jueves, 30 de marzo de 2023

BUFOPREGUNTÓN 2023

 XA ESTÁ AQUÍ O MES DE ABRIL, E CON EL O QUE TODOS ESTÁBADES AGARDANDO: 

O BUFOPREGUNTÓN!!!!!!!!!!!!!

Como abril comeza coas vacacións de semana santa imos retrasar o concurso unha semana. De modo que a primeira pista sairá o LUNS 10 DE ABRIL!!!!!


Lembramos o modo de participación:


- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.


- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)


- A temática é A CIENCIA.


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 


Xa sabedes... a investigar en familia!


As pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 10 de abril!!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario