jueves, 28 de mayo de 2026
A pesares da gran cantidade de baixas que tivemos onte, pasamos unha tarde do máis agradable xunto á autora, María Rei Vilas.
O libro trata sobre Camila, que viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.
martes, 10 de marzo de 2026
A Silvia, Liz, Marcela, Mel, Montse, Janice, Arlis, Katia, Carolina, Carmen, Lorena, Vanesa, Ingrid, Gabriela, Anahí, Johanna, Elena,Oli, María, Sintike, Hanane.... e a todas as mulleres que forman parte da nosa vida..... GRAZAS!!!!!
lunes, 23 de febrero de 2026
Agora que se achega o 8 de marzo, deixámosvos por aquí esta fantástica cantiga sobre diferentes mulleres que marcaron unha época.
Non deixes de escoitala!
miércoles, 12 de marzo de 2025
viernes, 8 de marzo de 2024
Hoxe é o DÍA DA MULLER TRABALLADORA e como non podía ser doutro modo adicámolo a todas esas mulleres deportistas que cada día dan o mellor de si mesmas:
martes, 7 de marzo de 2023
O alumnado de 4 anos fixo un resumo de todas as mulleres científicas e galegas:
Neste día tan sinalado non podemos esquencer a grandes mulleres que fixeron historia:
Por aquí vos deixamos algunha das informacións coas que nós traballamos:
sábado, 11 de febrero de 2023
Hoxe celebramos o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, afortunadamente estas novas xeracións non teñen prexuizos. Quen sabe se estamos ante os futuros científicos? Dende logo, levan un bo camiño....
martes, 26 de abril de 2022
"MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil.
Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.
martes, 8 de marzo de 2022
En educación infantil estamos traballando a ADMIRACIÓN e queremos lembrarnos, neste 8 de marzo, das nosas AVOAS, que tanto fan polas nosas familias. Aló vai a nosa homenaxe:
Neste 8M lembramos a mulleres que coas súas actividades na defensa ou na mellora do medio ambiente contribuiron a cambir o mundo:
martes, 8 de febrero de 2022
Dende a Asesoría de Bibliotecas escolares chéganos esta información:























.jpg)




.jpg)








