sábado, 17 de mayo de 2025
Conmemorando o DÍAS DAS LETRAS GALEGAS repartíronse os premios do Certame Litearrio organizado polo EDLG.
Infantil e primeiro ciclo competían en categoría de debuxo e a partir de terceiro de primaria en narrativa, poesía e banda deseñada.
Estos foron os agasallos (preme na imaxe para máis información)
viernes, 10 de mayo de 2024
Aínda que temos que dar os PARABÉNS a todas as familias, a representación das gañadoras do Bufopreguntón deste curso é feminina:
NORABOA A ICÍA e ALDARA, DANIELLA e NAYLA!!!
jueves, 15 de febrero de 2024
E un ano máis queremos felicitar a Chelo Loureiro polo seu terceiro Goya!!!! Lembrámosvos que Chelo é a avoa de Marco e Nico Testa.
miércoles, 13 de diciembre de 2023
Onte pasamos unha tarde moi divertida cunha xente maravillosa que se atreveu a participar nas nosas PRIMEIRAS BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA.
Podedes ver un resumo do ben que o pasamos neste vídeo:
viernes, 5 de mayo de 2023
Hoxe Rubén recibiu o seu agasallo como representante da súa familia acertante do BUFOPREGUNTÓN.
Dende aquí queremos dar a NORABOA e as GRAZAS a esta gran familia que SEMPRE participou en todo o que dende a biblioteca propuxemos e que, ademáis, tódolos anos acertou un BUFOPREGUNTÓN.
Rubén está en sexto e marcha este ano do cole así que botarémosvos en falta.
Aproveito tamén para dar as GRAZAS a esas familias que tamén marchan este ano e que tan ben acolleron sempre as nosas actividades. (Temos fotos da vosa participación na biblioteca dende que os nenos eran ben pequenos.) Deixades unha gran lembranza en nós e un oco na familia do Bufolector.
Xa sabedes onde tedes outra familia!!!!
miércoles, 3 de mayo de 2023
Como ben dixeron Rubén e a súa familia estabamos a falar de TALES DE MILETO.
NORABOA FAMILIA!!!!!!
Deixámosvos aquí o resto das pistas e un par de enlaces para saber máis:
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
3. GÚSTAME A ASTRONOMÍA.
4. SON GREGO.
5. CONSIDÉRANME UN DOS SETE SABIOS DE GRECIA.
miércoles, 26 de abril de 2023
Lembrades aquelas ESOPÍAS que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?
Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!
Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.
miércoles, 19 de abril de 2023
Onte Diego recibiu o seu agasallo por gañar o segundo Bufopreguntón:
miércoles, 12 de abril de 2023
martes, 11 de abril de 2023
Sentíndoo moito temos que facer unha rectificación, pois a primeira acertante foi a familia de Ángel e Nerea Barrio que contestaron a través do correo electrónico.
(O correo chegou ás 16:35 e a contestación da familia de Rubén ás 17:20)
Queremos pedir perdón á familia de Rubén e a de Ángel e Nerea!!!!!
A persoa que estabamos a buscar era Ángela Ruiz Robles, doña Angelita.
NORABOA!!!!!!
Estes días recibiredes o voso agasallo.
Para os demáis, non vos preocupedes. O luns sae unha nova pista para un novo BUFOPREGUNTÓN!!!!!
Deixámosvos o resto de pistas:
1. TENGO TRES PATENTES.
2. ESCRIBÍ 16 LIBROS Y ABRÍ UNA ACADEMIA DE ENSEÑANZA.
3. UNO DE MIS PROTOTIPOS ESTÁ EN EL MUNCYT.
4. UNA DE MIS PATENTES FACILITA LA LECTURA.
5. TENGO NOMBRE DE ADMINISTRACIÓN DE LOTERÍA.
sábado, 25 de marzo de 2023
O primeiro de todo dicir que estamos sorprendidas pola gran repercusión desta votación. Aínda que houbo poucos vídeos, votou moitísima xente (574 VOTOS)!!!!
Despois queremos dar as GRACIAS a todos os participantes por atopar un pouco de tempo para adicalo a facer ciencia en familia e ensinala para que todos poidamos aprender.
AÍNDA QUE TODOS OS VÍDEOS MERECEN O PREMIO,
este é o resultado final:
1º: Con 204 votos: a familia Vázquez Zas
2º: Con 179 votos: a familia Luces Fernández
3º: Con 86 votos a familia Jiménez Bermúdez
4º: Con 78 votos a familia Muíño Mosquera
5º: Con 21 votos a familia López Roel
6º: Con 6 votos a familia Méndez
NORABOA PARA TODOS E, EN ESPECIAL, PARA A FAMILIA VÁZQUEZ ZAS, POR FACER UN VÍDEO TAN ANIMADO E ENSINARNOS UNHA NOVA PALABRA: JUEGUERIMENTO!!!!!
A vindeira semana recibiredes o voso agasallo.






.jpg)












