Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de noviembre de 2024

ONDE VIVIMOS?

 O alumnado de segundo comezou o proxecto deste curso con moitas ganas. Para ir percorrendo Galicia pouco a pouco comezou por investigar o lugar onde vivimos, incluido o cole!.

 Este é o resultado:



NORABOA A TODO O ALUMNADO E ÁS PROFES POR ESTE TREMENDO TRABALLO!!!!!
Parecedes auténticos investigadores!!


jueves, 30 de marzo de 2023

BUFOPREGUNTÓN 2023

 XA ESTÁ AQUÍ O MES DE ABRIL, E CON EL O QUE TODOS ESTÁBADES AGARDANDO: 

O BUFOPREGUNTÓN!!!!!!!!!!!!!

Como abril comeza coas vacacións de semana santa imos retrasar o concurso unha semana. De modo que a primeira pista sairá o LUNS 10 DE ABRIL!!!!!


Lembramos o modo de participación:


- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.


- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)


- A temática é A CIENCIA.


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 


Xa sabedes... a investigar en familia!


As pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 10 de abril!!!!!

jueves, 3 de noviembre de 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Entramos en novembro, o mes da ciencia en galego, e dende Bibliotecas Escolares de Galicia achégannos moitos recursos que nos servirán de axuda para o noso proxecto:


Folleto informativo sobre actividades en distintas bibliotecas de Galicia:






miércoles, 2 de junio de 2021

BUFOPERCORRENDO O SÉCULO XX

Despois destes dous cursos tan complicados damos por finalizado o noso proxecto do SÉCULO XX

A nosa primeira idea era facer unha FEIRA HISTÓRICA, pero por mor do COVID non foi posible.

Deixámosvos o noso traballo, no que xa veredes,  hai unha importante labor de investigación.

Traballamos a busca, a selección e o tratamento da información. 

Dende a biblioteca queremos agradecer a labor dos profes pola súa gran implicación e, como non, das familias (sen elas todo isto é un sono).

Alo vai este fantástico traballo:

DÉCADA 1900-1910 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1910-1920 

Hecho con Padlet


DÉCADA 1920-1930 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1930-1940

Hecho con Padlet


DÉCADA 1940-1950

Hecho con Padlet


DÉCADA 1950-1960

Hecho con Padlet


DÉCADA 1960-1970

Hecho con Padlet


DÉCADA 1970-1980

Hecho con Padlet


DÉCADA 1980-1990

Hecho con Padlet


DÉCADA 1990-2000

Hecho con Padlet

domingo, 30 de mayo de 2021

PROXECTO MAR

Lembrades que o Bufolector púxonos un reto para que investigásemos a Ángeles Alvariño? Pois reto conseguido!

Pero claro, ela foi unha gran oceanógrafa e claro, unha cousa levounos a outra e comezamos o proxecto do mar.

Tiñamos claro onde estaba o mar e quen o habitaba:





E aprendimos a debuxar peixes:




Fixemos un mural colaborativo que quedou chulísimo:




E vestímonos de buceadores!!!!!








Para rematar o proxecto e xa que nos gusta tanto bailar, preparamos esta canción de Mamá Cabra:


viernes, 27 de septiembre de 2019

OS VISIONARIOS DO SÉCULO XX

Moito se especulou sobre o ano 2000, dende que o mundo remataba ata que os coches poderían volar.
Hoxe traémosvos un reportaxe do National Geographic no que falan sobre como sería o século XXI.
Non o deixedes de ler!

Os visonarios do século XX

jueves, 27 de septiembre de 2018

INVESTIGANDO O CINE

Os de 4 anos estamos comezando o proxecto de cine, de feito, hoxe fumos preguntarlle aos maiores algunhas dúbidas que tiñamos.

Hai moitas cousas que temos que aprender sobre o cine, os actores ou as persoas que graban as películas que aínda non sabemos cómo se chaman.
O que xa temos claro é que as películas son moitas imaxes xuntas. Aquí van os nosos comezos: