viernes, 30 de noviembre de 2018

OS CONTOS DE SEGUNDO

Esta semana tivemos novos contadores que alegraron aos pequenos e pequenas de infantil:

 LUCÍA E PABLO

DIEGO, ÉRIKA E XARE

Bravo por eles!

jueves, 29 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa temos o vídeo do DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, bravo polos nosos nenos e nenas!!!
A música e a canción é de Rozalén.

martes, 27 de noviembre de 2018

OS GRANDES CONTADORES DE SEGUNDO

Estes nenos e nenas de segundo están a prepararse estupendamente e axiña van a substituir ás familias en "Contacontos en familia", se non o credes mirade as caras dos pequenos e pequenas que están a escoitar a estos "maiores":

Alexandre e Henar


Adrián , Alba e Juan

NORABOA !!!

Non vos esquezades de mirar de cando en vez, o blog de segundo:

ESTA SEMANA ENTRAMOS CON...

... CHAPLIN!

Actor, director, guionista, productor, montador e músico,  conxugou perfectamente o drama e o humor, a comedia e a traxedia.
A súa primeira película foi "O chico" en 1921, que é a historia dun vagabundo que adopta a un pequeno e convírtese no mellor pai que alguén poida desexar.
A partir de aquí comeza unha carreira con moitas películas para a historia, moi coñecidas son as de "Charlot", "Tempos modernos", "Candilexas","Luces da cidade",  "A quimera do ouro"... e sen dúbida algunha "O gran dictador", na que interpreta a Hitler, película que estivo prohibida en Alemaña e España durante un tempo. Hai quen di, que Hitler tiña envexa da paixón que arrastraba Chaplin e por iso deixouse un bigote como o do actor.
Pero Chaplin só gaña un Óscar en toda a súa carreira e foi pola música de "Candilexas", pero en 1972, xa ancián, recibe un Óscar honorífico a súa carreira e recibe unha ovación do público de 12 minutos.
Deixámosvos unha biografía do artista e o enlace a súa páxina oficial.






E recomendámosvos este libro que temos na biblioteca sobre el:

lunes, 26 de noviembre de 2018

AS 50 MELLORES PELÍCULAS DA HISTORIA...

SEGUNDO A IMDB (A Internet Movie Database é unha base de datos en liña que almacea información relacionada con películas, persoal de equipo de producción, actores, series de televisión, programas de televisión...)

"Entre as películas máis valoradas polos usuarios da base de datos IMDB encontrámonos con cinco películas dirixidas por Christopher Nolan, tres por Spielberg, dous por Hitchcock e Chaplin e só unha de directores tan prestixiosos como Tarantino ou Polanski. Hai dúas películas estreadas en 2014 e non son ni 'Boyhood' ni 'Birdman'. Unha soa película de animación e non é de Pixar. Dous películas totalmente descoñecidas polo gran público: unha turca e unha india. Ningunha española. E non está 'Cidadán Kane'!" (Fonte revista "Fotogramas").

(Pincha na imaxe para seguir o artigo)

sábado, 24 de noviembre de 2018

Os instantes perfectos no club de lectura


Xa rematamos o noso primeiro libro :
Parece que tivo boa acollida e que todos o recomendan:



jueves, 22 de noviembre de 2018

UN CONTIÑO DE MORRIÑA

Hoxe, na hora de ler, a profe Vero de 2º A deixoume poñer en práctica co seu alumnado un contiño que aprendín hai pouco.
Logo, abusei da confianza e contei un dos meus contos preferidos "La gallina hambrienta". Foi un auténtico pracer volver a estar un pouquiño con parte dos "meus nenos e nenas" (aínda que faltaban bastantes) os pequenos agradecérono. Só verlles as caras mentres están a escoitar é un gran agasallo.
Haberá que repetir!
 Gracias profe Vero!!!




martes, 20 de noviembre de 2018

HOXE ENTRAMOS CON...



a Saga de Star Wars  divídese en sete películas de dúas horas de duración cada unha. 
Foron estreadas cunha diferencia de tres anos todas elas, menos entre o episodio VI e o I que pasaron 16 anos.
Estas películas foron obra, orixinalmente do cineasta George Lucas e convertíronse nun fenómeno da cultura popular a nivel mundial.




