viernes, 29 de abril de 2022

BICIS EN INFANTIL

 En infantil estamos a tope co proxecto deste ano. Xa sabedes que estamos a traballar a reciclaxe, as emocións, a alimentación saudable, o coidado do medio... e aprendendo a coidarnos a nós tamén. 

Todas as mañás facemos unhas rutinas deportivas. Pero as profes pensaron que sería bo para nós traballar o equilibrio, a coordinación motora, a visión espacial, a seguridade e a forza muscular cunhas bicis sin pedais. E a nós encantounos a idea!












jueves, 28 de abril de 2022

GAÑADORA DO TERCEIRO BUFOPREGUNTÓN

 Noraboa a Ágata!!!! Que hoxe recibía emocionadísima o seu agasallo!!!!




Lembrade que o luns temos a primeira pista do último Bufopreguntón do curso!!!!!!

Ánimo a todos que aínda queda por coñecer a un/unha gañador@


BUFOPREGUNTÓN 3.5: SOLUCIÓN

  NORABOA A ÁGATA AGÜERO! Pois descubriu que estabamos a falar de IMHOTEP!!!!!!

Sospéitase que Imhotep foi o primeiro médico da historia, pero ademáis está claro que era un gran sabio.


Deixámosvos as pistas que faltaban:


 1. Encantáballe a astronomía

   2. O seu nome aparece en películas, libros, cancións, videoxogos, etc. 

   3. Era médico

  4. vIVIU ANTES DE CRISTO

   5. DISEÑOU A PIRÁMIDE ESCALONADA DE SAQQARA


miércoles, 27 de abril de 2022

LECTURA NO PATIO

 O luns, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, saímos todo o cole a facer A HORA DE LER no patio. 

Mirade que como nos prestou:


BUFOPREGUNTÓN 3.3

   1. Encantáballe a astronomía

   2. O seu nome aparece en películas, libros, cancións, videoxogos, etc. 

   3. Era médico

martes, 26 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 3.2

  1. Encantáballe a astronomía

2. O seu nome aparece en películas, libros, cancións, videoxogos, etc. 

A BIBLIO VOLVE A ABRIR NOS RECREOS!

 Pouco a pouco imos recuperando a normalidade e xa tiñamos ganas de que a biblio comezase a funcionar. 

Imos paseniño pero con seguridade e xa podemos dicirvos que a partir da semana que vén por fin podedes facer uso da biblioteca e de todos os seus materiais nos recreos

Iso si, hai que respectar un horario:


VÉMONOS NA BIBLIO!


INFANTIL VAI DE MUSEO

 "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil. 

Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.












lunes, 25 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 3.1

 1. Encantáballe a astronomía

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

 Feliz DÍA do LIBRO!

Queremos celebrar este día publicando o noso audioconto. Este ano adicámolo á vida Bufosaudable lembrando a importancia do coidado do Medio.

Está feito por todo o cole con moito agarimo.

Titúlase "Ra de tres ollos" . É un conto de Olga de Dios.

Esperamos que vos guste!



viernes, 22 de abril de 2022

Os contos dos xoves

 Os xoves son especiais! Unha vez entramos na biblioteca, adentrámonos nun milleiro de historias por descubrir. Miramos, "lemos", compartimos e gozamos dos e cos libros. 

Pero ademais, o CONTO do día tamén é especial porque María proponnos varios e nós temos que votar cal queremos que nos conte. 



jueves, 21 de abril de 2022

PREMIADO DO SEGUNDO BUFOPREGUNTÓN

 Xa podedes ver a Mateo, moi orgulloso co seu premio, gañador no segundo Bufopreguntón deste curso:





NORABOA A MATEO E A SÚA FAMILIA!!!!!

O luns teremos a primeira pista do seguinte Bufopreguntón! Ánimo que aínda quedan gañadores por coñecer!!!!



miércoles, 20 de abril de 2022

Gañador BUFOPREGUNTÓN 2

    Como ben dixo Mateo Candal o que estabamos a buscar era un deporte olímpico chamado skeleton ou trineo simple.

