Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de junio de 2023

CIENCIA EN FAMILIA CON CAROLINA

 Con este vídeo rematamos esta fantástica experiencia chamada CIENCIA EN FAMILIA.

 Gustaríame dar as GRAZAS  a todos os que o fixéchedes posible, pola vosa implicación, polos nervios e por tantas horas adicadas a traer un pouquiño do que sabedes á clase. VALIU A PENA: levamos con nós moitas lembranzas de momentos compartidos, saberes novos e compartimos tempo de cole coa nosa familia.

NORABOA A TODOS!




domingo, 4 de junio de 2023

CIENCIA EN FAMILIA CON LOLA

 Xa imos rematando o curso e con el os vídeos de Ciencia en familia así que desfrutade do que queda:


jueves, 11 de mayo de 2023

CIENCIA EN FAMILIA CON SIRA

 Desta volta, a familia Candal Castro tróuxonos tres experimentos que fixeron que o pasáramos xenial:


miércoles, 29 de marzo de 2023

Premio a EXPERIMENTANDO EN FAMILIA

 A familia Vázquez Zas recibiu un pequeno agasallo por gañar o concurso "Experimentando en familia". O encargado de recoller o premio foi Leo que, coa ilusión, non aguantou as ganas de abrir o regalo e non foi quen de esperar a súa familia:


Deixámosvos de novo o vídeo gañador para que vexades que o premio é moi merecido:



lunes, 27 de marzo de 2023

CIENCIA EN FAMILIA CON ADRI

 Xa temos un novo capítulo de ciencia en familia! Desta vez, Adri e a súa familia fixeron dous experimentos fantásticos:



Neste segundo experimento hai un fallo de son por culpa dunha mala gravación (pedimos perdón!). Como non se oe, adianto que nos ensinan como funciona un motor electromagnético. Mirade, mirade:

sábado, 25 de marzo de 2023

XA TEMOS GAÑADORES!!!!

 O primeiro de todo dicir que estamos sorprendidas pola gran repercusión desta votación. Aínda que houbo poucos vídeos, votou moitísima xente (574 VOTOS)!!!!

Despois queremos dar as GRACIAS a todos os participantes por atopar un pouco de tempo para adicalo a facer ciencia en familia e ensinala para que todos poidamos aprender.

AÍNDA QUE TODOS OS VÍDEOS MERECEN O PREMIO,

 este é o resultado final:

1º: Con 204 votos: a familia Vázquez Zas

2º: Con 179 votos: a familia Luces Fernández

3º: Con 86 votos a familia Jiménez Bermúdez

4º: Con 78 votos a familia Muíño Mosquera

5º: Con 21 votos a familia López Roel

6º: Con 6 votos a familia Méndez 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cal dos experimentos cres que debe gañar o concurso?. Número de respuestas: 574 respuestas.


NORABOA PARA TODOS E, EN ESPECIAL, PARA A FAMILIA VÁZQUEZ ZAS, POR FACER UN VÍDEO TAN ANIMADO E ENSINARNOS UNHA NOVA PALABRA: JUEGUERIMENTO!!!!!

A vindeira semana recibiredes o voso agasallo.