Mostrando entradas con la etiqueta mulleres interesantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mulleres interesantes. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

 A pesares da gran cantidade de baixas que tivemos onte, pasamos unha tarde do máis agradable xunto á autora, María Rei Vilas.

O libro trata sobre Camila, que  viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.

É un libro escrito con moito agarimo, onde os detalles están moi coidados e as tramas entrelázanse ata facernos ver que todo o que a autora nos conta ten moito de verdade.

Queremos darlle as grazas a María, por achegarse ao noso cole e falarnos de como xestou o libro, das súas emocións, por conectarnos coa realidade e contarnos a parte autobiográfica do mesmo. Grazas tamén por mostrarte tan cercana e por crear un ambiente tan agradable que parecía que nos coñecíamos de toda a vida. Foron dúas horas que pareceron 10 minutos pero de boa gana estaríamos outras dúas máis.
Desexarche tamén moita sorte nos novos proxectos, aínda que estamos seguras de que non a necesitas pola gran calidade que tes e pola gran persoa que es!






lunes, 23 de febrero de 2026

MULLERES NA HISTORIA

 Agora que se achega o 8 de marzo, deixámosvos por aquí esta fantástica cantiga sobre diferentes mulleres que marcaron unha época.

Non deixes de escoitala!


Idea original y letra: Irene Rivera (Iremusical) Producción musical: Javier Quiñones Grabación y montaje: Álvaro Sánchez @isolvaro Personajes (por orden de intervención): CLEOPATRA: Iremusical HIPATIA: Mai Martín JUANA DE CASTILLA: Beatriz Pastor SOFONISBA: Alba Rivera CLARA CAMPOAMOR: Carmen Oropesa HEDY LAMARR: Patry de la Torre

martes, 7 de marzo de 2023

8 M: ELAS SON DE CIENCIAS

O alumnado de 4 anos fixo un resumo de todas as mulleres científicas e galegas:



Neste día tan sinalado non podemos esquencer a grandes   mulleres que fixeron historia:


Por aquí vos deixamos algunha das informacións coas que nós traballamos:


Hecho con Padlet

sábado, 11 de febrero de 2023

11 de febreiro: POR QUE CELEBRAMOS ESTE DÍA?

 Hoxe celebramos o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, afortunadamente estas novas xeracións non teñen prexuizos. Quen sabe se estamos ante os futuros científicos? Dende logo, levan un bo camiño....





martes, 8 de marzo de 2022

AS NOSAS AVOAS

En educación infantil estamos traballando a ADMIRACIÓN e queremos lembrarnos, neste 8 de marzo, das nosas AVOAS, que tanto fan polas nosas familias. Aló vai a nosa homenaxe:


 


MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

8M: Mulleres polo medio ambiente

 Neste 8M lembramos a mulleres que coas súas actividades na defensa ou na mellora do medio ambiente contribuiron a cambir o mundo:

 Berta Cáceres

 Rachel Carson

 Jane Goodall

 Wangari Maathai

 Vandana Shiva

 Lois Gibbs

 Dian Fossey

 Greta Thunberg

Mª Sybilla Merian
 Mindy Lubber

 Nemonte Nenquimo

 Julia Carabias Lillo
 Nzambi Matee
Fatemah Alzelzela
 Xiaoyuan Ren
 Niria Alicia García

 Todas estas mulleres, co seu traballo, fixeron e están facendo, que o planeta sexa un lugar mellor. Anímovos a buscar máis sobre elas (podedes pinchas nos enlaces de abaixo).

miércoles, 5 de mayo de 2021

ABECEDARIO MULLERES ANOS 30

 O traballo de investigación sobre o século XX comeza a dar os seus froitos.

Proba disto é este impresionante abecedario sobre mulleres destacadas da década dos 30. 

Lede con calma, porque seguro que vos impresionará!


miércoles, 14 de abril de 2021

SOFÍA CASANOVA, A OBREIRA DE PENSAMENTO

 Acaba de dar comezo a gravación da miniserie que ten como protagonista á muller que lle da nome ao noso centro.

O escenario elixido para rodar é a provincia da Coruña, entre outros sitios Mera, Oleiros, Lorbé.... 

Estaremos moi atentos para poder vela!


Para máis información pincha aquí.


viernes, 5 de marzo de 2021

UN SÉCULO DE MULLERES

Como xa sabedes, o luns comemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Este ano quixemos facer unha pequena homenaxe a GRANDES MULLERES do século XX que destacaron na súa profesión.

