jueves, 23 de diciembre de 2021

A ILUSIÓN

 No mes de decembro non podiamos escoller outra emoción para traballar que non fose  A ILUSIÓN

E QUE NUNCA SE PERDA!!!!!!!

3 ANOS:


4 ANOS:

 



5 ANOS:







O EQUIPO E O ALUMNADO DE INFANTIL DESEXÁMOSVOS UNHAS FESTAS CHEAS DE ILUSIÓN!!!!!







lunes, 20 de diciembre de 2021

AS EMOCIÓNS DE PRIMEIRO

 En primeiro seguen a  traballar as emocións. Este mes tocou a Inseguridade ante as críticas dos demais e a  Aceptación da diversidade como elemento enriquecedor cos seguientes contos:

- "Monstruo de colores". 
- "Elmer". 
- "Monstruo Rosa".
-"Orellas de bolboreta" 
- e "Pájaro amarillo"





viernes, 17 de diciembre de 2021

ELFOS SAUDABLES

 Hoxe os nenos e nenas de infantil fixemos un obradoiro de cociña saudable 


Ademais, Carolina, Sira e Mario acompañáronnos dende a súa casa:

















O PREGÓN DO BUFOLECTOR

 Acaban de sair do forno as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Tomade nota:


O Pregón Decembro 2021 by Bufolector on Scribd

miércoles, 15 de diciembre de 2021

CONSELLO PARA UNHA VIDA BUFOSAUDABLE

 O Bufolector xa os practica, e ti?




lunes, 13 de diciembre de 2021

RECICLAXE

 Pouco a pouco ímonos achegando a un dos obxectivos do noso proxecto que é o coidado do medio a través da reciclaxe.

O cole xa está preparado:




O AMOR EN 1ºA

 En primeiro seguen a traballar as emocións. Esta vez tocoulle ao AMOR.

Para isto traballaron os contos "¿De qué color es un beso?"e "Adiviña canto te quero".

A todo isto súmase a celebración do 25N.





viernes, 10 de diciembre de 2021

Entrada cole

 Así de bonita está a entrada do cole agardando a ILUSIÓN  do Nadal.



sábado, 4 de diciembre de 2021

POÑÉNDONOS NA SÚA PEL

 Polo DÍA DA DISCAPACIDADE os máis peques do cole experimentaron o que sinten  e os obstáculos que poden ter algunhas persoas con discapacidade visual. 

Ademáis aprenderon a poñer os seus nomes en Braile.








jueves, 2 de diciembre de 2021

A TRISTEZA

En educación infantil adicamos o mes de novembro á tristeza.

Para identificala vimos a película de "Coco", limos moitos contos e falamos desta emoción.

Aprendimos un montón de cousas:

Hai varias cousas que nos poñen tristes: perder un xoguete, que nos fagan dano, que non queiran xogar con nós,  que papá e mamá marchen...

Temos que aprender a identificar esta emoción,  recoñecela e aceptala porque está presente ao longo de toda a  nosa vida.

Hai moitas cousas que fan que nos sintamos mellor cando estamos tristes: un regalo, xogar cos amigos, un abrazo, que mamá e papá nos consolen, unha palabra bonita,  un sorriso, un chocolate con churros...

Neste video queremos amosarvos parte do noso traballo:


miércoles, 1 de diciembre de 2021

25 N

 O equipo de actividades complementarias e extraescolares vén de publicar o video coa conmemoración de todo o cole do 25N.

Non deixes de velo: