viernes, 14 de febrero de 2020

A ORIXE DO NOSO COLE

Como ben os podedes imaxinar o noso centro é do século XX. Pero non sempre se chamou Ceip Sofía Casanova.

Ao principio de todo chamábase AGRUPACIÓN MIXTA DE VILABOA e estaba na avenida de Vilaboa onde agora hai unha oficina de Abanca.

O 17 de abril de 1981 inaugurouse o edificio que agora é primaria e o colexio chamábase COLEXIO COMARCAL PÚBLICO DE VILABOA.

o 16 de xaneiro de 1984 acordouse aceptar a proposta de inspección educativa de que o nome novo fose CEIP SOFÍA CASANOVA.

Aquí vos deixamos a revista do XXV aniversario do cole onde podedes ver moitos datos do cole.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale

Anónimo dijo...

¿ Cuándo es el cuenta cuentos?

Publicar un comentario