martes, 31 de marzo de 2020

DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes o mes de abril está cheo de celebracións para a biblioteca do Bufolector.




ILUSTRACIÓN : Damijan Stepancic ilustra a mensaxe de Peter Svetinai "FAME DE PALABRAS"

 O día 2 celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen.

E o día 23 é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, este día coincide co pasamento de autores como Cervantes ou Shakespeare.

NA NOSA BIBLIOTECA NON QUEREMOS DEIXAR DE CELEBRAR ESTES ACONTECEMENTOS PARA O QUE OS PROPOÑEMOS O SEGUINTE:

1. FAI UN DEBUXO DO TEU LIBRO PREFERIDO ESCRIBINDO O TÍTULO DO MESMO.
2 PÍDELLE AOS TEUS PAIS QUE TE SAQUEN UNHA FOTO CON EL E QUE A MANDEN AO bufolector@gmail.com.

Con todos os debuxos faremos un video de recomendacións lectoras.
O último día para mandar o teu debuxo é o 22 de abril. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, FAREMOS UN VIDEO ONDE SAIRÁN TODOS OS NENOS/AS QUE O FAGAN!!!


CONTACONTOS EN FAMILIA. "Las jirafas no pueden bailar"

Patricia cóntanos este conto de Giles Andreae.



Temos que facer unha rectificación. A música é de Pablo Díaz, non de Xabier Díaz.

MARATÓN DE POESÍA (parte 86). Unai

Unai recita "Chove en Santiago" de Federico García Lorca.


MARATÓN DE POESÍA (parte 85). Jairo

Jairo recítanos "Negra sombra" de Rosalía de Castro.


MARATÓN DE POESÍA ( parte 84). Sandra

Sandra non quixo perder o noso maratón e mandaunos esta poesía titulada "Somos"


O CUBO DE RUBIK (5º video)

Xa tedes os catro pasos anteriores feitos? Pois veña, que xa queda pouco.
Deixámosvos o quinto video:


BUFOPREGUNTÓN (1ª parte). pista 2




Lembrade mandar as vosas solucións a bufolector@gmail.com tamén podedes contestar nesta entrada.

lunes, 30 de marzo de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "Telma el unicornio"

Carmen conta "Telma el Unicornio" de Aaron Blabey.




Temos que facer unha rectificación. A música é de Pablo Díaz, non de Xabier Díaz.

MISIÓN: CASANOVA

Así chámase o novo blog de primeiro.

Estade moi atentos e atentas porque os profes "colgarán" cousiñas interesantes.



(Pinchade na imaxe para entrar)

MARATÓN DE POESÍA (parte 83). Lucía

Lucía recita e interpreta "Por una mirada" de Bécquer. A presentadora é Inés.


MARATÓN DE POESÍA (parte 82). Bianca

Bianca recita un un verso de "el Principito" de Antoine de Saint-Exupéry en alemán.


O verso traducido ao español di así:


Si miras al cielo por la noche, sentirás que todas las estrellas se están riendo porque yo vivo en una de ellas porque me río en una de ellas.

Solo tú tendrás estrellas que pueden reír.
Sólo se ve bien con el corazón. Lo esencial es invisible para los ojos.

MARATÓN DE POESÍA (parte 81). Orkhan

Orkhan, de Azerbaiyán recita  "Sülh nəğməsi" de Gülzar İbrahimova.


O poema, es español di así:

¡Niños del mundo!
¡Vamos de la mano!
Al pico más alto
¡Levantemos la bandera de la paz!
Deja volar la bandera de la paz
La paz esté contigo
A los niños del mundo
¡Deja que compartan la alegría!
Deja que los niños del mundo
Siempre se ría y se regocijen
Lo que queráis, niños
¡Los deseos se hacen realidad!


MARATÓN DE POESÍA (parte 80). Sabela

Sabela recítanos un poema especial de Xosé María Pérez Parallé.



O CUBO DE RUBIK (4ºvideo)

E aquí vén o seguinte video, estades conseguíndoo?


BUFOPREGUNTÓN (1ª parte)


Lembrade mandar as vosas solucións a bufolector@gmail.com

domingo, 29 de marzo de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "Gatiño e o balón"

Aquí vén o primeiro CONTACONTOS EN FAMILIA versión "Quédate na casa".

