viernes, 28 de febrero de 2020

UN ENTROIDO DO SÉCULO XX

Xa temos a presentación do entroido.
Lembramos que a temática era o século XX.
Así, poderedes ver:
3 anos: 1900-1910: personaxes dun cadro de  Sorolla (se mirades ben, tamén atoparedes ao mismísimo Sorolla)
4 anos: 1910-1920 : Mary poppins, aínda que a película é de máis adiante, a moda que se respresenta é desta época.
5 anos: 1920-1930: Os tolos anos 20
1º: 1940-1950: Inventos desta década
2º: 1970-1980: Os paiasos da tele
3º: 1980-1990: Personaxes e moda da época
4º: 1990-2000: As películas de Harry Potter
5º: 1960-1970: Hippies
6º: 1930-1940: "Hobbit" de J.R.R Tolkien, libro de 1937



CONTACONTOS MARZO


ESPERÁMOSVOS!

jueves, 27 de febrero de 2020

OBRADOIROS DE ENTROIDO

Para celebrar o entroido, o ciclo de infantil traballou unha película do século XX, do seguinte modo:

O primeiro que fixemos foi ver a película en dúas sesións, poñendo especial atención ao vestiario dos actores e actrices xa que era de principios do século.
Logo fixemos seis grupos con nenas e nenos de 3,4 e 5. Que ben se traballa en equipo!!!
E puxémonos a traballar nos obradoiros que duraron 2 días.
Os obradoiros foron:
Cociña, onde fixemos a píldora con azucre.
Photocall
Marcapáxinas
Sombreiros
Baile e karaoke
Robótica, onde xogamos a oca de Mary Poppins e tivemos que levar a Mary Poppins do parque á casa resolvendo as trabas que aparecían co lego.
Mirade que ben o pasamos:

jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, como imos estar ocupados no entroido, deixámosvos agora a nosa pequena homenaxe.
Este audioconto está feito por todos, participou dende o alumnado de 3 anos ata o de sexto e está coordinado polo departamento de Dinamización lingüística:


miércoles, 19 de febrero de 2020

ESCOITAVENTURAS. 2ª sesión

Hoxe tivemos a gran sorte de escoitar á profe Mavi lernos este libro:

Foi unha sesión fantástica onde non faltaron as gargalladas:






A profe deixounos en suspense así que se queredes saber como remata a historia xa sabedes onde atopar o libro: 82N-G (cor vermella e letra H).

VÉMONOS NA SEGUINTE ESCOITAVENTURA!!!!!

O XOGO DO ENTROIDO

Dende o "Portal das palabras", páxina da RAG e da Fundación Barrie, chéganos este xogo sobre o entroido.
ATRÉVESTE?

viernes, 14 de febrero de 2020

A ORIXE DO NOSO COLE

Como ben os podedes imaxinar o noso centro é do século XX. Pero non sempre se chamou Ceip Sofía Casanova.

Ao principio de todo chamábase AGRUPACIÓN MIXTA DE VILABOA e estaba na avenida de Vilaboa onde agora hai unha oficina de Abanca.

O 17 de abril de 1981 inaugurouse o edificio que agora é primaria e o colexio chamábase COLEXIO COMARCAL PÚBLICO DE VILABOA.

o 16 de xaneiro de 1984 acordouse aceptar a proposta de inspección educativa de que o nome novo fose CEIP SOFÍA CASANOVA.

Aquí vos deixamos a revista do XXV aniversario do cole onde podedes ver moitos datos do cole.

martes, 11 de febrero de 2020

MÚSICA DA DÉCADA DOS 50

A IGUAL QUE A CADA NIVEL, AO BUFOLECTOR TOCOULLE INVESTIGAR UNHA DÉCADA: A DOS ANOS 50.
E PESCUDANDO POLA RED TOPOUSE ESTA RECOPILACIÓN DE CANTIGAS E LEMBROULLE MOITO Á SÚA AVOA PORQUE ERAN AS QUE ELA CANTABA.



E VÓS? TENDES ALGUNHA CANCIÓN ESPECIAL DOS VOSOS AVÓS/AS?



ESCOITAVENTURAS

O vindeiro mércores teremos unha nova sesión de ESCOITAVENTURAS. 
Non volo podedes perder!!!


jueves, 6 de febrero de 2020

RECUNCHO DE ESPERA

Estamos a espallar a biblioteca polo noso cole!
Acabamos de montar un recuncho de lectura para os tempos de espera, para as mamás, papás, avós, avoas, tías, tíos, nenas e nenos que teñan que esperar por algo.



Agora si que vai molar esperar!

martes, 4 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

Deixámosvos unha pequena mostra da celebración do DÍA DA PAZ no cole:

lunes, 3 de febrero de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA

O pasado venres tivemos unha  sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA fantástica!

Escoitamos primeiro a Sara e Pablo que contaron "Este cuento se ha vuelto loco"

Logo, Montse e Aloia leron "Un león dentro"

Por último, Mónica e David encandiláronnos con "Princesa Kevin".

Como podedes ver a biblioteca estaba chea. Así da gusto!

Gracias a todos! Vémonos na seguinte!