martes, 27 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE XOGO

 Hoxe vimos de pasar unha tarde moi divertida nos obradoiros de xogos co alumnado de 3º e 4º:





sábado, 24 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Onte celebramos que hai 137 naceu, en Santiago de Compostela unha das escritoras máis famosas na nosa lingua, Rosalía de Castro.

O departamento de Dinamización da lingua invitounos a participar nun xogo e nas clases foron aparecendo cartas con selos de Rosalía onde se nos facía unha pregunta e se nos invitaba a atopar a resposta para gañar unha peza dun crebacabezas. Pinchade na imaxe para ver todo o que aconteceu:



O alumnado de 3, que non coñecía a Rosalía despois de investigar, aprendeu esta pequena poesía da autora :


Non deixedes de visitar o blog Habelas Hainas 7.0 do departamento de Dinamización!







VISITOUNOS ALBERTO SEOANE

 Onte o alumnado de quinto tivo a gran sorte de poder entrevistar a Alberto Seoane, deportista Paralímpico na modalidade de tenis de mesa.



Se tes ganas de entrenar con Alberto non deixes de ver este vídeo:




E para saber máis cousas sobre el mira a súa páxina web.

GRAZAS ALBERTO!

viernes, 23 de febrero de 2024

NOVIDADES

Bótalle un ollo á nosa sección de novidades:



martes, 20 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS PARA 3º E 4º.

 Calentade motores, que o vindeiro martes toca XOGARRRRRR!



domingo, 18 de febrero de 2024

CLUB DE LECTURA

 O pasado venres tivemos unha reunión moi especial do club de lectura:

Primeiro, vimos a  presentación do libro que imos ler agora "La lección de August" de R. J. Palacios e falamos un pouco da primeira parte que limos. As impresións son moi boas xa que non sabiamos que estaba baseado nunha historia real.


Logo, abrimos o agasallo que nos mandou Silvia Aliaga:



Silvia, nos hizo mucha ilusión tu regalo. ¡Muchas gracias por tomarte la molestia de enviarnos este paquete, aquí tienes unos fans que nunca se van a olvidar de este detalle y que están deseando leer tus otros libros!


OBRADOIROS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil rematou hoxe o último dos obradoiros de entroido, este ano adicado a TURBO, un caracol que quere gañar unha carreira.

Os peques, en grupos de nenos e nenas de 3,4 e 5, foron pasando polos diferentes obradoiros e traballando nas diferentes propostas.









Tamén tivemos o noso propio circuito de carreiras de Turbos:




viernes, 16 de febrero de 2024

UN ENTROIDO BUFOLÍMPICO!

 Como non podía ser doutra maneira adicamos o entroido ao noso proxecto sobre as olmpíadas.

Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.



La lección de August

 Este é o novo libro que comezamos no CLUB DE LECTURA.


Deixámosvos por aquí unha entrevista á autora R.J. Palacios


E, un booktrailer do libro:


Desexando escoitarvos!

jueves, 15 de febrero de 2024

PARABÉNS CHELO!

 E un ano máis queremos felicitar a Chelo Loureiro polo seu terceiro Goya!!!! Lembrámosvos que Chelo é a avoa de Marco e Nico Testa.


Lembramos cando veu facernos unha visita o ben que o pasamos con ela:


NORABOA A ESTA SÚPER AVOA!!!!! Estamos moir orgullosos de ti!





jueves, 8 de febrero de 2024

DISFRACES FEITOS A MAN

 Mañán teremos unha festa de entroido olímpica e o alumnado de sexto está a apurar as últimas horas para rematar os seus disfraces:






martes, 6 de febrero de 2024

O DEPORTE

 Neste cole sabemos que o deporte é moi importante para unha vida sa, por iso sempre está presente nas nosas programacións adicándolle un lugar especial este curso coas BUFOLIMPÍADAS.

É por iso que hoxe os peques de infantil saímos dar un paseíño nas bicis. Cada día imos perdéndolle o medo, gañamos en equilibrio, en motricidade, en coordinación... e pasámolo xenial!



MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS

 Lembrade que temos a disposición de toda a comunidade as nosas mochilas viaxeiras!!!!

Que podedes levar para casa para ler con tranquilidade!

O único que tedes que facer é pinchar neste enlace e escoller a mochila que máis se adapte aos vosos gustos. E se xa colliches unha, podes repetir!!!!!



TEMOS UNHA CARTA!

 Acabamos de recibir unha carta dunha remitente moi especial á que lle deixamos unha mensaxe o pasado trimestre!

Que ganas de que chegue o día do club de lectura!






lunes, 5 de febrero de 2024

COÑECENDO A KANDINSKY

 Para traballar a grafomotricidade nos recantos, a profe ensinounos un pintor moi famoso que ten cadros con moitas cores chamado Kandinsky.

Así fixemos, os peques de 3 anos,  as nosas obras de arte, a que quedaron xeniales?



sábado, 3 de febrero de 2024

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

 Onte o alumnado de 3 anos tivo o seu primeiro contacto coa robótica e o resultado foi moi bo: foi unha actividade moi motivadora ( o tren levaba en clase varios días o que creou moita expectación), traballamos en equipo cooperando uns con outros, seguimos a técnica de ensaio-erro e puxemos a funcionar o pensamento lóxico e a resolución de problemas e todo isto xogando, rindo e facendo que o tempo de clase fose moi curtiño.


CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos unha tarde moi divertida co noso tan especial CONTACONTOS EN FAMILIA.

Desta volta estreáronse Laia, Valentina e Miriam contando soas. A verdade é que levan moito tempo preparándoo porque tiñan moitas ganas de compartir con todos a súa lectura. Contáronnos Unha carta para Papá Noel.


Logo tocoulle a quenda a Eoa, Emma e Ada que nos leron El gran día de Elmer.


Leo e Gema leváronnos a unha festa de osos con Simplemente Ted.

E, por último, María levounos de caza e puxémonos todos en pé para acompañala co conto Imos cazar un oso.


Mandamos un abrazo grande a María e a Héctor que tiñan previsto acompañarnos esta tarde e compartir un contiño con nós pero non puideron.

MOITAS GRAZAS A TODOS os que nos acompañástedes nesta tarde! Esperamos con ganas o vindeiro contacontos!







viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Seguindo co proxecto do cole, as Bufolimpíadas, celebramos o DÍA DA PAZ poñendo en valor todos aqueles aspectos relacionados coa deportividade: cooperación, axuda, respecto....

Para isto realizamos carreiras de relevos con obstáculos. Podedes ver o vídeo resumo pinchando na imaxe:



CONCLUSIÓNS CLUB DE LECTURA

 A semana pasada rematamos o libro "Campo de fresas" de Jordi Sierra I Fabra, estas son as nosas conclusións:


"El libro me gustó mucho y el final me pareció impactante"

"Yo creo que da una enseñanza de la vida, de lo que podría pasar"

"El final me pareció magistral, épico y genial"

"Todo lo que hagas no se puede cambiar"

"El libro me ha parecido muy chuli. Ha estado muy bien pero el final fue un poco confuso. Pero me ha gustado mucho"

"Me pareció muy interesante. Lo que me sorprendió fue que Luciana sobreviviera. Me gustó mucho"

"Me ha parecido muy chulo, con su misterio hace que me intrigue y sus momentos de acción son muy buenos. En general le doy una reseña positiva. Su mensaje es muy real y muestra una realidad que aún persiste a día de hoy"

"A mí me gustó pero me pareció un poco avanzado para nuestra edad"

"No me lo esperaba"

"A mí el principio no me gustó mucho pero lo demás me encantó, aunque es un final muy corto"

"Me gustó mucho pero siento que el final es corto, quería un final impactante con más detalles. Espero que haya una segunda parte"

Como aínda non quedamos a gusto, pedímoslle que nos resumiran as súas imprensións/ideas do libro nunha soa palabra. E isto foi o que xurdiu:

A verdade é que estos rapaces están a sorprendernos moito. A ver que nos depara o seguinte libro!



jueves, 1 de febrero de 2024

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: ESQUÍ

 Aínda que sabemos que é un deporte das olimpíadas de inverno, non podíamos deixar de asociar o inverno con este deporte tan popular. 

Todo infantil está a traballar este deporte, de feito, na entrada ao cole podedes ver este gran mural onde os nosos pequenos están a xogar coa neve e a facer diferentes deportes de inverno.


O alumnado de 4 fixo uns fantásticos debuxos onde se representan esquiande, mirade a ver se sodes quen de identificalos:







Hoxe puxemos en práctica todo o que levamos aprendido de este fantástico deporte, queredes velo?






CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 Onte pasamos unha tarde fantástica que se nos fixo moi curta: xogamos, cantamos, debatimos e tratamos de buscar ideas para deixar un mundo mellor para os nosos pequenos...

Grazas a todas (e a el) que onte  demostráchedes que a lectura é mellor en compañía!
Deixámosvos por aquí a presentación que usamos para guiar o club:



 Vémonos na seguinte!