viernes, 22 de diciembre de 2023

HALTEROFILIA

Xa podedes ver o segundo capítulo das Bufolimpíadas en 3 anos, desta volta adicado á HALTEROFILIA.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

O PREGÓN DO BUFOLECTOR

 Por aquí deixamos a nosa recomendación para este Nadal:


O Pregón Do Bufolector Decembro 23 by Bufolector on Scribd


Vémonos no 2024!

viernes, 15 de diciembre de 2023

CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA

 Hoy empezamos con este libro que para nós é xa un clásico. 

Esperamos sacarlle partido e que vos guste como a nós:




Case ao principio do libro a protagonista, Anna, está a falar coa súa amiga e comparan a Hitler con Charlie Chaplin. Pero... quen era este Chaplin ? En que se parecía a Hitler? Mirade esta escea da película El gran dictador e sacade as vosas conclusións. 

miércoles, 13 de diciembre de 2023

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Onte pasamos unha tarde moi divertida cunha xente maravillosa que se atreveu a participar nas nosas PRIMEIRAS BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

Podedes ver un resumo do ben que o pasamos neste vídeo:


Ademáis deixámosvos por aquí a presentación que usamos por se queredes xogar na casa con ela este Nadal:

Por último queremos agradecer a Nela de Dulces Sueños a elaboración das medallas por entender perfectamente a nosa idea e plasmalo tan ben e con tanto agarimo. 


Todos mereceron premio non so polo ben que o fixeron senón pola deportividade que mostraron toda a tarde animando aos membros de todos os equipos:




GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!







lunes, 11 de diciembre de 2023

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Mañá é o gran día!!!!

Vémonos ás 17:00 h na BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR.

Vinde con gañas de pasalo ben!!!!!



miércoles, 6 de diciembre de 2023

O ANIVERSARIO DE SABINA

 Sabina cumpriu 4 anos o pasado 3 de decembro e tamén decidiu celebrar a súa festa coa temática do proxecto:


Da gusto ter estas familias tan implicadas no que se está a traballar no cole! 
PARABÉNS SABINA!!!!!


domingo, 3 de diciembre de 2023

O NADAL CHEGA ÁS BUFOLIMPÍADAS

 Xa temos decorada a nosa entrada ao cole con temática Navideña seguindo o tema das Bufolimpíadas e a verdade que non podería ser máis bonito!






Todas as estrelas teñen un deporte olímpico debuxado! Noraboa a terceiro e cuarto por ilumnarnos tan ben o Nadal!


viernes, 1 de diciembre de 2023

LOS IRREGULARES DE NANKING ROAD

 Hoxe tivemos a derradeira sesión con este libro e os sentimentos son encontrados, por un lado danos moita mágoa porque gustounos moito pero por outro lado, encantounos o final.

Temos una mensaxe para a autora, Silvia Aliaga:




sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N: TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Onte xuntámonos todos no cole para cantar e gritar ben alto que non imos ter medo porque, entre todos, erradicaremos esta lacra.

Mentres esperamos que na páxina web do cole  colguen un resumo do acontecido, os máis pequenos do cole queremos recitarvos este poema que incluimos no noso cartel deste ano que poderedes ver polos comercios de Culleredo:



Podedes ver o vídeo do cole neste enlace




viernes, 24 de noviembre de 2023

CLUB DE LECTURA: Los Quebrantasueños


Xa rematamos o noso primeiro libro e estas son as conclusións:



Eu creo que vale a pena lelo, non si?
Imos a polo seguinte!!!!

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Gustánvos os retos?

Queredes pasar unha tarde estupenda en familia competindo con outras familias?

E, sobre todo.... QUEREDES RIR E PASALO BEN?

Pois non dubidedes en apuntarvos ás BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA!!!!!

Inscripcións ata o 1 de decembro mandando un correo a bufolector@gmail.com co nome dos participantes.





miércoles, 22 de noviembre de 2023

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: ATLETISMO

 Os máis pequenos do cole xa estamos metidos de cheo no mundo das olimpíadas. Despois de estudar un pouco en qué consiste este mundo temos o reto de coñecer cada mes un deporte.

O primeiro que investigamos grazas ao Bufolector é o atletismo.

Aquí vos deixamos unhas das cousiñas que aprendimos:

En 3 anos:


En 4 anos:


LUCAS E AS BUFOLIMPIADAS

 Hoxe celebramos o cumple de Lucas, que é un dos nenos máis pequenos que temos no cole e sorprendeunos cun biscoito das BUFOLIMPIADAS!!!!!!





MOITAS FELICIDAS LUCAS!!!!!!

AO BUFOLECTOR E AO SEU EQUIPO FÍXONOS MOITA ILUSIÓN ESTA TARTA!!!!!


martes, 21 de noviembre de 2023

O RECREO

A biblioteca é un lugar de encontro do noso cole, un lugar onde ler un bo libro, onde relaxarse, onde consultar información e onde socializar.

Así son os nosos recreos:











XORNADAS DE BIBLIOTECA

 Este fin de semana tocou formación:



martes, 14 de noviembre de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 Aínda que viñeron moitos menos dos convocados a verdade é que pasamos unha horiña ben curta na que nos divertimos moito.







GRAZAS A CARLA, CAROLINA E MARTÍN POR VIR ATA A BIBLIOTECA E FACER ESTA TARDE TAN AMENA!


EL COLECCIONISTA DE PALABRAS

 É o título dun fantástico libro de Peter H. Reynolds que lles serviu de inspiración aos nenos e nenas de 5 anos para facer a súa propia colección de palabras.


Mirade cantas levan:




OBRADOIRO DE XOGOS

 LEMBRADE QUE HOXE TEMOS UNHA CITA!!!!!


martes, 7 de noviembre de 2023

CESTAS VIAXEIRAS

 Aló van as cestas do Bufolector na procura de nenas e nenos ávidos de lectura













OS LIBROS DAS BUFOLIMPÍADAS

 Xa temos na exposición os libros relacionados cos deportes e as olimpíadas para que consultedes.





domingo, 5 de noviembre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, entre as actividades propostas tiñamos dúas ximcanas que por mor da chuvia tivemos que retrasar, pero que por fin puidemos facer.

Os pequenos do cole tiñan que atopar imaxes das cubertas de diferentes libros que estaban agochadas polo patio.

Os maiores, tiñan que recoller unha planilla na biblio e cubrir o nome dos 10 libros que estaban polo patio axudándose dunhas pequenas pistas.

Esto é un resumo do ben que o pasamos:



miércoles, 1 de noviembre de 2023

MOCHILAS

 Onte puxéronse a circular as mochilas para familias, que parece que tiveron moi boa acollida. Esperamos que vos gusten!



sábado, 28 de octubre de 2023

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 Da comezo o II Club de Lectura de Familias do Sofía Casanova.



Parece que vai estar interesante.....





jueves, 26 de octubre de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.



Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.


Logo tocoulle o turno a Sofía, que xunto aos seus pais, Bea e Nacho fixéronnos rir con Voy a comedte.

Seguidamente, Aroa, apoiada por Álex, o seu pai conmoviunos con Te quiero casi siempre.


E, para rematar, Chloé co seu pai Marcos ensinando as imaxes interpretounos Mi piojo y yo. 

GRAZAS A TODOS os que hoxe vos puxéchedes diante  e nos agasallástedes con esta bonita tarde.
E, por suposto, a aqueles que viñéchedes a escoitar!
A FAMILIA MEDRA!