Hugo, Lucía e María prepararon este conto de Joel Franz Rosell. Editorial kalandraka.




Temos que facer unha rectificación. A música é de Pablo Díaz, non de Xabier Díaz.

MARATÓN DE POESÍA (parte 79) . Petra

Petra recítanos en eslovaco "Marina" de Andrej Sládkovič


A traducción do poema ao castelán é a seguinte:

 "Marina" de Andrej Sládkovič

Yo dulces deseos, deseos de belleza
Yo canto con emoción
Y en esta alma mi respuesta
Mi mundo está completamente cerrado;
Desde la Alteza de los Tatras ella me brilla,
Ella vuela de los fuegos del cielo,
Ella es mi mundo;
Ella me asiente desde cien vidas:
Bueno, centro, elemento, cielo, unidad.
La belleza de mi Marina!


MARATÓN DE POESÍA (parte 78). Cihan

Cihan recítanos "Iki Palk" de Cemâl Súreya en turco.


Deixámosvos a traducción do poema ao español:

 "Iki Palk" de Cemâl Süreya

El camino más corto entre dos corazones:
Estirados el uno al otro y de vez en cuando
Tocarse solo con la punta de los dedos
Dos brazos.
Corriendo hacia las escaleras,
Esperar es la encarnación del tiempo.
Llegó demasiado temprano, no puedo encontrarte
Es como si algo se ensayara.
Reunidos tienen y migran las aves,
Si tan solo te quisiera


MARATÓN DE POESÍA ( parte 77). Elena

Elena recítanos "Lo diré con una sonrisa" de D.M. Turoldo en italiano.


A traducción ao castelán do poema é a seguinte:

Caminaré por las calles sonriendo
hasta que los demás digan: ¡está loco!
Y sobre todo me detendré
Con niños jugando en los suburbios,
entonces dejaré una flor en cada ventana
y saludaré a todos los que encuentre en el camino,
estrechándole la mano.
Y luego tocaré con mis manos
las campanas de la torre en varias ocasiones
hasta que esté agotado
y les diré a todos: ¡PAZ!
Pero lo diré en silencio
y solo con una sonrisa
pero todos lo entenderán.

O CUBO DE RUBIK (3º video)

Como o estades a levar? Conseguídelo?
Aló vai o terceiro video:


sábado, 28 de marzo de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA (versión "quédate na casa")

QUERIDAS FAMILIAS DO BUFOLECTOR!

Non sei vós, pero nós botamos de menos os CONTACONTOS EN FAMILIA.

E claro. temos unha proposta:

QUE VOS PARECERÍA GRAVARVOS CONTÁNDONOS UN CONTIÑO PARA COLGALO NO BLOG E FACER UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS EN FAMILIA versión "quédate na casa".
Se o facedes tan ben como  na biblio, nas vindeiras sesións virá tanta xente que non colleremos!





MARATÓN DE POESÍA (parte 76). Álex

Álex envíanos esta poesía de Laura Rey Pasandín en galego e en lingua de signos.



Gran traballo, GRACIAS, ÁLEX!!!!

MARATÓN DE POESÍA (parte 76). Ayla

Ayla mándanos este poema cantado sobre o alfabeto. Está en árabe.


MARATÓN DE POESÍA (parte 75). Yana

Yana mándanos este poema en ucraniano que se titula "Do you know that yuu´re human?" e é de Vasyl Symonenko.

O poema traducido ao español di o seguinte:

¿SABES QUE ERES HUMANO? de Vasyl Symonenko

¿Sabes que eres humano?
¿Sabes eso o no?
Tu sonrisa es única.
Tu dolor es tuyo y solo tuyo.
Tus ojos son tuyos para mantener.

No se te garantizará el mañana
Porque en este mundo
Otros continuarán aquí
Otros amarán aquí
Los buenos, bondadosos y malvados.

Hoy es todo lo que realmente tienes
Por la belleza de los bosques y lagos.
Tienes que darte prisa para vivir.
Necesitas apurarte para amar.
Ten cuidado, no te lo pierdas.

O CUBO DE RUBIK. 2º VIDEO

Aquí temos dúas fotos co primeiro reto conseguido. Bravo por eles!



Ánimo aos demáis!
Aló vai o segundo video:






NON DEIXEDES DE MANDAR AS VOSAS FOTOS OU VIDEOS CO RESULTADO!

viernes, 27 de marzo de 2020

BUFOPREGUNTÓN

Achégase o mes de abril, e con el a nosa celebración do DÍA DO LIBRO.
Por petición popular volve o BUFOPREGUNTÓN!!!

Lembrades como funcionaba?

Durante o mes de abril, cada semana, teremos un reto novo. Os luns, poñeremos a primeira pista do que tendes que adiviñar (que estará sempre relacionado co noso proxecto, O SÉCULO XX). O martes a segunda, e así sucesivamente. A familia que o adiviñe de primeira terá un premio (que será entregado en canto reanudemos o cole). Para recollelo necesitamos saber de qué alumno/a é a familia así que non vos esquezades de poñelo nas vosas respostas.

IMPORTANTE:-  É un xogo para divertirse en familia.

                           - Poden participar todas as familias do cole.
                           - A familia gañadora será a que mande de primeira o correo coa resposta correcta a bufolector@gmail.com.
                           - Non olvidedes poñer o nome do neno/a e o curso no correo para darlle o regalo cando comecen as clases.


SÓ VALE UNHA RESPOSTA POR FAMILIA AO DÍA!!!!

(ESTE XOGO É SÓ PARA FAMILIAS DO CEIP SOFÍA CASANOVA )

MOITA SORTE E COMO DICÍA UN FAMOSO PRESENTADOR DO SÉCULO XX: A XOGARRRRRRRRRR!!!!

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Nerea mándanos esta adiviña!


Gracias Nerea! 

MARATÓN DE POESÍA. Juanjo Cardenal

Éste non o imos a contabilizar no noso maratón porque non está adicado a nós pero queremos compartilo porque fala de cando houbo outra pandemia, fala de aprendizaxes,... fala de ESPERANZA!


RETOS EN FAMILIA. O CUBO DE RUBIK

En  1974 (século XX) o escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernô Rubik creou un cebracabezas mecánico e tridimensional que en 1980 comercializaría Ideal Toy Company co nome de CUBO DE RUBIK.

Este ano fai 40 anos da súa posta en venta e, dende o Bufolector, queremos retarvos a que o fagades en familia.

Para facilitar o traballo, iremos colgando vídeos explicativos onde o profe Javi vai contando como conseguilo paso a paso.

Iso si, queremos as vosas fotos ou vídeos de como o estades a facer e de si o conseguides ou non (mandádeas ao bufolector@gmail.com e nós irémolas publicando)

Aquí vai o primeiro:

"PACO TROLAS" por Mireia e Yolanda

Mireia e Yolanda cóntannos "Paco Trolas" de Roberto Aliaga.





Gracias pola vosa iniciativa e  por compartir con nós este fantástico conto!

MARATÓN DE POESÍA (parte 74). Íker

Íker sorpréndenos cunha poesía inventada.


MARATÓN DE POESÍA (parte 73). Elia

Hoxe traémosvos unha poesía en xaponés!!!!
Elia recita "Morning Relay" de Shuntaro Tanikawa.

Esta é a traducción ao castelán da poesía:

"El releé de la mañana" de Shuntaro Tanikawa

Mientras que un hombre joven en Kamchatka
Sueña con una jirafa
Una jovencita en México
Espera el autobús en la bruma de la mañana.
Mientras una niña pequeña en Nueva York
Se da la vuelta en su cama con una sonrisa.
Un niño en Roma
Guiña al sol de la mañana que colorea el capitel de la columna
En esta tierra
Siempre, en algún lugar, comienza la mañana
Estamos retransmitiendo mañanas
De longitud a longitud
Por turnos protegiendo la Tierra, por así decirlo
Levanta las orejas un rato antes de irte a dormir
Y en algún lugar, muy lejos, oirás sonar un despertador
Es una prueba de que alguien ha atrapado firmemente
La mañana que pasaste.



jueves, 26 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 72). Alba e Nerea

Alba e Nerea recítannos a Tarara de Federico García Lorca.


MARATÓN DE POESÍA (parte 71). Rubén e Antón

O profe Rubén, moi ben acompañado polo seu fillo Antón,  recítanos tres libros da colección "Do berce á lúa" de Kalandraka. Estes poemas son obra de Antonio Rubio e están ilustrados por un vello coñecido deste cole, Óscar Villán.

MARATÓN DE POESÍA (parte 70). Klesta

Klesta mándanos unha poesía en albanés. Xa somos internacionais!!! 
Esta poesía ten un siglo de historia e fala sobre o traballo das mulleres.


MARATÓN DE POESÍA (parte 69). Iván

Esta poesía é moi especial para min, porque sempre digo que cada un ten que aportar ao grupo o que poida, xa que non todos somos iguais, non todos aportamos o mesmo, pero todo suma.
Gracias a María (nai de Iván) por facer posible que Iván celebre con nós estes días.




MARATÓN DE POESÍA (PARTE 68). Nando

Nando recítanos a Rosalía de Castro.


MARATÓN DE POESÍA (parte 67). Ana

Ana súmase ao noso maratón con esta poesía da primavera de Lope de Vega.


miércoles, 25 de marzo de 2020

A MENSAXE DE MIREIA

Mireia quería compartir con todos nós un debuxo de todo o que está a acontecer estes días, ademáis de ensinarnos o ben que o fai, explícanos o porque das súas ilustracións.
Mireia, moitas gracias por compartir con nós este traballo fantástico!


Aínda que non nos podemos ver en persoa, temos esta fantástica canle para achegarnos uns aos outros, podedes facer como Mireia e compartir con nós o que estades a facer ou as vosas inquedanzas: bufolector@gmail.com

MARATÓN DE POESÍA (parte 66). Concha

A profe Concha recítanos "Mariposa del aire" de Federico García Lorca.


MARATÓN DE POESÍA (parte 65). Sabela

Sabela recita este poema de Xosé María Álvarez Blázquez.


MARATÓN DE POESÍA (parte 64). Candela

Candela recítanos "Las flores" de  Jose Antonio del Rosal moi ben acompañada pola súa irmá Carmen.


MARATÓN DE POESÍA (parte 63). Hugo

Hugo recítanos a Rosalía de Castro e a súa "Negra sombra".




MARATÓN DE POESÍA (parte 62). Mario, Emma, Álex e Miriam

A familia Otero recítanos un poema sobre a lúa, cunha adiviña ao final.


MARATÓN DE POESÍA (parte 61). Henar

Henar recítanos un poema sobre o outono.


MARATÓN DE POESÍA (parte 60). Anghelina

Anghelina recítanos a Manuel María e fálanos do idioma.


MARATÓN DE POESÍA (parte 59). Virginia

Virginia recítanos unha poesía de Gustavo Roldán sobre dragones.


martes, 24 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 58). Marta

Marta recita "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro.


MARATÓN DE POESÍA (parte 57). Ana

A profe Ana recítanos "Como se dibuja un paisaje" de Gloria Fuertes.


MARATÓN DE POESÍA (parte 56). Valentina

Valentina recítanos "Chove en Santiago" de Federico García Lorca.


MARATÓN DE POESÍA (parte 55). Xabi

Xabi recita "Veñen os pescadores" de Antonio García Teijeiro.


MARATÓN DE POESÍA (parte 54). Vanesa

E como non podía ser doutra maneira, Vanesa non quería faltar na nosa celebración.
Moi ben acompñada recítanos unha poesía de Suso Cubeiro.


MARATÓN DE POESÍA (parte 53). Antón

Sorpresa, sorpresa! Porque aínda que xa non está no cole, Antón tamén sumouse á celebración do DÍA DA POESÍA, é que ENTRE TODOS FORMAMOS A FAMILIA DO SOFÍA!!!
Antón recítanos un poema de Quevedo.




MARATÓN DE POESÍA (parte 52). Celia

Celia súmase ao noso maratón e recítanos esta poesía da primavera.


MARATÓN DE POESÍA (parte 51). David

David recítanos a Antonio García Teijeiro con este poema tan apropiado para a primavera.




lunes, 23 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 50). Juan

E chegamos ao medio centenar de poesías con este poema que recita o noso director Juan, que, como vedes, segue a traballar incansablemente (xunto co resto do equipo directivo) para facilitarnos un pouquiño este confinamento.



Podedes seguir mandando as vosas poesías! A ver se conseguimos chegar ás 100!!!!!!

MARATÓN DE POESÍA (parte 49). Susana

Susana, dende a nosa biblioteca recítanos  "Serenata de lúa"


MARATÓN DE POESÍA (parte 48). Sara

Sara pide a liberdade con este poema de Ana María Fernández.