Deixámosvos as outras pistas: 

 1. Naceu a finais do século XIX. 

  2. GÚSTALLE A VELOCIDADE. 

  3. É OLÍMPICO DENDE 1928. 

  4. ESTÁ PRESENTE NAS CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA. 

5. O PRIMEIRO ESPAÑOL OLÍMPICO EN COMPETIR NESTE DEPORTE FOI ANDER MIRAMBELL VIÑAS. 

Noraboa  Mateo !!!! Mañá terás o teu premio.

O vindeiro luns teremos unha nova pista.

Ánimo e a participar!!!!

BUFOPREGUNTÓN 2.3

   1. Naceu a finais do século XIX. 

  2. GÚSTALLE A VELOCIDADE. 

  3. É OLÍMPICO DENDE 1928. 

martes, 19 de abril de 2022

GAÑADORES DO PRIMEIRO BUFOLECTOR

 Hoxe Leo   (4 anos) e Rubén (5ºA) recibiron os agasallos por acertar o primeiro Bufopreguntón deste curso:





NORABOA!!!!!

E ao resto: veña que aínda tedes oportunidades!!!!!!!


BUFOPREGUNTÓN 2.2

  1. Naceu a finais do século XIX. 

  2. GÚSTALLE A VELOCIDADE. 


lunes, 18 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 2.1

 1. Naceu a finais do século XIX. 

viernes, 8 de abril de 2022

ADMIRACIÓN

En infantil seguimos co noso proxecto "9 meses, 9 e emocións". O mes de marzo adicámosllo á ADMIRACIÓN
Lembrámonos das nosas avoas:

Das mulleres traballadoras, dos nosos pais... e pensamos en cualidades que farán que a xente nos admire:

3 anos:


4 anos:


5 anos:

BUFOPREGUNTÓN

 PECHAMOS POR VACACIÓNS!!!!!

En Semana Santa non haberá Bufopreguntón. 

A seguinte pista sairá o LUNS 18 DE ABRIL ÁS 16:00 HORAS. 

ESTADE MOI ATENTOS!!!!!!!

ANIMACIÓN Á LECTURA

 O alumnado de primeiro asistiu onte a unha animación á lectura sobre os libros que leron na clase: 

"A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez e "Nela y el ratón Pérez" de Alejandra Vallejo-Nágera.

Mirade que ben o pasaron:







jueves, 7 de abril de 2022

GAÑADORES BUFOPREGUNTÓN 1

    Xa temos gañadores do primeiro Bufopreguntón deste curso:

NORABOA  a LEO VÁZQUEZ E RUBÉN LEIRO!

Como eles dixeron o que estábamos a buscar era o barco "Manta"


Aquí vos deixamos todas as pistas: 


1. Ten  unha gran misión mundial. 

 2. Busca un planeta limpo. 

 3. Gústalle navegar.

4. Transforma o plástico en electricidade. 

5. Está previsto que comece a funcionar no 2024.


Rubén e Leo recibiredes o voso premio á volta de Semana Santa. 

BUFOPREGUNTÓN 1.4

   1. Ten unha gran misión mundial. 

 2. Busca un planeta limpo. 

 3. Gústalle navegar

4. Transforma o plástico en electricidade. 

miércoles, 6 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 1.3

  1. Ten unha gran misión mundial. 

 2. Busca un planeta limpo. 

 3. Gústalle navegar

martes, 5 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 1.2

  1. Ten unha gran misión mundial. 

 2. Busca un planeta limpo. 

lunes, 4 de abril de 2022

BUFOPREGUNTÓN 1.1

 1. Ten unha gran misión mundial. 

BUFOPREGUNTÓN

 Lembrade que hoxe ás 16:00 daremos a primeira pista. Animádevos a participar!



viernes, 1 de abril de 2022

A NOSA BIBLIO