Mostrando entradas con la etiqueta inventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inventos. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de septiembre de 2019

OS VISIONARIOS DO SÉCULO XX

Moito se especulou sobre o ano 2000, dende que o mundo remataba ata que os coches poderían volar.
Hoxe traémosvos un reportaxe do National Geographic no que falan sobre como sería o século XXI.
Non o deixedes de ler!

Os visonarios do século XX

jueves, 26 de septiembre de 2019

VIDAS INTERESANTES

Presentámosvos a Alejandro Finisterre (Alexandre Campos Ramírez) nado en Fisterra en 1919.
Alejandro foi pintor, poeta, editor e inventor.
O seu invento mais coñecido é o futbolín, pero tivo outros como o xogo "hundir la flota".
Alejandro foi ferido de gravidade durante a Guerra Civil, foi no hospital onde se lle ocorreu a fantástica idea do futbolín. Logo tivo que exiliarse e chegou a xogar co seu invento con Che Guevara.
Se queredes coñecer mais sobre a vida deste fantástico home pinchade aquí.

martes, 23 de enero de 2018

CHEGOU O INVERNO...

E O ALUMNADO DE 3 ANOS A, TRABALLÁMOLO ASÍ:
NON HAI MELLOR FORMA DE APRENDER QUE DENDE A PROPIA EXPERIENCIA!

jueves, 9 de febrero de 2017

ROBOTS

Dicir que estou moi orgullosa dos meus alumnos e alumnas é pouco. Aquí vedes o produto final, pero tras el hai moito traballo: primeiro, fixeron un bosquexo, decidiron o material que ían usar, trouxeron ese material, preparáronno e puxéronse a construir, sen nigún tipo de axuda.
 Para facer todo isto hai moito que negociar: discutir, expoñer puntos de vista e chegar a un acordo.
Cando remataron, non só estaban contentos co seu traballo, senón que encomiaron e felicitaron o traballo dos compañeiros.
Nenos, nenas: estades preparados para voar moi lonxe!








jueves, 12 de enero de 2017

NÓS TAMÉN SOMOS INVENTORES

DENTRO DO PROXECTO DOS INVENTOS, COMEZAMOS O ANO 2017 EXPERIMENTANDO.
 O MELLOR DE TODO, AS CARIÑAS DOS NENOS E NENAS DESCUBRINDO, TOCANDO, EXPERIMENTANDO, FORMULANDO HIPÓTESES...APRENDENDO!!!