viernes, 22 de diciembre de 2023

HALTEROFILIA

Xa podedes ver o segundo capítulo das Bufolimpíadas en 3 anos, desta volta adicado á HALTEROFILIA.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

O PREGÓN DO BUFOLECTOR

 Por aquí deixamos a nosa recomendación para este Nadal:


O Pregón Do Bufolector Decembro 23 by Bufolector on Scribd


Vémonos no 2024!

viernes, 15 de diciembre de 2023

CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA

 Hoy empezamos con este libro que para nós é xa un clásico. 

Esperamos sacarlle partido e que vos guste como a nós:




Case ao principio do libro a protagonista, Anna, está a falar coa súa amiga e comparan a Hitler con Charlie Chaplin. Pero... quen era este Chaplin ? En que se parecía a Hitler? Mirade esta escea da película El gran dictador e sacade as vosas conclusións. 

miércoles, 13 de diciembre de 2023

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Onte pasamos unha tarde moi divertida cunha xente maravillosa que se atreveu a participar nas nosas PRIMEIRAS BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

Podedes ver un resumo do ben que o pasamos neste vídeo:


Ademáis deixámosvos por aquí a presentación que usamos por se queredes xogar na casa con ela este Nadal:

Por último queremos agradecer a Nela de Dulces Sueños a elaboración das medallas por entender perfectamente a nosa idea e plasmalo tan ben e con tanto agarimo. 


Todos mereceron premio non so polo ben que o fixeron senón pola deportividade que mostraron toda a tarde animando aos membros de todos os equipos:




GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!







lunes, 11 de diciembre de 2023

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Mañá é o gran día!!!!

Vémonos ás 17:00 h na BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR.

Vinde con gañas de pasalo ben!!!!!



miércoles, 6 de diciembre de 2023

O ANIVERSARIO DE SABINA

 Sabina cumpriu 4 anos o pasado 3 de decembro e tamén decidiu celebrar a súa festa coa temática do proxecto:


Da gusto ter estas familias tan implicadas no que se está a traballar no cole! 
PARABÉNS SABINA!!!!!


domingo, 3 de diciembre de 2023

O NADAL CHEGA ÁS BUFOLIMPÍADAS

 Xa temos decorada a nosa entrada ao cole con temática Navideña seguindo o tema das Bufolimpíadas e a verdade que non podería ser máis bonito!






Todas as estrelas teñen un deporte olímpico debuxado! Noraboa a terceiro e cuarto por ilumnarnos tan ben o Nadal!


viernes, 1 de diciembre de 2023

LOS IRREGULARES DE NANKING ROAD

 Hoxe tivemos a derradeira sesión con este libro e os sentimentos son encontrados, por un lado danos moita mágoa porque gustounos moito pero por outro lado, encantounos o final.

Temos una mensaxe para a autora, Silvia Aliaga: