sábado, 31 de octubre de 2020
Aínda que non podemos xuntarnos con todos os nosos compañeiros do cole esta semana estivemos celebrando o Samaín.
Cada aula celebrouno ao seu modo (en breve poderedes ver contos e cousiñas que se fixeron polo cole).
Hoxe queremos ensinarvos o que fixeron os pequenos:
O primeiro foi que cada día contamos un conto de medo.
jueves, 29 de octubre de 2020
Xa comezaron a viaxar os libros para ás casas!
Hoxe os pequenos do cole estrearon as bolsas que lles regalou o BUFOLECTOR. Nelas meteron un libro dos que lles prestou e seguro que agora o están a ler coas súas familias.
QUE CONTENTOS E CONTENTAS ÍAN!
Lembrade que non fai falta desinfectalos. Xa pasaron a coarentena correspondente.
Xa temos a entrada decorada coa temática deste curso "AFONDAMOS NO SÉCULO XX".
Desta vez os cursos de primeiro e segundo quixeron lembrar os persoaxes animados do século pasado. Mirade que ben quedou!
lunes, 26 de octubre de 2020
Como este ano a biblioteca do cole permanecerá pechada ata que cambie a situación, os nenos e nenas de primaria xa recolleron os libros que van formar parte da súa biblioteca de aula este trimestre.
Lembrade que estes libros poden levarse para casa como se os collésedes na biblio.
O sábado 24 foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Como xa é costume, para conmemorar esta data, repartíronse as mochilas viaxeiras que comezarán a viaxar por todas as casas.
LEMBRADE QUE É UN MATERIAL PARA PASALO BEN EN FAMILIA E NON TEN QUE SER UNHA OBRIGA NIN ALGO TEDIOSO.
COMEZADE POLO QUE MÁIS VOS CHAME A ATENCIÓN.
COMO É PARA COMPARTIR TEDES QUE TRATAR OS MATERIAIS CON AGARIMO, PARA QUE CHEGUE A TODOS.
NON FAI FALTA DESINFECTALOS AO CHEGA A CASA, NO COLE PASARÁN A CORRESPONDENTE CUARENTENA.
TODO O MATERIAL QUE VAI NELAS ESTÁ ESCOLLIDO CON AGARIMO, DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.
miércoles, 21 de octubre de 2020
Algunhas escritoras do século XX....
CLARA CAMPOAMOR (1888-1972): Escritora española, política e defensora dos dereitos da muller. Está considerada unha das impulsoras do voto feminino en España e diso escribiu varios ensaios.
CONCHA MÉNDEZ ( 1898-1986) : É unha das escritoras españolas que se inclúe entre "As sinsombrero". A súa obra poética é moi extensa e abarca prácticamente toda a súa vida . É ademais autora dunha decena de obras de teatro.
MARÍA MOLINER (1900-1981) :Colaborou con diferentes institucións educativas e dirixiu a biblioteca de Valencia durante a Guerra Civil. Represaliada e descendida no escalafón, a partir de 1950 centrouse na súa pasión polas palabras que finalizou coa publicación do "Diccionario de Uso del Español".
MARÍA ZAMBRANO (1904-1991): Premio Príncipe de Asturias e Premio Cervantes. Está considerada como unha das pensadoras máis importantes do século XX.
GLORIA FUERTES (1917-1998): escribiu teatro e poesía infantil e literatura de adultos. A súa poesía infantil tivo moita difusión na televisión.
CARMEN MARTÍN GAITE (1925-2000): escribiu narrativa, ensaio e poesía. Ganou moitos premios coa súa obra, entre eles o Príncipe de Asturias en 1998.
ANA MARÍA MATUTE (1914-2014): foi nomeada a mellor novelista da Posguerra e formou parte da Real Academia das Letras. Obtivo moitísimos premios, entre eles o Cervantes no 2010.
Se pinchas en cada escritora podrás coñecer máis acerca dela.
Estas son algunhas que seleccionamos nós. Seguro que coñecedes máis.
martes, 20 de octubre de 2020
Temos unha nova xeración no cole!
Xa están adaptados e preparados para coñecer ao Bufolector!
Benvid@s!!!
miércoles, 14 de octubre de 2020
miércoles, 7 de octubre de 2020