídeos)