miércoles, 27 de abril de 2016

LENDO NO COLE

POR FIN PODEMOS VER A PRESENTACIÓN DO DÍA DO LIBRO, NO QUE SAÍMOS TODOS A LER NO PATIO, MIRADE QUÉ BEN O PASAMOS!!!

CONTACONTOS MAIO

IMOS CARA A DERRADEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS EN FAMILIA NA QUE OS PROTAGONISTAS SODES VOS.
POR SUPOSTO QUE IMOS FACER UNHA SESIÓN DE DESPEDIDA QUE NON ESQUECEDEREDES (IDE RESERVANDO O 9 DE XUÑO), PERO ISO SERÁ NUN FUTURO, MENTRES TANTO, LEMBRADE QUE O VINDEIRO MARTES 10 DE MAIO O TEDES OCUPADO!!!!
NON ESQUEZADES O VOSO CARNÉ LECTOR!!!!!

martes, 26 de abril de 2016

O GATO LAMBÓN

TEMOS UNHAS FAMILIAS FANTÁSTICAS, QUE SE IMPLICAN AO MÁXIMO PARA PODER FACERNOS PASAR UN BO RATO.
MIRADE, MIRADE, TODO ESTO PASA NOS CONTACONTOS FAMILIARES:

VISITA AO CEMITERIO

O alumnado do clube de lectura afirma con rotundidade que non lle ten medo a nada! Así que, despois de ler o libro "As Bruxas" de Roald Dahl, decidimos facer unha visita ao Cemiterio de San Amaro:



A verdade é que foi unha experiencia inolvidable! Foi unha gran celebración do Día do Libro!!!!
Grazas chic@s!!!!!E grazas a familias por deixarnos organizar estas cousiñas!

viernes, 22 de abril de 2016

ENTREGA DE PREMIOS

Recordando a Cervantes celebramos o día do libro e dende o noso cole queremos reivindicar que tamén podemos chegar a ser fantásticos escritores e escritoras.
Aínda que é un concurso familiar, convocamos aos nenos e nenas para que veñan recoller os premios en representación das súas familias.
Gracias a todos por participar.

SEGUIMOS CELEBRANDO...

"Que día tan estupendo para ler fóra!"
Eso foi o que pensamos no cole, así que A HORA DE LER trasladouse ao patio e qué gustiño da ler ao sol.
Tamén o clube de lectura celebrámolo fora e a verdade é que quedamos con ganas de repetir!!!!

martes, 19 de abril de 2016

"FEO" CO TEATRO CARAMUXO

ONTE, O TEATRO CARAMUXO, PRESENTOUNOS UNHA ADAPTACIÓN DO CONTO CLÁSICO DO PARRULO FEO.
O ALUMNADO E O PROFESORADO DE INFANTIL PASOUNO XENIAL E QUEDOU CON MAIS GANAS DE TEATRO, ASÍ QUE FAMILIAS, XA SABEDES:
 LEVADE AOS NENOS E ÁS NENAS AO TEATRO!!!!

lunes, 18 de abril de 2016

MOMENTOS LECTORES

COMEZAMOS A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON ESTE VÍDEO DOS NOSOS "MOMENTOS LECTORES"

jueves, 14 de abril de 2016

CÁMBIAME DE CONTO

RECORDÁMOSVOS QUE QUEDA UNHA SEMANA PARA ENTREGAR OS VOSOS TRABALLOS NA BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR.
ÁNIMO FAMILIAS!

BRINCA VAI!

Coñecedes a Paco Nogueiras?é o autor e músico de Brinca vai! libro que vos recomendamos non hai moito.
Pois se o 23 de abril queredes pasar unha tarde agradable escoitando e bailando coa súa música, non vos podedes perder o concerto que dará no Forum Metropolitano de A Coruña, as entradas son a 5 euros, e incluso pódese mercar un abono familiar para 3 persoas por 12 euros.
Seguro que vos encanta .
 Máis información en:

Brinca vai 2.0

miércoles, 13 de abril de 2016

MORTADELO Y FILEMÓN: EL RESCATE

Aquí tedes un contiño feito por Ian Mosquera, alumno de 4º. A ver que vos parece:

miércoles, 6 de abril de 2016

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

TEÑO O PRACER DE PRESENTARVOS ESTE MICROPOEMA NARRADO POR ISABEL PRESA ÁLVAREZ, QUE, PARA QUEN NON A COÑEZA, TEN SÓ 5 ANOS E É CAPAZ DE EMOCIONARSE E EMOCIONARNOS RECITANDO A POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.




CONTACONTOS MUSICAL

O pasado venres tivemos a oportunidade de asistir a un conto musicado na actividade "Contacontos en familia" e a verdade é que quedamos encantados, gustounos moitísimo.
Dende aquí animo ás familias que teñen algún talento a compartilo con todos.
Grazas a Blanca, que leu estupendamente, como sempre; a Montse, que aínda que tiña un conto preparado tivo a amabilidade de cambialo a última hora para contar fantásticamente ben outro distinto; e a Dani e Ángel por achegarnos a música a través dos contos e facelo dunha maneira totalmente altruísta e con esa amabilidade, sonrisa e ganas de facernos pasar un gran rato.

martes, 5 de abril de 2016

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ"



Hoxe o alumnado de infantil tivo o pracer de asistir na nosa biblioteca a un contacontos dirixido por Iago da man da editorial Anaya.
A verdade e que Iago é un contador fantástico e dende o primeiro momento atrapounos e fíxonos imaxinar unha familia de lobos feroces na que un lobiño non quere ser feroz, senón que quere ser feliz; a partir de aquí ao Lobo feroz espéralle unha dura tarefa para educar ao seu sobriño na ferocidade.



CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA