lunes, 22 de febrero de 2021

23F

O 23 de febreiro de 1981 (fai mañá 40 anos) produciuse, en España, un intento de golpe de Estado.

Numerosos gardas civís comandados por Antonio Tejero irrumpiron no Congreso dos Diputados cando estaban votando para investir a Leopoldo Calvo Sotelo como presidente do Goberno. 

Nestes 10 minutos de video podes ver as causas e as consecuencias dese día:



E premendo nesta imaxe podes ver os arquivos da TVE que gravaron o momento. 




domingo, 21 de febrero de 2021

REVISTA ENTROIDO

Gracias á participación de todo o alumnado e profesorado do cole e á coordinación do Equipo de Dinamización lingüística xa temos acabadiña de sair do forno a REVISTA DO ENTROIDO deste ano:



Premede aquí para escoitar "O Xuizo dos Mecos Pandémicos" e ver a revista dende a páxina de dinamización "Habelas hainas 7.0"


sábado, 20 de febrero de 2021

CLUB DE LECTURA

 Aínda que a biblioteca non está montada, si atopamos un oco moi acolledor para facer o noso club de lectura.

Se as sesións xa estaban sendo fantásticas, agora, con este recunchiño son mellores.



Agora estamos a ler "Os instantes perfectos" de Ana Alonso, a semana pasada deixámolo no máis emocionante así que estamos desexando rematalo!




Hai quen prefire anotar nun caderno ou en follas soltas, pero a nós gústanos especialmente este libro de Natalia.







jueves, 18 de febrero de 2021

ELVIS PRESLEY

 Como xa sabedes o proxecto deste curso é "AFONDANDO NO SÉCULO XX".

Aos pequenos de 3 anos tocounos traballar a década dos 50 e o Bufolector mandounos unha carta cunha foto para que investigásemos sobre un personaxe:


Pronto soubemos que se chamaba Elvis Presley e que nos anos 50 comezou a súa carreira artística poñendo de moda o rockabilly (fusión de country e rhythm and blues).

Presley está considerado como unha das figuras máis importantes da cultura popular do século XX. E é coñecido polo alcume "O Rey do Rock and Roll".

Aquí vos deixamos a nosa pequena homenaxe a este gran artista:

miércoles, 17 de febrero de 2021

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Hoxe traémosvos outros 3 contos para rematar co mes de febreiro:

Montse conta "Bea Baila"



Marga e Bruno contan "Los tres cerditos duros de roer"


E "Las increibles botas del gato"

jueves, 11 de febrero de 2021

11 FEBREIRO: día da muller e da nena na ciencia

 Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. A idea é dar visibilidade á muller neste campo, no que hasta hai pouco, só destacaban homes.

 Aínda que non é só de mulleres pero si de ciencia gustaríanos deixarvos este calendario científico no que poderedes atopar persoeiros e grandes avances científicos. Podedes descargalo e imprimilo totalmente gratis. 


Este calendario que vos deixamos está en galego, pero podedes atopalo en castelán, éuskaro, inglés.... premendo na seguinte ligazón. 


miércoles, 10 de febrero de 2021

CONTACONTOS EN FAMILA: 2x1

 Temos unha nova fichaxe na familia: chámase Carlos e, non só presentouse voluntario para participar nos Contacontos, senón que regalounos outro máis.

Aquí vos deixo os contos de Carlos:

"La Bella durmiente"


"Peppa va a la piscina"


viernes, 5 de febrero de 2021

ENTROIDO

 ATENCIÓN, ATENCIÓN O ENTROIDO XA CHEGOU!!!!!!

Aínda que este ano non podemos desfilar por Vilaboa nin facer a nosa tradicional degustación de doces de entroido non imos quedar sen celebralo.

Ao Sofía Casanova, o entroido, acaba de chegar

e a nosa rapazada, vaino festexar!

Polas rúas de Vilaboa non podemos desfilar

mais con todas e todos ímolo celebrar!

Este ano no Sofía,celebrámolo cada día!

E os mandatos dos mecos cumplimos día a día!

POÑEDE ATENCIÓN PORQUE OS MANDADIÑOS SON ACUMULATIVOS, DE MODO QUE CADA DÍA HAI QUE TRAER O QUE CORRESPONDA E O DO DÍA ANTERIOR!!!!!!!

Se premedes na imaxe poderedes ver o que o MECO ordena:




miércoles, 3 de febrero de 2021

APARATOS DO SÉCULO XX

 Sabedes que é isto?

Para os que non o saiban é un carrete de cámara de fotos. No século XX (Non hai tanto) facíamos as fotos con cámaras que tiñan este carrete e nunca sabías se a foto saía ben ata que revelabas as fotos. Daquela non podías sacar tantas como agora, xa que os carretes tiñan un máximo de fotos permitido. Este, en concreto, valía para 24 ou 36 fotos. 


Déixovos aquí un anuncio de FOTO ARTUS, que era unha tenda onde revelabas e comprabas carretes, sacabas fotos, comprabas cámaras de fotos... etc.
NON PERDADES DETALLE porque ides alucinar!!!!!