Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pintura. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de noviembre de 2022

MUSEO DE BELAS ARTES

 Hoxe, ao alumnado de infantil, tocounos experimentar coa arte:









martes, 26 de abril de 2022

INFANTIL VAI DE MUSEO

 "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil. 

Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.












miércoles, 7 de octubre de 2020

SALÓN DE OUTONO

 


O SALÓN DE OUTONO foi creado en París en 1903 co obxectivo de ofrecer apoio aos artistas máis novos e dar a coñecer o impresionismo.

O Salón de otutono distínguese polo su carácter multidisciplinar, xa que nel expóñense pinturas, esculturas, fotografías,​ debuxos, grabados e artes aplicadas.


Se queredes saber máis pinchade aquí


sábado, 16 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Érika

Érika escolleu o cadro das Lavandeiras de Colmeiro e cóntanos esta bonita historia:


CÓNTAME UN CADRO. Carolina

Carolina escolleu un cadro de María Antonia Dans e recita un verso inspirado nel:


CÓNTAME UN CADRO. Carla

Carla, fixo a súa versión dun autoretrato de  Maruja Mallo e escribiu estes versos:


CÓNTAME UN CADRO. Nando

Nando baseouse nun cadro de Maruja Mallo e fixo unha bonita poesía:


viernes, 15 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Alba

Alba cóntanos unha historia que lle aconteceu cos seus amigos. Atención á súa versión do cadro de Lugrís, é fantástica!



jueves, 14 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Martín

Martín preséntanos unha emocionante historia de aventuras baseada en dos cadros de Urbano Lugrís.


CÓNTAME UN CADRO. BRAIS

Brais preséntanos a súa versión dun cadro e fainos unha adiviña. Serás quen de acertala antes de que diga a resposta?

martes, 12 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Aitor

Aitor cóntanos o cadro de Miró "A muller con sombreiro".


CÓNTAME UN CADRO. Laia

Laia versiona e fala sobre un cadro de Miró:


lunes, 11 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. LÚA

Lúa, ademáis de buscar unha palabra que lle acae perfectamente ao cadro que nos amosa, reproduciu a obra como unha verdadera artista:


CÓNTAME UN CADRO. Hugo e Lucía

Aquí chega a primeira historia sobre un cadro galego do século XX.
O autor é Manuel Aramburu. O cadro é de 1956 e titúlase "Camiño aos cruceiros de Combarro á Armenteira".


viernes, 8 de mayo de 2020

Certame "Textos con arte"

Como vos anunciamos hai pouco, aquí vos deixamos as bases para participar no Certame "Letras con arte" convocado polo departamento de dinamización:


Lembrade que é compatible coa proposta da biblio de "Cóntame un cadro galego do século XX" . Unha vez que teñades o texto, sacade o voso lado interpretativo e grvádevos contando a historia. Podedes participar toda a familia. 

miércoles, 6 de mayo de 2020

"CÓNTAME UN CADRO GALEGO DO SÉCULO XX"

ATENCIÓN!!!!! ACTUALIZAMOS O RETO. LEDE AS BASES. Se xa o fixéchedes, publicarémolo igual. Senón, atendede ás novas bases

Hoxe traémosvos un novo reto.

Como o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está moi preto, convidámosvos a facer unha nova actividade na que combinamos as letras galegas coa arte galega do século XX.

Para participar tedes que ESCOLLER unha pintura dun autor ou autora galega do século XX (nós propoñémosvos algunha) e ESCRIBIR un relato  en GALEGO (non importa o tamaño) relacionado con ese cadro. GRAVAR un video lendo contando  ou interpretando o relato e MANDALO ao correo do bufolector: bufolector@gmail.com onde o publicaremos.

O escrito podedes envialo ao correo de dinamización dinamizacionlinguagalega@ceipsofiacasanova.com onde entrará a formar parte do CERTAME "TEXTOS CON ARTE".  Bases

Usade o maxín, disfrazádevos, xogade coas palabras e coas pinturas. Trátase de pasar un bo rato para celebrar as nosas letras.

Esta é a nosa proposta de cadros, pero podedes escoller outros:

domingo, 5 de abril de 2020

Enigmas no Museo do Prado

Os Museos están a traballar moitísimo para ofrecernos actividades sen sair da casa.
Unha delas é este xogo do Museo do Prado no que tes que descubrir que é o que está pasar con personaxes dos cuadros.

A pasalo ben!



domingo, 3 de noviembre de 2019

MARUJA MALLO

O alumnado de 5 anos estamos a estudar a década de 1920. A primeira persoa importante que aprendimos é Maruja Mallo.
Non vos perdades esta entrevista e veredes que xa sabemos moitas cousas desta pintora surrealista.


miércoles, 22 de mayo de 2019

MUSEO BELAS ARTES

O alumnado de 4 anos estamos a estudar O CORPO HUMANO, isto levounos ao Museo de Belas Artes; alí aprendimos que os 5 sentidos poden trasladarse á ARTE, a trevés de pinturas e esculturas.





miércoles, 15 de mayo de 2019

PREPARANDO A VISITA AO MUSEO

Os nenos e nenas de 4 anos fumos hoxe de excursión ao Museo de Belas Artes de Coruña.
Para preparar a saída, pintamos un dos cadros de Lugrís que se atopan alí.
O problema foi que non o puidemos ver, tivemos que pintalo coa descrición que nos daba a profe. Ela falaba mentres que nos creabamos a nosa propia obra de arte.
Pinchade na foto do Museo e veredes as nosas creacións:

Como puidéchedes adiviñar, o cadro que pintamos foi "Mariña Surrealista"