MARATÓN DE POESÍA (parte 47). Ana

Ana recítanos este poema de Gabriela Mistral.


MARATÓN DE POESÍA (parte 46). Amparo

Amparo recítanos esta poesía feita por ela mesma e adicada a todos e todas os que ides ao comedor!


MARATÓN DE POESÍA (parte 45). María

María non podía faltar nesta proposta do Bufolector e reccítanos esta poesía que parece un trabalinguas, podedes repetila?


MARATÓN DE POESÍA (parte 44). Susana

Susana tamén únese ao noso maratón con esta poesía dun coello con gafas.


MARATÓN DE POESÍA (parte 43). Elena

Elena   únese a este maratón de poesía adicandodo este poema da lúa a todos os nenos e nenas do Sofía.


MARATÓN DE POESÍA (parte 42). Noa

Noa mándanos unha poesía de Manuel María do libro Os soños na Gaiola.  Está grabada en Abegondo coa axuda do seu curmá Bruno.


MARATÓN DE POESÍA (parte 41). Laura

A profe Laura fálanos da chegada da primavera.


MARATÓN DE POESÍA (parte 40). Bea

A profe Bea, con dous súper axudantes, recítanos Caracol con col de Manuel María.


domingo, 22 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 39). Celia e Mateo

Escoitade a Celia e a Mateo o seu poema da primavera. E ollade ben a ver cantos arcos da vella atopades. Eu vin máis de un!!!!


MARATÓN DE POESÍA (parte 38). Pablo

Pablo recítanos este poema da mariposa do que descoñecemos a autoría.


MARATÓN DE POESÍA (parte 37). Mavi

A profe Mavi recítanos "O meu barco" de Manuel María.


MARATÓN DE POESÍA (parte 36). Javi

O profe Javi recítanos este poema de Ana María Fernández


MARATÓN DE POESÍA (parte 35). Thiago

Thiago recítanos a Gloria Fuertes.




MARATÓN DE POESÍA (parte 34). María

A profe María achéganos a primavera con esta canción "Los dedos" de Gloria Fuertes. Subide o volumen e a cantar con ela.


MARATÓN DE POESÍA (parte 33). Hugo

Hugo recítanos esta poesía de Antonio García Teijeiro titulada "Un rato díxolle á lúa"


MARATÓN DE POESÍA (parte 32). Lucas e Verónica

Lucas e Verónica recítannos esta poesía de Manuel María titulada "O grilo".


MARATÓN DE POESÍA (pare 31). Sheila

Dende Abegondo chéganos esta poesía de Sheila. Aínda que xa non está no cole segue a formar parte da nosa comunidade porque sempre que pode colabora en todo o que lle propoñemos. Este poema de Gloria Fuertes é un gran exemplo:


sábado, 21 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 30). Clara

A profe Clara recítanoes este poema de Gloria Fuertes chamado "Las parejas" xa traballado na clase. Estade moi atentos porque ao final ten unha adicatoria moi chula.


MARATÓN DE POESÍA (parte 29). María

A profe María recita este poema de Antonio García Teijeiro sobre a amizade que teñen o sol e a lúa.



MARATÓN DE POESÍA (parte 28). Pilar

A profe Pilar Míguez recítanos este poema de Federico García Lorca practicado na clase. Seguro que sabedes como se chama.




MARATÓN DE POESÍA (parte 27). Teacher Susana

A teacher mándanos estas animadas poesías en inglés.




MARATÓN DE POESÍA (parte 26). Pili

A profe Pili recítanos este poema composto por ela mesma. Tedes que escoitalo todos porque está adicado a toda a comunidade do CEIP SOFÍA CASANOVA.


Gracias Pili!

MARATÓN DE POESÍA (parte 25). Xabier

Nesta entrada veredes a Xabi recitando "El colegio del fondo del mar" de Gloria Fuertes.


MARATÓN DE POESÍA (parte 24). Mateo

Mateo recítanos a Álvaro Cunqueiro


MARATÓN DE POESÍA (parte 23). Marga

A profe Marga, a través da súa poesía proponnos unha viaxe a Italia da man de Gianni Rodari. Animádesvos a seguila?


Dende a súa páxina,  A arca da Marga  podedes completar a información deste poema, ver un video e a partitura para tocar este poema.

Non deixedes de visitar a ARCA DA MARGA, pois a profe fai moi boas propostas musicais para pasar estes días de confinamento e lembrade que  en CAIXA DE XOGOS tedes moitos xogos para aprender de maneira lúdica. 



MARATÓN DE POESÍA (parte 22). Lorena

A profe Lorena recítanos "La dieta de un dragón" de Carlos Reviejo


MARATÓN DE POESÍA (parte 21). Pablo

Pablo cóntanos o conto dos Sete Cabritos  en  poesía:


MARATÓN DE POESÍA (parte 20). Lidia

A profe Lidia recítanos esta poesía coa que comezan a mañá nas rutinas de cada día:



viernes, 20 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 19). Irene

A profe Irene recítanos esta poesía sobre a amizade


CONTO CORONAVIRUS

Nestes tempos en casa estamos vendo a creatividade da xente e iso é fantástico.
María Coco Hernando (autora) xunto a Sara Ramírez (ilustradora) crearon este conto titulado "Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)" esperamos que vos sirva de axuda.


MARATÓN DE POESÍA (parte 18) Icía

Icía recita un poema composto por ela mesma. Iso si que é arte! 


MARATÓN DE POESÍA (parte 17). Silvia

A profe Silvia recítanos a Gustavo Adolfo Bécquer:


MARATÓN DE POESÍA

Están a chegar moitas poesías,GRACIAS! Irémolas colgando pouco a pouco, así que tede paciencia.

Mentres tanto gustaríanos facer extensivas as poesías a todos os membros da casa, en especial ás persoas máis afectadas polo coronavirus: os nosos maiores. 

Avós, avoas (e tamén pais, nais, tíos, tías...) animádevos a recitar unha poesía e mandala ao Bufolector (bufolector@gmail.com). 

Sería fantástico que esas poesías fosen de cando érades pequenos/as así seguimos co proxecto do século XX dende as nosas casas e achegamos a cultura á cativada.

MARATÓN DE POESÍA (parte 16). Pilar

Xa temos a primeira poesía dos profes!
Comeza Pilar cantando e recitando "O cuco" de Manuel María.


MARATÓN DE POESÍA (parte 15). Aldara

Aldara recita a Gloria Fuertes


MARATÓN DE POESÍA (parte 14). Diego

Diego recítanos Lela de Castelao


jueves, 19 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 13). Martín

Martín anda a buscar unha chave e contánolo neste poema de Antonio García Teijeiro.
Ademáis vai con unha boa recomendación final.
Farémoste caso Martín!!!!

MARATÓN DE POESÍA (parte 12). Carmen

Carmen recítanos "El gato" de autor descoñecido.


MARATÓN DE POESÍA (parte 11). Aitor

Aitor recítanos "Antón el músico"


MARATÓN DE POESÍA (parte 10). Carolina

Carolina recítanos "LELA" de Castelao



MARATÓN DE POESÍA (parte 9). Ainé e Xare

Xare e Ainé mándanos esta poesía titulada "Una noche de cuento"


miércoles, 18 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 7). Mateo

Mateo mándanos este viedo recitando a Ana María Fernández do seu libro "A casa de había unha vez"


MARATÓN DE POESÍA (parte 6). Gabriel

Gabriel mándanos esta poesía de Rosalía de Castro. Seguro que vos soa..



martes, 17 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 5). Noela e Vera

Noela e Vera mándannos "La Tarara" de Federico García Lorca a modo de xogo. Encántanos esta idea!



MARATÓN DE POESÍA (parte 4). Mario e Sira

Mario e Sira mándannos este poema de Federico García Lorca. 



MARATÓN DE POESÍA (parte 3). Valentina

Valentina mándanos esta poesía de Federico García Lorca traballada na clase.


lunes, 16 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA (2ª parte). Lucía


Lucía mándanos este poema "Se buscan princesas"

MARATÓN DE POESÍA (parte 1). Martina

Comezan a chegar as primeiras poesías. Escoitade que ben o fai Martina!



Animádevos!!!






MARATÓN DE POESÍA

Como xa sabedes, esta semana íamos a celebrar o DÍA DA POESÍA. 
Dende a biblioteca do BUFOLECTOR queremos propoñervos que o fagamos igual.

