viernes, 28 de enero de 2022

RECICLAXE

Un dos obxectivos de desenvolvemento sostible da  Axenda 2030 é o coidado da naturaleza, intentando parar o cambio climático e facendo un consumo máis responsable e sostible.

Para conseguir este obxectivo, dentro do noso proxecto, estamos a traballar o coidado da contorna e a reciclaxe.

Hai días contámosvos que instalamos contenedores polo patio para este fin.

 Pois esta semana, en colaboración co Consorcio das Mariñas,  tivemos un punto limpio no cole. 

Os distintos grupos pasamos por alí para escoitar unha explicación e aprender algo máis sobre a reciclaxe. 

Ademáis temos dous composteiros para tirar os residuos alimenticios e facer compost para o noso invernadoiro. 

Se premedes na imaxe veredes como foi:


Pero... Sabedes a onde vai a basura que reciclamos? Que se fai con ela? Neste video do Concello da Coruña tedes unha información interesante:



Se queredes máis información premede aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario