lunes, 25 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS EN INFANTIL

Dixámosvos este video con algunhas das actividades que se fan nos desdobles sobre matemáticas manipulativas:


domingo, 24 de mayo de 2020

XOGO MUSICAL. MULTIRETO. XIÁN

Atención Bufolectores e Bufolectoras!
Xián preséntanos un multireto á batería con 4 cancións para adiviñar.
Para contestar, enumeraremos as respostas. Se sabedes unha, dúas ou queredes probar con todas, o que tedes que facer é poñer deste modo:
1. Resposta da primeira canción.
2. Resposta da segunda canción.
3. Resposta da terceira canción.
4. Resposta da última canción.

A ver cantos expertos en música temos por aquí....


sábado, 23 de mayo de 2020

ROBÓTICA EN INFANTIL

Aquí vos deixamos un video resumo do traballo de robótica nos desdobres de Educación Infantil.


XOGO MUSICAL. Teo

Que estará a interpretar Teo desta vez?


viernes, 22 de mayo de 2020

XOGO MUSICAL. Hugo

Sabedes que canción está a tocar Hugo coa súa trompeta?



XOGO MUSICAL. Teo

Teo mandou este video tocando unha canción co ukele. De que canción se trata?


XOGO MUSICAL. Andrea y María Alejandra

Pincha na imaxe e trata de averiguar de que canción se trata:


jueves, 21 de mayo de 2020

XX CENTURY. 1930 MUSIC

IN THE MOOD

Glenn Miller and His Orchestra was an American swing dance band formed by Glenn Miller in 1938. 

 The band became the most popular and commercially successful dance orchestra of the Swing era. 

 "In the Mood" was recorded in August, 1939  




You can watch people dancing “In the mood”:



miércoles, 20 de mayo de 2020

XOGO MUSICAL. Javi

Aquí chega a primeira adiviña. O profe Javi toca unha canción co ukelele. Sabes de cal se trata?



martes, 19 de mayo de 2020

XOGO MUSICAL

QUERIDOS BUFOLECTORES!

Temos unha nova proposta de xogo para todos vós!!!!!

Presentámosvos    A  MÚSICA DO SÉCULO XX.

En que consiste?
Pois en que vós seleccionedes unha canción do século XX, a tatareedes, ou se tocades algún instrumento toquedes unha parte desa canción.

E despois?

Pois logo enviades un video  ou un audio con esa canción (tatareada ou tocada por vós) a bufolector@gmail.com  que nós colgaremos no Bufolector.

E logo que pasará?

Pois que o resto da Comunidade Educativa ten 3 días para adiviñar qué canción é, poñendo o posible título nos comentarios . O que mandou o archivo será o responsable de contestar se están no certo ou non. Despois de 3 días, se ninguén adiviñou poderá poñer a resposta.

XOGAS????

ESTE XOGO É PARA TODO O QUE QUEIRA PARTICIPAR: nenos/as, nais/pais, avós/as, tías/os, amigas/os.....

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Varios autores e autoras galegas desexánnos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

sábado, 16 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Gabriel

Gabriel escolleu un cadro de Lugrís.

Elaborou unha tira en banda deseñada:

E, grabou este video:





CÓNTAME UN CADRO. Érika

Érika escolleu o cadro das Lavandeiras de Colmeiro e cóntanos esta bonita historia:


CÓNTAME UN CADRO. Carolina

Carolina escolleu un cadro de María Antonia Dans e recita un verso inspirado nel:


CÓNTAME UN CADRO. Carla

Carla, fixo a súa versión dun autoretrato de  Maruja Mallo e escribiu estes versos:


CÓNTAME UN CADRO. Nando

Nando baseouse nun cadro de Maruja Mallo e fixo unha bonita poesía:


viernes, 15 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Nerea

Nerea escolleu un cadro de Lugrís e buscou unha palabra que o simbolizaba:


CÓNTAME UN CADRO. Alba

Alba cóntanos unha historia que lle aconteceu cos seus amigos. Atención á súa versión do cadro de Lugrís, é fantástica!



LETRAS GALEGAS

Como sabedes, o domingo celebramos as nosas letras. Para isto, o noso compañeiro Jose Carballido colleu un poema do autor homenaxeado este ano, Carvalho Calero, o fixo un videoclip coa letra para que fagades un karaoke. Así que toca cantar!!!!

CÓNTAME UN CADRO. Roque

Roque cóntanos cal é o seu cadro preferido  e por que:


jueves, 14 de mayo de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. MAIO

Familias Bufolectoras, non sei se sodes conscientes que xa pasou un mes dende a anterior convocatoria de "Contacontos en familia".

Así que agora necesitamos que nos mandedes novos contos para facer a nosa sesión de maio.

Xa sabedes que todo vale, ler, interpretar, contar....

Elixide un conto, collede unha cámara e sorprendédenos.

Pero, ollo! Os contadores do mes pasado deixaron o listón moi alto! (Podedes participar todos, os que xa contáchedes e os que non).


CÓNTAME UN CADRO. Martín

Martín preséntanos unha emocionante historia de aventuras baseada en dos cadros de Urbano Lugrís.


CÓNTAME UN CADRO. BRAIS

Brais preséntanos a súa versión dun cadro e fainos unha adiviña. Serás quen de acertala antes de que diga a resposta?

martes, 12 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Aitor

Aitor cóntanos o cadro de Miró "A muller con sombreiro".


LABORATORIO STEAM EN CASA

Dende Canarias chéganos esta magnífica proposta para converter a casa nun laboratorio. Está pensado para alumnado de primaria, pero cremos que con axuda da familia, é extensible:

(Preme na imaxe para pasar a acción)

CÓNTAME UN CADRO. Laia

Laia versiona e fala sobre un cadro de Miró:


lunes, 11 de mayo de 2020

XOGA COAS LETRAS GALEGAS

Dende o departamento de dinamización preséntannos estes xogos para celebrar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Descubre canto sabes dos contos e das nosas letras.

(Pincha na imaxe e prepárate para pasar un bo tempo). 

CÓNTAME UN CADRO. LÚA

Lúa, ademáis de buscar unha palabra que lle acae perfectamente ao cadro que nos amosa, reproduciu a obra como unha verdadera artista:


CÓNTAME UN CADRO. Hugo e Lucía

Aquí chega a primeira historia sobre un cadro galego do século XX.
O autor é Manuel Aramburu. O cadro é de 1956 e titúlase "Camiño aos cruceiros de Combarro á Armenteira".


domingo, 10 de mayo de 2020

O SIGLO XX DENDE CUARTO

Aquí vos deixamos as investigacións sobre o siglo pasado que fixeron as alumnos e os alumnos de cuarto. Tiñan pendente facer un gran mural co todo o investigado, pero non puido ser. Aínda así dende aquí dámoslles a NORABOA por un traballo tan FANTÁSTICO!


sábado, 9 de mayo de 2020

MARCO IGLESIAS

Marco foi alumno do Sofía Casanova, actualmente está cursando segundo de bacharelato e o pouco tempo que ten libre é para tocar e cantar.
Como non puido participar no noso Recital de Poesía, adícanos esta bonita canción.
GRACIAS E MOITA SORTE, MARCO!



viernes, 8 de mayo de 2020

Certame "Textos con arte"

Como vos anunciamos hai pouco, aquí vos deixamos as bases para participar no Certame "Letras con arte" convocado polo departamento de dinamización:


Lembrade que é compatible coa proposta da biblio de "Cóntame un cadro galego do século XX" . Unha vez que teñades o texto, sacade o voso lado interpretativo e grvádevos contando a historia. Podedes participar toda a familia. 

