jueves, 26 de marzo de 2026
O BUFOPREGUNTÓN
A primeira pista sairá o LUNS 6 DE ABRL!!!!!
Lembramos o modo de participación:
- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.
- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.
- Cada día sairá unha pista nova.
-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.
-Podedes responder na entrada do blog na que colgamos a pista.
- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)
- A temática é a HISTORIA.
A familia que o acerte de primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible.
Xa sabedes... a investigar en familia!
As pistas sairán ás 16:15 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación.
Comezamos o LUNS 6 DE ABRIL!!!!!
lunes, 23 de febrero de 2026
Agora que se achega o 8 de marzo, deixámosvos por aquí esta fantástica cantiga sobre diferentes mulleres que marcaron unha época.
Non deixes de escoitala!
viernes, 15 de diciembre de 2023
Hoy empezamos con este libro que para nós é xa un clásico.
Esperamos sacarlle partido e que vos guste como a nós:
miércoles, 2 de junio de 2021
lunes, 22 de febrero de 2021
O 23 de febreiro de 1981 (fai mañá 40 anos) produciuse, en España, un intento de golpe de Estado.
Numerosos gardas civís comandados por Antonio Tejero irrumpiron no Congreso dos Diputados cando estaban votando para investir a Leopoldo Calvo Sotelo como presidente do Goberno.
Nestes 10 minutos de video podes ver as causas e as consecuencias dese día:
sábado, 25 de abril de 2020
Nenos, nenas, mamás, papás, avós, avoas e demais persoas... todos podedes xogar e poñer a proba os vosos coñecementos da historia do século XX.
Estades preparados? Pois aló vai...
martes, 14 de abril de 2020
Viaxaban 2223 persoas, das que morreron 1514.
Algunhas das curiosidades sobre este acontecemento:
- O 1 de setembro de 1985 descubriuse o barco a 340 millas de Newfounland (Canadá).
- O libro Futility, de Morgan Robertson en 1898, predixo o afundimento dun trasatlántico en circunstancias parecidas.
- A última supervivinte morreu en 2009 con 97 anos. Tiña 9 semanas cando viaxaba no Titanic.
- Como querían evitar a mala sorte non había camarote número 13.
- O Titanic está a 3.800 metros baixo as augas de alta mar. É dicir, en augas internacionais. Está baixo a xuridisción da Unesco.
- O Titanic é o barco máis famoso do mundo, del escribíronse libros, cancións, memoriais, exposicións e películas.
FONTE: https://www.elpais.com.uy/mundo/anos-hundimiento-titanic-diez-curiosidades-tres-teorias-naufragio.html
https://www.youtube.com/watch?v=G4LeY8IIbHA
lunes, 2 de marzo de 2020
viernes, 14 de febrero de 2020
Ao principio de todo chamábase AGRUPACIÓN MIXTA DE VILABOA e estaba na avenida de Vilaboa onde agora hai unha oficina de Abanca.
O 17 de abril de 1981 inaugurouse o edificio que agora é primaria e o colexio chamábase COLEXIO COMARCAL PÚBLICO DE VILABOA.
o 16 de xaneiro de 1984 acordouse aceptar a proposta de inspección educativa de que o nome novo fose CEIP SOFÍA CASANOVA.
Aquí vos deixamos a revista do XXV aniversario do cole onde podedes ver moitos datos do cole.
viernes, 24 de enero de 2020
(link is external) proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto.
Máis información aquí
Hoxe no club de lectura, falando do libro "Cuando Hitler robó el conejo rosa" saliu o tema dos españois que estiveron no campo de concentración en Mathausen.
Deixámosvos o documental que vimos.