A música é de Jonh Williams,compositor e director de orquesta estadounidense,  autor de moitísimas BSO, entre elas, "Encontros na terceira fase" (1977), "Tiburón 22 (1978), "Superman" (1978), "Drácula" (1979), "E.T o extraterrestre" (1982), "Indiana Jones e o templo maldito" (1984), "O patriota" (2000), "Harry Potter e a pedra filosofal" (2001), "A ladrona de libros" (2013)... e moitísimos mais.

Aquí vos deixamos unha recompilación dos seus temas:



Dixámosvos a ficha por Filmaffinity:
Título original
Star Warsaka 
Año
Duración
121 min.
País
Estados Unidos Estados Unidos
Dirección
Guion
George Lucas
Música
John Williams
Fotografía
Gilbert Taylor
Reparto
, , , , ,, , , , ,, , , ,, , , ,, 
Productora
Lucasfilm / Twentieth Century Fox Film Corporation
Género
Ciencia ficciónAventuras | Aventura espacialPelícula de cultoStar Wars
Grupos
Saga Star Wars 
Novedad
Web oficial
http://www.starwars.com
Sinopsis
La princesa Leia, líder del movimiento rebelde que desea reinstaurar la República en la galaxia en los tiempos ominosos del Imperio, es capturada por las Fuerzas Imperiales, capitaneadas por el implacable Darth Vader, el sirviente más fiel del Emperador. El intrépido y joven Luke Skywalker, ayudado por Han Solo, capitán de la nave espacial "El Halcón Milenario", y los androides, R2D2 y C3PO, serán los encargados de luchar contra el enemigo e intentar rescatar a la princesa para volver a instaurar la justicia en el seno de la galaxia. (FILMAFFINITY)
Premios
1977: 7 Oscars: dir. artística, bso, sonido, montaje, vestuario, efectos visuales, efectos de sonido.
1977: Globos de Oro: Mejor banda sonora original. 4 nominaciones
1977: Premios BAFTA: Mejor banda sonora y música. 6 nominaciones
1977: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mejor director
1977: Sindicato de Guionistas (WGA): Nominada a Mejor guión original comedia


lunes, 19 de noviembre de 2018

90 ANOS CON MICKEY MOUSE

Onte celebramos un aniverario moi especial: o noso amigo Mickey Mouse cumpría 90 anos!!!! Aparecía por primeira vez o 18 de novembro de 2018 con "Willy e o barco de vapor".

Non está moi clara a autoría deste ratón se foi cousa de Walt Disney ou de Ub Iwerks, o importante é que tivo moito éxito e que segue triunfando xeneración tras xeneración.







Aquí vos deixamos un video coa evolución de Mickey:




FELICIDADES MICKEY MOUSE!

sábado, 17 de noviembre de 2018

CONTACONTOS EN FAMILIA... NOVEMBRO

Onte tivemos o enorme placer de pasalo como enanos con esta actividade que cada día é mellor. 
Primeiro escoitamos aos irmáns Baldomir, que, despois de moito practicar puxéronse fronte ao numeroso público e contáronnos un fermoso conto de fadas. 
Despois Adrián, cos seus pais, Sheila e Dani, fixéronnos rir e confesáronnos que non é tan grave iso de meter o dedo no nariz de cando en vez, ou si?
Por último, apareceu unha "Estrana visita" gracias a Montse, Miguel, Aloia e Xano, coa que rematamos rindo a esgalla.
GRACIAS a todos eles, e GRACIAS, a todas as familias, que fan un esforzo achegando aos seus pequenos á biblioteca do cole para compartir estes máxicos momentos. Ogallá esta familia siga crecendo e teñamos que derrubar paredes, trasladarnos ao comedor ou facer a actividade no patio, porque de verdade que paga a pena.



O MUNDO DENDE VILABOA

Non vos esquezades de botarlle unha ollada ao blog de segundo ( http://omundodesdevilaboa.blogspot.com/ ) de cando en vez, pois alí contan o que lles está a acontecer na clase, como que comezaron a usar robots para matemáticas ou que están a preparar a canción de Rozalén "Una puerta de violeta" en LSE porque o vindeiro 23 toda a escola  uniremos as nosas voces, para cantar ao unísono que estamos EN CONTRA DE TODO TIPO DE VIOLENCIA DE XÉNERO!!!


viernes, 16 de noviembre de 2018

HOXE ENTRAMOS CON...

