sábado, 17 de noviembre de 2018

CONTACONTOS EN FAMILIA... NOVEMBRO

Onte tivemos o enorme placer de pasalo como enanos con esta actividade que cada día é mellor. 
Primeiro escoitamos aos irmáns Baldomir, que, despois de moito practicar puxéronse fronte ao numeroso público e contáronnos un fermoso conto de fadas. 
Despois Adrián, cos seus pais, Sheila e Dani, fixéronnos rir e confesáronnos que non é tan grave iso de meter o dedo no nariz de cando en vez, ou si?
Por último, apareceu unha "Estrana visita" gracias a Montse, Miguel, Aloia e Xano, coa que rematamos rindo a esgalla.
GRACIAS a todos eles, e GRACIAS, a todas as familias, que fan un esforzo achegando aos seus pequenos á biblioteca do cole para compartir estes máxicos momentos. Ogallá esta familia siga crecendo e teñamos que derrubar paredes, trasladarnos ao comedor ou facer a actividade no patio, porque de verdade que paga a pena.



1 comentarios:

Sheila dijo...

Asusta enfrentarse a un grupo cada vez más grande, pero a la vez llena de orgullo ver cómo aumenta la familia!!
Gracias a todos por la atención prestada y, sobre todo, por dedicarle su minuto de gloria a mi pequeño cumpleañero

ADORO ESTE COLEGIO!!

Publicar un comentario