Como? Grabádevos recitando a poesía que xa tiñades preparada (podedes sair nenos/as sos, con papá, mamá a irmá o irmán...) ou preparade unha nova. LEMBRADE QUE PODE SER EN CALQUERA IDIOMA.

Mandádea ao correo do bufolector: bufolector@gmail.com e logo estaremos todos un pouco máis unidos véndonos no blog.

Aproveitade tamén para facer novas poesías, como por exemplo CENTÓNS:

Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros autores. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A gracia dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora poden utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo autor. Anímaste a centonear?

FONTE: aulasgalegas.org

A QUE ESPERADES? A RECITARRRRRRRR

Fotos do século XX

Entre estas fotos e a actualidade hai 50 anos, a verdade e que cambiou moito todo.
Alfonso Molina, 1970

Aeroporto, 1970

domingo, 15 de marzo de 2020

TRABALLAMOS O NÚMERO

O día do mes sérvenos, na asamblea, para traballar os números. Axudámonos do numicon e así sen decatarnos traballamos conceptos como par/impar, números primos, descomposición de números, multiplicación e división, anterior e posterior, decenas e unidades...


viernes, 13 de marzo de 2020

ESCOITAVENTURAS. 3ª sesión

Nesta sesión escoitamos á profe Silvia que nos leu "El gran gigante bonachón" de Roald Dahl.




A sesión foi estupenda o único problema e que cando estaba na parte máis emocionante, tivemos que cortar.
Se queres saber como acaba esta aventura... xa sabes! O libro está na biblio do Bufolector!

jueves, 12 de marzo de 2020

A GRIPE ESPAÑOLA

Hai pouco mais de 100 anos houbo outro virus que paralizou a sociedade, chamábase A GRIPE ESPAÑOLA.
Moitas das "medidas de contención" que estamos a tomar agora, xa foron probadas en 1918.
Lede o seguinte artigo para ter máis información:

O VIRUS DA GRIPE ESPAÑOLA

martes, 10 de marzo de 2020

VISITA AO MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5 anos visitou o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA, de Coruña.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica, na que ademáis de ver obxectos e tecnoloxía do século XX aprendimos moito e pasámolo xenial!

Puidemos ver un trozo do Boeing 747 "Lope de Vega", sentámonos en primeira clase, vimos a cabina do piloto, tocamos algúns dos materiais que o compoñen e descubrimos que este foi o avión que trouxo o Guernica a Madrid dende Nova York en 1981.




Na sá do século XX vimos unha lavadora de madeira, unha moto con sidecar, un coche antigo e moitas cousas que usaban os nosos avós e avoas (e os nosos pais e nais)...



Tamén vimos o antigo faro da Torre de Hércules e o proxector que tiña o cine París de Coruña.
Ademáis fixemos helicópteros de papel e os tiramos dende o sexto andar, comprobamos como voaban e gustounos moito.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica na que descubrimos a tecnoloxía dende unha nova perspectiva  e demostramos moitas cousas que xa tiñamos aprendidas nestes tres anos que levamos na escola.


lunes, 9 de marzo de 2020

CONTACONTOS MARZO

O pasado venres tivemos unha nova sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.

Comezamos con MARTA, PABLO e HENAR que contaron e representaron "Blancanieves y los siete enanitos"


Logo, SHEILA, MATEO e ADRI fixéronnos rir con "Paco Papán"

Pecharon a sesión LUCÍA e ALBA contando "Corno de unicornio"


Foi unha moi boa sesión chea de xente:

viernes, 6 de marzo de 2020

STRONG WOMEN FONT

Manu Arranz, tamén coñecido como 7 Codos preséntanos este alfabeto que rinde homenaxe ás grandes mulleres  da historia.

Todo comezou co reto 36 Days Of Type no que en cada edición miles de diseñadores dan a súa visión do mundo a través da tipografía. Durante 36 días seguidos teñen que compartir nas súas redes sociais os seus diseños de letras e números.



Como vedes, con este alfabeto, lémbrase a mulleres tan importantes como Valentina Tereshkova (primeira muller en viaxar ao espacio), Kathrine Switzer (primeira muller en correr e completar unha maratón, cando só o facían os homes) e Alice Paul (unha gran loitadora polo voto feminino da muller en E.E.U.U.).

Anímaste a descubrir por que foron tan importantes as outras mulleres?

FUENTE: La criatura creativa. https://lacriaturacreativa.com/