lunes, 29 de febrero de 2016

CONTOS CLÁSICOS

Hoxe toca falar dos contos clásicos.
Os contos clásicos, non son só historias entretidas, senón que foron creados para ensinarlles a verdade aos máis pequenos, para que estivesen preparados para afrontar a realidade.
Por iso nestes contos aparecen malos moi malos, bruxas moi bruxas, mortes e grandes decepcións.
Coñecemos tan ben as historias de Carapuchiña, Blancaneve, a Sireíña o Cincenta, que non paramos a pensar no significado que encerra.
Analicemos algún destes contos:

Cincenta

Este conto fala das diferencias sociais, que empurra aos nenos cara a confianza en si mesmos e a sorte; esta sorte aparece coa Fada Madriña.
Pero, sobre todo, a Cincenta fala da envidia entre irmáns.



Carapuchiña

Está claro que o bosque é unha metáfora dos perigos da vida, pero ademáis, son moitos os intérpretes que relacionan a caperuza coa menstruación. Neste senso o conto sería unha advertencia para as mozas que poden ser fácilmente enganadas por descoñecidos.


Hansel e Gretel

Esta é unha das historias máis crueles dos contos clásicos. Aquí fálase do medo dos pequenos ao abandono familiar e do drama da fame. Dous nenos son raptados por unha bruxa que quere comer a Hansel. Estimúlase a autoestima ao vencer á bruxa polos propios medios.


Os tres cerdiños
Nesta coñecida historia vese cl
aramente a lección de moralidade: cunha actitude positiva, esforzo e traballo podes salvarte.

A Bela e a Besta

O orixe desta  historia remóntase a antigua Roma e fala de Apuleyo. 
Bela é inocente e o único que coñece é o amor puro do seu pai, o resto dos homes resúltalle agresivos. Cando ela madura e convértese en adulta xa pode apreciar a beleza masculina.
Ademáis faise fincapé en que as bestas poden domesticarse con amor.


Fontes:
 www.que.es
http://k14.kn3.net/
http://4.bp.blogspot.com/
http://st-listas.20minutos.es/

miércoles, 24 de febrero de 2016

24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal e como  propuxo a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) hoxe no cole, fumos moitos os que celebramos este día ilustrando un poema desta autora galega.
Aquí podedes ver as obras de arte do alumnado do grupo 5º C de educación infantil.

MOITO CONTO NESTE ENTROIDO

Xa están colgadas na web do cole as fotos da festa do entroido.
Déixovos o enlace:
Fotos entroido

miércoles, 17 de febrero de 2016

CONTACONTOS MARZO

A DATA DO NOSO PRÓXIMO CONTACONTOS SERÁ O VINDEIRO 3 DE MARZO.
NON VOS ESQUEZADES DO VOSO CARNÉ LECTOR!!!

lunes, 15 de febrero de 2016

ALMACÉN DE CONTOS

Cantos contos coñecedes? Seguro que non tantos como podedes atopar nesta páxina web chamada GARABATO. 

Se pinchas na imaxe irás á páxina web  de GARABATO

miércoles, 3 de febrero de 2016

FOTOS DE XANEIRO

Xa están preparadas as fotos do contacontos de xaneiro.
Queredes velas?
Aló van:

Banda tic tac toc

Todos coñecedes a Pablo Díaz pola canción "Pois imos contar un conto". Pablo é o cantante da banda TIC TAC TOC.
 Teñen dous libros-discos no mercado da man da editorial KALANDRAKA "Tic tac" e "Toc toc".
Esta banda vai tocar o día 27 de febreiro de 2016 no Fórum Metropolitano da Coruña. As entradas pódense comprar en ticketea. com e son a partir de 4 euros.
Dende a biblioteca do Bufolector recomendámosvos este concerto se queredes pasar unha tarde animada en familia.
Para máis información:
http://www.myspace.com/pablodiazcarro
Dixámosvos cun adianto:

ONCE UPON A TIME (Érase unha vez)

Coñecedes esta serie? Ao parecer xa leva varias temporadas de emisión e trata de personaxes da vida real que son, ao mesmo tempo personaxes de contos.
Estou desexando que chova para coller a manta e comezar a ver toooodos os capítulos.
Déixovos o tráiler da 4ª temporada: