Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2023

A PROFE CONCHA ESTÁ DE NORABOA

 Lembrades aquelas ESOPÍAS  que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?

Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!

Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.








CONCHA, estamos ORGULLOSÍSIMAS  de ti!!!!!!

E, dende aquí, queremos darlle as grazas a este fantástico profesor por organizar tantas actividades e dalas a coñecer, por achegarnos a tantas mestras ás matemáticas de maneira divertida, por vir en persoa ata o cole a entregarlle o premio a Concha e por facernos sentir tan ilusionadasGracias Enrique!!!!!! maxisterio necesita moitos profes así. 


jueves, 30 de marzo de 2023

ESOPÍAS

A piques de rematar o MES DA POESÍA, deixámosvos as distintas ESOPÍAS que nos chegaron:

ALUMNADO DE 6º ED. INFANTIL


RÍO Y AGUA Y ARENA

Profundos en sitios bajos

¿Por dónde camináis?

¡Muchísimo trabajo!


Felicidad por el mar,

hermosas esas barcas

al verlas Omar.


Ese pez escamoso

que es hermoso.

         ALUMNADO 5ºA


VER A RÍOS Y MARES

Maravilla de océano,

mares con arena,

montañas escaladas,

hermosa carretera.


Con el sol contento

como cantos de sirena.

El cuento raro

con los dragones,

con la ballena

         ALUMNADO 5ºA


SOL Y LUNA Y CIELO

Margarita en tierra

color del otoño

florecen magnolias pequeñas,

confianza una de una.


Mariposa, aire, flores,

un verano rosa.

Mar, luz, invierno,

¡esa es hermosa!

                ALUMNADO 5ºA


MAR Y RÍOS Y PECES

Maravilla de sueño

arena del valle fantasma

riachuelo agotado.

Caluroso sol de los difuntos,

iras torpes de mañana.

Hoy son historia

sin la montaña

          ALUMNADO 5ºA


Pez y agua o morsa

submarino va debajo.

Nadar con traje

buceando, navegando


Viernes divertido con la sal

domingos como viento de verano.

Días con los delfines

mar de barrial.

            RIHANNA Y JULIA .


Sol y aire y playa.

Brincando en arenas.

Todos los lunes,

comiendo tortillas caseras.


Navegando por el mar,

haciendo surf,

jugando en arenal.

Uno,dos,tres contando por la capital.

                  DARÍO Y ADRIÁN. 



Lúa e sono,

é noite estrelada na Sabana.

Leóns con leoas reinando,

esperanza, alianza, confianza.

Con fe nos monarcas,

eles xuntos na Sabana pola paz.

                              ALUMNADO 5ºC


Mar y aire y sueño.

Tristezas al viento.

Amigo, ven feliz,

paciente, sonriente, risueño...

Confianza, luz, al oír

relación, amor, verdor.

En cuatro días, paz.

                 CONCHA PEDRIDO


                           GEMA ZAS (NAI DE LEO E HUGO VÁZQUEZ ZAS)


miércoles, 15 de marzo de 2023

AS MATEMÁTICAS DO UNIVERSO

 Hoxe tivemos o derradeiro obradoiro deste ano con Sonia, onde falamos de ciencias e de literatura, vimos números, formas xeométricas e libros moi asombrosos cos que puidemos xogar, ata tivemos tempo de crear...










Con esta poedía que fixo Marta imos quentando motores para o DÍA DA POESÍA.
Grazas Marta!


Unha vez máis, GRAZAS A TODAS por vir e a Sonia por ILUSTRARNOS desta maneira tan fantástica!!!!!!




lunes, 13 de marzo de 2023

AS MATEMÁTICAS DO UNIVERSO

 ESTE MÉRCORES ÚLTIMO OBRADOIRO PARA OS NENOS/AS DE CUARTO A SEXTO!!!!!

(Aínda quedan prazas libres)



viernes, 10 de marzo de 2023

ESOPÍAS

O 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA.
Neste curso tan científico non podíamos deixar pasar AS ESOPÍAS.

Unha ESOPÍA é un poema (tamén pode ser un relato ou comentario), cun máximo de 141 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número π.

Dende a BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR queremos animarvos a escribir ESOPÍAS.

Para isto deixámosvos unha plantilla  da asociación AGAPEMA e algúns exemplos.

Se conseguides facer algunha non dubidedes en mandala para que a publiquemos. 
Ánimo e a xogar coas palabras (podedes facelo en calquera idioma).

miércoles, 8 de marzo de 2023

Un, dous, tres... quen es?

 Hoxe tivemos o primeiro obradoiro de LECTURA E FAMILIA onde Sonia Hermida achegounos as matemáticas a través da literatura. 

Tivemos tempo para escoitar contos, para ver, asombrarnos, manexar libros e manipular as matemáticas a través dos números, das figuras xeométricas, da arte...









Unha vez máis, gracias a TODAS pola vosa participación!!! Foi unha tarde ben animada e da que sacamos un montón de ideas para crear.
Gracias a Sonia pola súa cercanía e polo seu ben facer.


lunes, 30 de enero de 2023

EXPERIMENTANDO COAS MEDIDAS

Quen dixo que as matemáticas son aburridas? 

Nós estamos emocionados medindo, xogando cos números, comparando, asociando, ....

Manexamos cantidades que non comprendemos de todo, pero aínda así somos quen de ordearnos segundo a nosa medida.

Mirade:

sábado, 23 de enero de 2021

AS MATEMÁTICAS EN 3 ANOS

 Quen dixo que as mates son aburridas? 

Agora  ensinarémosvos como a través de xogos aprendemos a contar, asociar o número coa cantidade, formas xeométricas, conceptos espaciais, cantidades, tamaño, cor, comparación, clasificación, series, ordenación, os números, discriminación visual....

Estade atentos!

BLOQUES LÓXICOS:


NUMICON:


NUMERACIÓN:

lunes, 25 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS EN INFANTIL

Dixámosvos este video con algunhas das actividades que se fan nos desdobles sobre matemáticas manipulativas:


miércoles, 22 de abril de 2020

ESCAPE ROOM DO COVID-19

Aquí vos deixamos un escape room online sobre o coronavirus onde os nenos e nenas poderán librarse do contaxio resolvendo sumas e restas. Está creado por  Pedro Santos Juanes y Victoria Navarrete Aguilar, profes de primaria.

É compatible con tablet, mobil e pc.



domingo, 15 de marzo de 2020

TRABALLAMOS O NÚMERO

O día do mes sérvenos, na asamblea, para traballar os números. Axudámonos do numicon e así sen decatarnos traballamos conceptos como par/impar, números primos, descomposición de números, multiplicación e división, anterior e posterior, decenas e unidades...


lunes, 14 de octubre de 2019

A CARREIRA DOS NÚMEROS

Unha das nosas rutinas semanais é este xogo no que en primeiro lugar, colocamos entre todos as casillas do taboleiro ( se alguén ten dúbidas, axudámoslle). Logo comeza o xogo, tiramos o dado, collemos un numicon co número que nos tocou e facemos a suma de todo o que levamos. A norma principal é que NON SE PODE CONTAR, SÓ SUMAR!!!
Mirade que ben o pasamos xogando ás MATEMÁTICAS!!!!