MÚSICA DO SÉCULO XX

A teacher Mónica está a traballar diferentes músicas que marcaron unha época.
Pincha na imaxe e sube o volume:


OS COCIÑEIROS DE SEXTO

Aínda que o DÍA DA POESÍA hai tempo que rematou, sempre é un bo día para escoitar, ler ou "cociñar" poemas. Nisto anda o alumnado de sexto. Mirade que variedade de poesías nos presentan:

(pinchade na imaxe e deixádevos levar pola poesía).

miércoles, 6 de mayo de 2020

"CÓNTAME UN CADRO GALEGO DO SÉCULO XX"

ATENCIÓN!!!!! ACTUALIZAMOS O RETO. LEDE AS BASES. Se xa o fixéchedes, publicarémolo igual. Senón, atendede ás novas bases

Hoxe traémosvos un novo reto.

Como o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está moi preto, convidámosvos a facer unha nova actividade na que combinamos as letras galegas coa arte galega do século XX.

Para participar tedes que ESCOLLER unha pintura dun autor ou autora galega do século XX (nós propoñémosvos algunha) e ESCRIBIR un relato  en GALEGO (non importa o tamaño) relacionado con ese cadro. GRAVAR un video lendo contando  ou interpretando o relato e MANDALO ao correo do bufolector: bufolector@gmail.com onde o publicaremos.

O escrito podedes envialo ao correo de dinamización dinamizacionlinguagalega@ceipsofiacasanova.com onde entrará a formar parte do CERTAME "TEXTOS CON ARTE".  Bases

Usade o maxín, disfrazádevos, xogade coas palabras e coas pinturas. Trátase de pasar un bo rato para celebrar as nosas letras.

Esta é a nosa proposta de cadros, pero podedes escoller outros:

lunes, 4 de mayo de 2020

O PALCO DO TEMPO VIRADO

Así chámase o novo espazo que creu a profe Marga no seu blog "A ARCA DA MARGA".

Neste espazo aberto á participación de todo o mundo a profe "colgará" todos os videos que lle mandedes sobre as propostas musicais que fai. 

Para poder formar parte do Palco do tempo virado tedes que mandarlle videos facendo o que ela recomenda  cada semana na páxina web do cole  á dirección de correo  arcadamarga@gmail.com e unha autorización do voso pai/nai ou titor legal conforme que pode poñelos no blog.

Non vos perdades a primeira entrega (pinchade na imaxe):


OS QUINTOS DA COMEDIA

Neste tempo de confinamento non hai nada mellor que unhas gargalladas. Iso é o que pensaron o profesorado e o alumnado de quinto e fixeron este video para todos nós:

BLOG DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Deixámsovos o enlace ao blog do profe Alberto onde podedes atopar recusros de audición e linguaxe.

http://albertnalg.blogspot.com/

sábado, 2 de mayo de 2020

CÁPSULA DO TEMPO DO CONFINAMENTO

Dende o Concello de Culleredo chéganos esta proposta que nos encanta.
Consiste en cubrir as follas que podedes atopar premendo na imaxe, metelas nunha caixiña ou nun bote e agochalas durante uns anos, poñamos dez, por exemplo. Cando pasen eses anos, buscaredes a vosa caixa e lembraredes este tempo tan especial.

viernes, 1 de mayo de 2020

GILBERTO GIL

Deixámosvos un recopilatorio dalgunhas das súas cancións:


XA TEMOS GAÑADOR !

Diego Baldomir, madrugou moito para escoitar a última pista. NORABOA!

Ás 9:35 acertou que o que estabamos a buscar era a canción "A novidade" de Gilberto Gil.

Moitas gracias a todos por participar! Prepararemos os vosos premios e, dependendo dos permisos, veremos a maneira de que os poidades ter este curso.

BUFOPREGUNTÓN 4ª PARTE. Pista 5

A última pista é un archivo de audio. Preme para escoitar: