viernes, 18 de junio de 2021

O PREGÓN DE XUÑO

Xa podedes consultar as recomendacións do Bufolector para ler este verán:

 

Pregón xuño by Bufolector on Scribd


Se queredes, podedes mandar as vosas recomendacións a bufolector@gmail.com e publicarémolas. 

ARTE CON LIBROS

 Coñecedes a James Trevino? É un dos bookstagrammers máis coñecidos. 

En moitísimas poses Trevino posa cos seus libros creando unhas obras de arte impresionantes.


















jueves, 17 de junio de 2021

Gañadora concurso "DESEÑA O TEU CHAVEIRO"

Nestes días entregarémoslles aos nenos/as o chaveiro feito coa impresora 3D.
Lembrade que había que facer un debuxo dun invento do século XX e explicalo.
A gañadora foi DANIELA TAIBO  de 3ºB
NORABOA DANIELA!!!!!!!

E grazas a todos os participantes!









martes, 15 de junio de 2021

REVISTA PUNTO E COMA

 Xa temos publicada, de manera online, a revista PUNTO E COMA, na que participa todo o cole e coordina o departamento de dinamización.

Pincha na revista para vela:


E non deixedes de visitar o blog de dinamización lingüística do cole, veredes cousas fantásticas: 

http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com/


MOEDAS DO MUNDIAL

 Xa que estamos coa Eurocopa non podemos deixar escapar o momento para lembrar as moedas do mundial 82.

Para os que non o saiban, daquela non había Euros, comprábamos as cousas con pesetas.





jueves, 10 de junio de 2021

ALCALDÍA DE SEGUNDO

"Alcaldesa vermella é  o título dun dos libros que leron este curso os nenos e nenas de segundo.


E gustoulles tanto que decidiron elexir aos alcaldes e alcaldesas de segundo: cos seus candidatos,  seu programa electoral, seus carteis, as papeletas e os votantes!!!!!









miércoles, 9 de junio de 2021

A PRAIA EN 1929

 Hoxe na Voz de Galicia publicaban un artigo sobre a praia en 1929.

Chama a atención que non se podía facer tertulias en bañador nin tomar o sol se non era baixo prescripción médica. A maneira adecuada de estar na praia era con traxe de rúa ou albornoz, senón acatabas as normas podían poñerche unha multa!

Na imaxe podedes ver a praia de Riazor a principios do século XX.

Se queredes máis información non deixedes de ler  o artigo enteiro

martes, 8 de junio de 2021

TEATRO EMOCIÓNS

 O alumnado de 2º, na asignatura de valores sociais e cívicos, traballou as emocións.  

Como proxecto final fixeron unha obra de teatro que hoxe queren compartir con todos nós.

ATENCIÓN!!!! Porque tanto o guión como a escolla de personaxes e escenarios e todo inventado por eles.


lunes, 7 de junio de 2021

"ANTIGÜIDADES"

 Así chaman estes rapaces de primeiro a todos estos obxectos que hai nada eran de uso cotiá!!!!!







Todo o que estamos a aprender sobre o século pasado!!!!

miércoles, 2 de junio de 2021

BUFOPERCORRENDO O SÉCULO XX

Despois destes dous cursos tan complicados damos por finalizado o noso proxecto do SÉCULO XX

A nosa primeira idea era facer unha FEIRA HISTÓRICA, pero por mor do COVID non foi posible.

Deixámosvos o noso traballo, no que xa veredes,  hai unha importante labor de investigación.

Traballamos a busca, a selección e o tratamento da información. 

Dende a biblioteca queremos agradecer a labor dos profes pola súa gran implicación e, como non, das familias (sen elas todo isto é un sono).

Alo vai este fantástico traballo:

DÉCADA 1900-1910 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1910-1920 

Hecho con Padlet


DÉCADA 1920-1930 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1930-1940

Hecho con Padlet


DÉCADA 1940-1950

Hecho con Padlet


DÉCADA 1950-1960

Hecho con Padlet


DÉCADA 1960-1970

Hecho con Padlet


DÉCADA 1970-1980

Hecho con Padlet


DÉCADA 1980-1990

Hecho con Padlet


DÉCADA 1990-2000

Hecho con Padlet