jueves, 28 de mayo de 2026
A pesares da gran cantidade de baixas que tivemos onte, pasamos unha tarde do máis agradable xunto á autora, María Rei Vilas.
O libro trata sobre Camila, que viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.
viernes, 8 de mayo de 2026
Rematamos este curso no club de lectura lendo Descoñecidos de David Lozano
domingo, 3 de mayo de 2026
Como ben dixeron Daniella e a súa familia estabamos a falar das formigas Bengalíes, que, na antiga idade usábanse para suturar as feridas:
domingo, 26 de abril de 2026
O venres tivemos unha despedida por todo o alto desta magnífica actividade que tantas alegrías nos da.
GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTAS TARDES MAGNÍFICAS!!!!
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo por se queredes adiviñar os libros que fomos agochando:
viernes, 24 de abril de 2026
Comezamos nova lectura. Esta vez ímonos decantar por unha novela gráfica.
Despois de ter lido A lección de August, situámonos na vida de Julian no seu novo instituto. Escoitaremos na voz da súa avoa a historia de como conseguiu fuxir dos nazis.
A ver que acollida ten!
jueves, 23 de abril de 2026
Como ben dixo a familia de Kylian e Noah estabamos a falar do Monasterio de Santa María de Monfero.
Deixamos por aquí o resto de pistas:
1. A principios do século XIX sufrín numerosos saqueos
2. Fáltame unha parte pola culpa dun raio
3. NUNHA DAS MIÑAS TUMBAS HAI UN XABARÍN
4. VIVO PRETO DAS FRAGAS DO EUME
5. VISTO DE XADREZ A MIÑA FACHADA
LEMBRADE QUE O LUNS COMEZA O ÚLTIMO BUFOPREGUNTÓN DESTE CURSO
miércoles, 22 de abril de 2026
1. A principios do século XIX sufrín numerosos saqueos
2. Fáltame unha parte pola culpa dun raio
3. NUNHA DAS MIÑAS TUMBAS HAI UN XABARÍN
martes, 21 de abril de 2026
1. A principios do século XIX sufrín numerosos saqueos
2. Fáltame unha parte pola culpa dun raio
viernes, 17 de abril de 2026
martes, 14 de abril de 2026
viernes, 10 de abril de 2026
Onte, os nenos e nenas de terceiro e cuarto tiveron a sorte de coñecer e falar un tempo con Anxo Fariña, despois de ter lido o seu libro.
viernes, 27 de marzo de 2026
O alumnado de primeiro ciclo, despois de traballar na clase, o conto A pequena osa quere xogar, tivo a sorte de velo representado teatralmente.
jueves, 12 de marzo de 2026
O vindeiro 29 de abril. ás 16:15 teremos a gran sorte de contar coa presenza de CARLOS GALLEGO, que impartirá un obradoiro de ilustración para familias e alumnado.
Esto é o que o artista di de si mesmo:
Son Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico. Traballo ilustrando libros de texto e de narrativa entre outros proxectos de publicidade e comunicación. Ademais de debuxar, encántame compartir as experiencias que aprendín durante a miña carreira e demostrar que calquera persoa pode crear fermosas imaxes de forma creativa. Ilustrar vai moito máis alá de saber ou non saber debuxar, por iso deseñei este taller de collage para facer chegar ó alumnado unha nova forma de representar o mundo que lle rodea.
Algúns dos seus traballos:
sábado, 7 de marzo de 2026
viernes, 6 de marzo de 2026
Por petición popular, comezamos libro no club de lectura:
martes, 24 de febrero de 2026
jueves, 29 de enero de 2026
viernes, 23 de enero de 2026
É o título do libro que comezamos esta semana.
E o enlace a súa páxina web por se queredes seguir investigando: Ledicia Costas
Por último non vos perdades este booktrailer que fixeron os alumnos e alumnas do IES de Allariz:

































.png)