Sabemos que non están todas as que son, que hai moitísimas "SUPERWOMAN" entre as que podemos destacar as nosas avoas, nais, profes... e (este ano máis que nunca) médicas, enfermeiras... 

GRACIAS A TODAS PORQUE SODES UN ESPELLO NO QUE MIRARNOS E PORQUE FACEDES QUE NOS SINTAMOS ORGULLOSAS DE SER MULLERES!!!!!!



viernes, 6 de marzo de 2020

STRONG WOMEN FONT

Manu Arranz, tamén coñecido como 7 Codos preséntanos este alfabeto que rinde homenaxe ás grandes mulleres  da historia.

Todo comezou co reto 36 Days Of Type no que en cada edición miles de diseñadores dan a súa visión do mundo a través da tipografía. Durante 36 días seguidos teñen que compartir nas súas redes sociais os seus diseños de letras e números.



Como vedes, con este alfabeto, lémbrase a mulleres tan importantes como Valentina Tereshkova (primeira muller en viaxar ao espacio), Kathrine Switzer (primeira muller en correr e completar unha maratón, cando só o facían os homes) e Alice Paul (unha gran loitadora polo voto feminino da muller en E.E.U.U.).

Anímaste a descubrir por que foron tan importantes as outras mulleres?

FUENTE: La criatura creativa. https://lacriaturacreativa.com/



lunes, 2 de marzo de 2020

OS ESCORNABOTS E O SÉCULO XX

En 5 anos tiñamos pensado presentarvos os nosos descubrimentos da década dos 20 a través dos Escornabots.
Para iso comezamos cun taboleiro de Maruja Mallo.




Para aprender a usalos, introducímolos nos recantos de aula, así, mentres os compañeiros están traballando noutras cousas, hai un grupo que está manexando os escornabots.








A idea é que os nenos e nenas coñezan perfectamente o seu funcionamento, para que, o día da feira, sexan quen de explicarllos ás súas familias.

Xa estamos elaborando o taboleiro de Sofía Casanova, estade atentos!

jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, como imos estar ocupados no entroido, deixámosvos agora a nosa pequena homenaxe.
Este audioconto está feito por todos, participou dende o alumnado de 3 anos ata o de sexto e está coordinado polo departamento de Dinamización lingüística:


miércoles, 22 de enero de 2020

FALANDO DO SÉCULO XX. cap. 2: SOFÍA CASANOVA

Sabedes a quen está adicado o nome do noso cole? Sabedes quen era Sofía Casanova? Estes nenos e nenas de 5 anos, despois dun importante traballo de investigación, contannolo:


viernes, 10 de enero de 2020

SOFÍA CASANOVA

Sabedes quen era Sofía Casanova? Por que o noso colexio ten o seu nome?
O alumnado de 5  anos leva un tempiño investigando a vida desta muller tan interesante porque fixo unha labor importante durante a década dos anos 20.

Aquí vos deixamos un resumo do que aprenderon:

Destacar que o 16 de xaneiro fai 62 anos do seu pasamento. Que era unha muller que falaba máis de sete idiomas, que naceu en Almeiras pero percorreu medio mundo e que tivo unha vida moi interesante. Foi sen dúbida unha muller adiantada a súa época.

Aquí vos deixamos unhas artistadas que fixeron os pequenos/as coa súa figura:






sábado, 21 de diciembre de 2019

CALENDARIO 2020

Hoxe imos presumir de calendario.
Xa sabiamos que tiñamos artistas na escola, pero este ano o calendario é espectacular.
Os/as que o tedes en casa xa víchedes que comeza coa construción do primeiro microscopio en 1931.
(Debuxo de Martín Rodríguez Osende).

Pero e que ademais, cada mes está adicado a 12 mulleres fantásticas do século XX:
Ana Kiro por Roi Fernández.

Emilia Pardo Bazán por Unai Romero.
Fina Casalderrey por Luna Pizarro.
Sofía Casanova por Adriana Domínguez.
María Miramontes por María Camba.
Maruja Mallo debuxado por Natalia Bautista e coloreado por Nerea Barral.

 Sés por Hugo Castelo.

María Casares por Mara Rodríguez.
María Victoria Moreno por David Henrique.
Luz Casal por Aitor Cano.
Rosalía Mera por Román Rodríguez.
Cristina Pato por Romaysa Achahbar.

Como se pode apreciar o almanaque está feito con moito agarimo grazas á coordinación do equipo de dinamización do centro.
Esperamos que o recibades co mesmo agarimo e que vos guste tanto como a nós.
FELIZ NADAL E QUE TEÑADES UN ANO 2020 CHEO DE BOAS LECTURAS.