lunes, 9 de marzo de 2026
jueves, 26 de febrero de 2026
martes, 11 de noviembre de 2025
Todos os cursos temos unha hora de biblioteca á semana onde traballamos de diversas maneiras.
Aquí podedes ver un grupo de sexto traballando a busca e o tratamento da información:
viernes, 27 de junio de 2025
martes, 24 de junio de 2025
Aquí tedes un resumo do traballo este ano no PDI PERCORRENDO GALIA CO BUFO.
Música de Kike Varela
jueves, 12 de junio de 2025
lunes, 2 de junio de 2025
Os nenos e nenas de terceiro dedicaron parte do proxecto a estudar seres mitolóxicos de Galicia.
Xa coñecen o Apalpador, o diaño burleiro, o Tardo, o Sacaúntos, o Nubeiro, a Lumia e o Can de Ucro.
Deixámosvos por aquí unha mostra do seu traballo:
jueves, 13 de marzo de 2025
miércoles, 27 de noviembre de 2024
O alumnado de segundo comezou o proxecto deste curso con moitas ganas. Para ir percorrendo Galicia pouco a pouco comezou por investigar o lugar onde vivimos, incluido o cole!.
Este é o resultado:
lunes, 1 de julio de 2024
martes, 28 de mayo de 2024
O que pasou este venres no club de lectura foi impresionante:
Estamos a ler un libro no que aparece un cadáver e, por iniciativa dos rapaces convertemos a biblio nunha comisaría para resolver o misterio... a ver se somos capaces!!!!
Como o libro fala das redes sociais, tamén escribimos as nosas impresións nun chío de Twiter.
Queremos dar a noraboa a este grupo polo seu traballo, pola súa implicación e, sobre todo, pola gran motivación que tendes. Facedes que os venres sexan os mellores días da semana:
viernes, 10 de mayo de 2024
Como non podía ser doutro xeito, na área de lingua inglesa están a traballar Londres como sede olímpica. Alí houbo tres xogos olímpicos: en 1908, en 1948 e en 2012. Á espera de ver os resultados das súas investigacións, mirade cómo traballan:
viernes, 3 de mayo de 2024
viernes, 26 de abril de 2024
martes, 23 de abril de 2024
Os paseos por Culleredo xa non van ser aburridos!
O alumnado do Sofía Casanova preparou un roteiro literario así que collede as zapatillas de deporte e a caminar porque oara conmemorar o DÍA DO LIBRO, empapelamos Culleredo con fragmentos e ilustracións dos nosos libros preferidos.
Anímaste a lelos?
viernes, 8 de marzo de 2024
Estamos alucinados co tremendo traballo sobre as olimpiadas que fixo o alumnado de segundo.
Logo de recompilar moita información fixeron unha liña do tempo que podedes ver no seu andar. Non vola podedes perder!
sábado, 24 de febrero de 2024
Onte celebramos que hai 137 naceu, en Santiago de Compostela unha das escritoras máis famosas na nosa lingua, Rosalía de Castro.
O departamento de Dinamización da lingua invitounos a participar nun xogo e nas clases foron aparecendo cartas con selos de Rosalía onde se nos facía unha pregunta e se nos invitaba a atopar a resposta para gañar unha peza dun crebacabezas. Pinchade na imaxe para ver todo o que aconteceu:
jueves, 8 de febrero de 2024
Mañán teremos unha festa de entroido olímpica e o alumnado de sexto está a apurar as últimas horas para rematar os seus disfraces:
sábado, 3 de febrero de 2024
Onte o alumnado de 3 anos tivo o seu primeiro contacto coa robótica e o resultado foi moi bo: foi unha actividade moi motivadora ( o tren levaba en clase varios días o que creou moita expectación), traballamos en equipo cooperando uns con outros, seguimos a técnica de ensaio-erro e puxemos a funcionar o pensamento lóxico e a resolución de problemas e todo isto xogando, rindo e facendo que o tempo de clase fose moi curtiño.
miércoles, 13 de diciembre de 2023
O alumnado de segundo xa está metido de cheo nesto das olimpíadas. Están moi motivados buscando información. Mirade, mirade:


.jpg)



.jpg)







.jpg)











.jpg)


