O BO, O FEO E O MALO!
Película do Oeste, tamén chamado xénero Western o Spaguetti Western. É a terceira película das chamadas "Triloxías do dólar", precedida por "Por un puñado de dólares " e "A morte tiña un prezo". A trama vai de dous pistoleros (o bo e o feo) e un asasino ( o malo) que loitan por atopar un tesoro de moedas de ouro durante a guerra de Secesión.




A película está dirixida por Sergio Leone, guionista, director e productor de cine italiano, coñecido polas súas películas dentro deste xénero.

A música é de Ennio Morricone, falamos del cando escoitamos a BSO da Misión .
Metálica ten unha versión deste tema que usa moitas veces como presentación nos seus concertos e co que, ademais, grabou nun disco da honra de Morricone.



Como sempre, deixámosvos a ficha por filmaffinity:

Título original
Il buono, il brutto, il cattivoaka 
Año
Duración
161 min.
País
Italia Italia
Dirección
Guion
Agenore Incrocci, Furio Scarpelli, Luciano Vincenzoni, Sergio Leone
Música
Ennio Morricone
Fotografía
Tonino Delli Colli
Reparto
, , , , ,, , , , , ,, , , , 
Productora
Coproducción Italia-España-Alemania del Oeste; Produzioni Europee Associati (PEA) / Arturo González P.C. / Constantin Film Produktion
Género
Western | Spaghetti WesternGuerra de SecesiónPelícula de culto
Grupos
Trilogía del dólar 
Novedad
Sinopsis
Durante la guerra civil norteamericana (1861-1865), tres cazadores de recompensas buscan un tesoro que ninguno de ellos puede encontrar sin la ayuda de los otros dos. Así que colaboran entre sí para conseguir el botín. (FILMAFFINITY)

E un enlace á ARCA de MARGA  e a CINE PARA ESCOITAR.

jueves, 15 de noviembre de 2018

O CONTO DE AINARA E RUBÉN

Onte tocoulles a Rubén e Ainara contar un conto na aula de 4 anos B. O conto que escolleron foi Tam, Tim e Tom, e fixéronno xenial!



martes, 13 de noviembre de 2018

O CINE MUDO

Hoxe en 4 anos A profundizamos no cine mudo, coñecimos un pouco a Carles Chaplin e a o Gordo e o Flaco.
Esto foi o que vimos:



E contra todo pronóstico gustoulles o que viron, aínda que quedaron un pouco preocupados coa escena de "El chico".
Logo bailamos e practicamos o "Cha cha cha" coa axuda do Gordo e o Flaco:



Esto do cine mudo é moi divertido!!!

O CONTO DE ISABEL E UXUE

Onte Isabel e Uxue foron lerlle un conto aos cativos de 5 anos B, da gusto ter tantos contadores no cole!
GRACIAS CHICAS!!!!!



domingo, 11 de noviembre de 2018

IX XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este fin de semana tivemos, en Santiago, as IX xornadas de bibliotecas escolares, onde faláronnos de poesía, de ciencia, de arte, e, sobre todo, de bibliotecas! Dous días intensos pero moi proveitosos.
A ponencia inaugural foi de Xurxo Mariño, profesor de medicina na UDC que relacionou a ciencia e a poesía dunha maneira incrible. 
Xurxo rematou a súa ponencia con este video que nos fixo reflexionar moito e, por iso, ímolo compartir con todos vos:



Aproveitamos para contarvos que mañá luns comeza a semana das ciencias e os Museos Científicos Coruñeses son gratuítos ata o domingo 18. 
Non deixedes pasar a oportunidade!!!!

jueves, 8 de noviembre de 2018

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Os nenos e nenas de catro anos estamos a traballar un conto de medo "A figueira de Pelostortos" 
Como non tiñamos nada claro que era unha figueira puxémonos a investigar e hoxe, as profes, trouxéronnos figos para probar:












E así, vemos nos a Pelostortos!

CONTACONTOS NOVEMBRO

LEMBRADE O VOSO CARNÉ!

XARE E MATEO XA CONTAN CONTOS!

E agora tocoulles a quenda a Xare e a Mateo, que foron á clase dos mais pequenos a contarlles "Corre corre Cabaciña" e os mais pequenos... encantados!!!!



MOI BEN CHICOS!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2018

MARTINA E MATEO TAMÉN CONTAN

Agora tocoulles a quenda a Martina e Mateo, que, como xa son maiores e len tan ben, quixeron agasallar aos pequenos de 3 anos A co conto de Carabuñas:



NORABOA CHICOS!!!!