martes, 14 de abril de 2020

O TITANIC

A noite do 14 ao 15 de abril de 1912 afundiuse o RMS TITANIC. Era o maior trasatlántico británico do mundo e chocou cun icerbeg no seu primeiro viaxe dende Southampton a Nova York.

Viaxaban 2223 persoas, das que morreron 1514.


Deixámosvos un video coa recreación da traxedia:





Algunhas das curiosidades sobre este acontecemento:

- O 1 de setembro de 1985 descubriuse o barco a 340 millas de Newfounland (Canadá).

- O libro Futility, de Morgan Robertson en 1898,  predixo o afundimento dun trasatlántico en circunstancias parecidas.

- A última supervivinte morreu en 2009 con 97 anos. Tiña 9 semanas cando viaxaba no Titanic. 

- Como querían evitar a mala sorte non había camarote número 13. 

- O Titanic está a 3.800 metros baixo as augas de alta mar. É dicir, en augas internacionais. Está baixo a xuridisción da Unesco. 

- O Titanic é o barco máis famoso do mundo, del escribíronse libros, cancións, memoriais, exposicións e películas. 

FONTE: https://www.elpais.com.uy/mundo/anos-hundimiento-titanic-diez-curiosidades-tres-teorias-naufragio.html
https://www.youtube.com/watch?v=G4LeY8IIbHA

0 comentarios:

Publicar un comentario