lunes, 31 de octubre de 2022

CIENCIA EN FAMILIA CON SOFÍA

 Nesta nova entrega Cristina e Sofía ensínannos a facer un arco da vella, o ciclo da auga e a importancia do xabón. Non o perdades!



domingo, 30 de octubre de 2022

O PRIMO DO BUFOLECTOR

 Pois resulta que andaban Nico e Claudia tan tranquilos e contentos paseando por Oviedo e pensaron "Imos mirar uns libros que o mércores tócanos inaugurar o CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso e aínda non temos claro que ler"e atopáronse co primo do Bufolector.



Grazas pola foto! Xa nos contaredes que atopáchedes!

E ti?Viches algunha biblioteca ou librería que che lembrou á nosa? Non o dubides e mándanos a foto.


miércoles, 26 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como xa sabedes, este semana celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 outubro). 
Xa é unha tradición que as mochilas viaxeiras comecen a súa andaina este día e este ano non podía ser menos. 
Pero ademáis quixemos SACAR A BIBLIOTECA AO PATIO, onde agochamos fotos de cubertas de libros que os máis pequenos tiñan que atopar e para os maiores era a clave que lles axudaría a cubrir a folla de dez pistas. 

Antes de ensinarvos o video queremos destacar que foron uns recreos ben divertidos onde predominou un GRAN COMPAÑERISMO, gustoume moito ver como vos axudábades todos sen importar o curso nin a idade. 
NORABOA RAPACES!!!!!

martes, 25 de octubre de 2022

CONCURSO AVIÓNS DE PAPEL

 Xa podedes ver o resumo do que aconteceu a semana pasada onde o alumnado puso en práctica as leis da física para que os seus avións chegasen o máis lonxe posible:



LECTURAS DE MEDO

 Lembrade que tedes a vosa disposición o andel coas lecturas recomendadas para Samaín:





lunes, 24 de octubre de 2022

XIMCANA

 Lembrade que mañá no recreo terá lugar a ximcana de infantil, primeiro e segundo.

Tedes que atopar as cubertas dos libros que están agochadas polo patio e levalas á biblioteca,  onde volas cambiarán por un agasallo. 


MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe comezan a súa viaxe as nosas mochilas. En breve chegarán as vosas casas para compartir en familia.


Aquí podedes ver o material que inclue cada mochila:

Carta Mochila by Bufolector on Scribd


Boa viaxe e boas lecturas!

viernes, 21 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 A vindeira semana preséntase animada:



miércoles, 19 de octubre de 2022

CONTACONTOS EN FAMILIA

Ide reservando data, volven as nosas tardes en familia!
Imos encher a biblioteca:

ABERTO PARA TODO O ALUMNADO DO COLE (NON É NECESARIA A INSCRIPCIÓN)

Lembrade que todas as familias que se anotaron a contar contos poden entrar cos nenos/as na biblioteca.



 

martes, 18 de octubre de 2022

EXPERIMENTANDO EN FAMILIA

 Hoxe, na clase de 5 anos, descubrimos o divertido que pode ser  a ciencia!

Gracias a Jéssica, Alberto e Iris que foron moi valentes e xenerosos ao achegarse á clase a ensinarnos como facer unha LÁMPADA DE LAVA  e a INCHAR UN GLOBO CON UNHA BOTELLA. 



sábado, 15 de octubre de 2022

QUE É A CIENCIA?

 Os nenos e nenas de 5 anos comezamos o proxecto "Experimentando co Bufo" e, coma sempre, partimos das ideas previas que temos: 

(Pincha na imaxe)



FINALISTAS CONCURSO AVIÓNS

 Xa temos os finalistas do concurso ao avión máis orixinal:






Un destes avións será o gañador do AVIÓN MÁIS ORIXINAL!
SORTE A TODOS!!!!


viernes, 14 de octubre de 2022

Mares de plástico

É o título do libro que comezou a ler o segundo grupo do Club de lectura. Bótalle un vistazo á presentación:


Hecho con Padlet

jueves, 13 de octubre de 2022

AVIÓNS

 Xa temos unha boa exposición de avións de papel na biblioteca. Sodes uns auténticos artistas!

Estaremos ante os futuros enxeñeros aeronáuticos????






LEMBRADE QUE HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR OS AVIÓNS!!!!! (A biblioteca está aberta ata ás 18:00 horas).

viernes, 7 de octubre de 2022

CONCURSO A AVIÓNS DE PAPEL

Buscade os mellores manuais de ciencia, poñede a proba as vosas habilidades de doblar papel porque chega un concurso moi científico!!!!!!!




 

Los instantes perfectos

 Comezamos o noso primeiro libro do Club. Aquí vai a presentación:



jueves, 6 de octubre de 2022

TARDES BUFOANIMADAS

 Onte tivo lugar o noso I OBRADOIRO DE XOGOS  co alumnado de quinto e sexto. Non sei quen o pasou mellor se os rapaces e rapazas ou as axudantes do Bufolector:













GRACIAS A TODOS POR VIR E POR MOTIVARNOS A SEGUIR!!!!!


miércoles, 5 de octubre de 2022

CLUB DE LECTURA

 Un ano máis voltamos a xuntarnos no noso círculo máxico onde non so falamos de libros, falamos da vida, coñecémonos, rímonos e viaxamos a outros mundos da man de personaxes que nos farán crecer e coñecernos un pouco máis.

BENVIDOS AO NOSO CLUB DE LECTURA!!!!!








A IMPORTANCIA DA ORTOGRAFÍA

 

Sabedes como unha coma pode salvar vidas aquí?