martes, 24 de mayo de 2022
O club Naútico de A Coruña ten o primeiro recolector de plástico de mar que hai en Galicia.
Forma parte dun proxecto para reducir a contaminación dos océanos.
Este recolector filtra 25000 litros de auga cada hora e captura todos os plásticos e hidrocarburos que hai nela.
Dende 2017, que foi creado, xa recolleu máis de 1400 toneladas en todo o mundo.
Fonte: https://www.lavozdegalicia.es
PARECE QUE O OBXECTIVO 14 DA AXENDA 2030 ESTÁ MÁIS PRETO!!!
domingo, 22 de mayo de 2022
O pasado mércores, o alumnado de infantil, fomos facer unha limpeza da Praia de Santa Cruz.
Para isto, puxémonos en contacto con we sustainability . Eles organizaron a limpeza, asesoráronnos, porporcionáronnos material e déronnos unhas pautas.
A verdade é que foi unha experiencia fantástica e, aínda que ao chegar, a praia parecía limpa, fumos quen de recoller case 120 kg de basura!!!
lunes, 9 de mayo de 2022
martes, 15 de marzo de 2022
Así están as nosas escaleiras a día de hoxe:
martes, 8 de marzo de 2022
Neste 8M lembramos a mulleres que coas súas actividades na defensa ou na mellora do medio ambiente contribuiron a cambir o mundo:
jueves, 24 de febrero de 2022
jueves, 17 de febrero de 2022
Temos novas no concello:
O Consorcio das Mariñas pon en marcha un proxecto piloto nos concellos de Culleredo, Oleiros e Cambre.
Trátase dunha iniciativa para separar de xeito estricto os residuos no domicilio e así conseguir elevar os resultados da reciclaxe en planta.
En Culleredo de momento funciona na ruta que vai desde Fonteculler, Acea De Ama, O Burgo.
A participación é voluntaria, se queredes colaborar contactade con medioambiente@consorcioam.org. Entregarásevos un ecocubo, bolsas biodegradables e unha tarxeta para abrir estes colectores específicos.
Podedes consultar aquí un nova sobre isto.
lunes, 14 de febrero de 2022
No club de lectura rematamos este libro de Ana Alonso.
sábado, 5 de febrero de 2022
Os alumn@s de 1° de primaria están a participar en AliMentes Dixital que é un programa educativo de Gadis, que trata sobre os catro piares fundamentais para unha vida sostible: alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e a redución do desperdicio alimentario.
viernes, 28 de enero de 2022
Un dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 é o coidado da naturaleza, intentando parar o cambio climático e facendo un consumo máis responsable e sostible.
Para conseguir este obxectivo, dentro do noso proxecto, estamos a traballar o coidado da contorna e a reciclaxe.
Hai días contámosvos que instalamos contenedores polo patio para este fin.
Pois esta semana, en colaboración co Consorcio das Mariñas, tivemos un punto limpio no cole.
Os distintos grupos pasamos por alí para escoitar unha explicación e aprender algo máis sobre a reciclaxe.
Ademáis temos dous composteiros para tirar os residuos alimenticios e facer compost para o noso invernadoiro.
Se premedes na imaxe veredes como foi:
viernes, 14 de enero de 2022
Dentro do proxecto de vida saudable deste curso non podemos esquecer a importancia da boa alimentación.
Como xa vístedes, na entrada do cole temos un panel informativo:
jueves, 23 de diciembre de 2021
No mes de decembro non podiamos escoller outra emoción para traballar que non fose A ILUSIÓN.
E QUE NUNCA SE PERDA!!!!!!!
3 ANOS:











.jpg)




.jpg)








