miércoles, 6 de mayo de 2020

"CÓNTAME UN CADRO GALEGO DO SÉCULO XX"

ATENCIÓN!!!!! ACTUALIZAMOS O RETO. LEDE AS BASES. Se xa o fixéchedes, publicarémolo igual. Senón, atendede ás novas bases

Hoxe traémosvos un novo reto.

Como o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está moi preto, convidámosvos a facer unha nova actividade na que combinamos as letras galegas coa arte galega do século XX.

Para participar tedes que ESCOLLER unha pintura dun autor ou autora galega do século XX (nós propoñémosvos algunha) e ESCRIBIR un relato  en GALEGO (non importa o tamaño) relacionado con ese cadro. GRAVAR un video lendo contando  ou interpretando o relato e MANDALO ao correo do bufolector: bufolector@gmail.com onde o publicaremos.

O escrito podedes envialo ao correo de dinamización dinamizacionlinguagalega@ceipsofiacasanova.com onde entrará a formar parte do CERTAME "TEXTOS CON ARTE".  Bases

Usade o maxín, disfrazádevos, xogade coas palabras e coas pinturas. Trátase de pasar un bo rato para celebrar as nosas letras.

Esta é a nosa proposta de cadros, pero podedes escoller outros:

0 comentarios:

Publicar un comentario