miércoles, 19 de diciembre de 2012

PEQUENA

Gústache o teatro? Tes algo que facer este venres?
Paula Carballeiro preséntanos esta obra no centro sociocultural do Graxal ás 19:00H

Público infantil (máis de 3 anos) e familiar
Entrada gratuíta

Venres 21 decembro
Compañía Talía Teatro

RECOMENDACIÓNS NADAL

XA PODEDES VER NO NOSO BLOGUE AS RECOMEDACIÓNS DE LIBROS QUE FACEMOS PARA ESTE NADAL

jueves, 6 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Coñeces ao apalpador?





SEGUNDO A TRADICIÓN, O APALPADOR É UN CARBOEIRO QUE BAIXA DAS DEVESAS, A NOITE DO 31 DE DECEMBRO PARA TOCAR O VENTRE DOS NENOS E NENAS E COMPROBAR SE COMERON BEN DURANTE O ANO, DEIXÁNDOLLES UN MONTÓN DE CASTAÑAS E ÁS VECES, ALGÚN REGALIÑO, DESEXÁNDOLLES UN FELIZ ANO CHEO DE FELICIDADE E COMIDA.
SE QUERES COÑECER MÁIS SOBRE ESTE PERSONAXE, XURXO L. VALCÁRCEL GIL,  FIXO UN TRABALLIÑO SOBRE EL. QUE ESTÁ PUBLICADO NO FAMOSO BLOG DA CARACOLA TOLA:

 http://caracolatola.blogspot.com.es/2009/11/o-apalpador.html

martes, 27 de noviembre de 2012

FAROS DE GALICIA

Aproveitando o traballo do equipo de Normalización sobre os faros, e que cada curso vai estudar un, deixámosvos este bonito video sobre os FAROS DE GALICIA.

lunes, 26 de noviembre de 2012

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Coñeces a este home? Segutro que sí! É AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, na biblioteca do Bufolector acabamos de atopar a páxina de este xenial escritor do que somos grandes admiradores. Se queres podes aceder a ela pinchando no seguinte enlace:
http://agustinfernandezpaz.eu/
Ademáis, dende a súa páxina poderás enlazar ao seo blogue, no que fala das súas obras, e de outras moitas que lle gustan ou lle foron marcando, así conmo de películas ou  cousiñas da súa vida.
Non volo podedes perder!!!!

martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día internacional CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, por se queredes traballar este tema déixovos uns enlaces con recursos interesantes.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Inditex promove un sistema "revolucionario" de seguridade no mar

Se queres saber máis, pincha na imaxe:

lunes, 12 de noviembre de 2012

ENTRADA GRATIS NOS MUSEOS!!!!

QUE VAS FACER ESTA SEMANA? SEGURO QUE PODES FACER UN OCO NA TÚA AXENDA PARA IR DE VISITA CULTURAL!
APROVEITA, PORQUE ESTA SEMANA É A SEMANA DA CIENCIA, E OS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES SERÁN GRATIS DENDE HOXE ATA O VINDEIRO 18 DE NOVEMBRO.
QUE MELLOR OCASIÓN PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE O MAR QUE VISITANDO O AQUARIUM?
SE PINCHAS NA IMAXE TERÁS MAIS INFORMACIÓN

martes, 30 de octubre de 2012

XOGO SAMAÍN

Dende o Ceip Manuel Fraga (Cariño) chéganos este divertido xogo de preguntas do Samaín. Serás quen de conseguilo?
Preme na imaxe e accederás ao xogo:

domingo, 28 de octubre de 2012

SAMAÍN

XA NON QUEDA NADA!!!! ESTE MÉRCORES CELEBRAREMOS O SAMAÍN!!!! DENDE A BIBLIOTECA OS DEIXAMOS UN PEQUENO VIDEO CUNHA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA PARA QUE VAIADES ENTRANDO EN AMBIENTE:

jueves, 25 de octubre de 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESOLARES

Este ano, quixemos celebrar este día tan especial recordando a Charles Dickens, aproveitando que, en febreiro, fixo 200 anos que naceu este xenial escritor.
Para iso solicitamos a colaboración das familias, que, unha vez máis, escoitaron a nosa petición, e isto é o que fixemos:




MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!

UN MAR DE LIBROS

Comezamos unha nova andaina na Biblioteca do Bufolector, inaugurando este diario.
 E non  podiamos facelo doutra forma que non fora ensinándovos as fotos do bonita que está a quedar a nosa biblioteca cos "adornos" mariñeiros.