viernes, 22 de marzo de 2024

CHEGA O BUFOPREGUNTÓN!

 

ATENCIÓN!!!!!!!! 

COMO O ALUMNDO DE SEXTO ESTARÁ DE EXCURSIÓN, RETRASAMOS O INICIO DO BUFOPREGUNTÓN UNHA SEMANA!!!!!! COMEZAMOS O 15 DE ABRIL!!!!!!



XA CASE  ESTÁ AQUÍ O MES DE ABRIL, E CON EL O QUE TODOS ESTÁBADES AGARDANDO: 

O BUFOPREGUNTÓN!!!!!!!!!!!!!

Como a primeira semana de abril comeza nas vacacións de semana santa imos retrasar o concurso unha semana. De modo que a primeira pista sairá o LUNS 15 DE ABRIL!!!!!


Lembramos o modo de participación:


- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.


Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)


- A temática é AS OLIMPÍADAS.


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 


Xa sabedes... a investigar en familia!


As pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 15 de abril!!!!!

MUSEO DE BELAS ARTES

 Esta semana o alumnado de infantil acudiu ao Museo de Belas Artes da Coruña para achegarse ao mundo da arte a través da visita guiada "Unha volta ao sol".







jueves, 21 de marzo de 2024

Visítanos Antonio Manuel Fraga

 O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita do escritor Antonio Manuel Fraga co que comentaron o seu libro PAPÁ CANÍBAL.  


miércoles, 20 de marzo de 2024

Visítanos Helen Roca

 O luns, o alumnado de infantil, tivemos a gran sorte de compartir a nosa primeira clase de rugby da man de Helen Roca.

Campioa de Europa de XV, campioa de España de seven, xogou o Seis Nacións e tres Mundiais. Elena Roca es Helen, líder do CRAT no campo durante case dous décadas e, agora,  xefa nos despachos e na bancada. Vicepresidenta, directora técnica e entrenadora, compaxina o rugby co seu cargo de técnica deportiva no Concello de Mesía.






MOITAS GRAZAS ELENA POR ACHEGARNOS A ESTE DEPORTE, QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS!
Para coñecer máis desta gran deportista:

martes, 19 de marzo de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 O pasado venres tivemos a sorte de poder xuntarnos un anaquiño e pasar unha tarde estupenda cos nosos CONTACONTOS EN FAMILIA.






GRAZAS a todos os que vos achegáchedes a compartir este momento e, sobre todo, aos voluntarios que viñeron a contar.
Vémonos na seguinte!


viernes, 15 de marzo de 2024

FACHO OLÍMPICO BARCELONA 92

 Neste cole temos unhas familias moi implicadas e grazas a unha delas conseguimos ver e tocar o facho olímpico de Barcelona 92.

Se pinchas na imaxe poderás ver como, 32 anos despois volveu a pasar por Vilaboa facendo parada no noso cole:


GRACIAS VÍCTOR POR FACELO POSIBLE!


miércoles, 13 de marzo de 2024

LECTURA NO PATIO

 Hoxe os peques do cole aproveitamos o bo tempo para facer a lectura fóra. 

                                                     Como nos prestou!



lunes, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Reservade o venres!!!!! Temos reunión familiar!!!!!



domingo, 10 de marzo de 2024

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: XIMNASIA RÍTMICA

 Desta volta decidimos afondar noutro deporte olímpico pouco coñecido para os nosos peques: A XIMNASIA RÍTMICA.

Coma sempre, o Bufolector mandounos unha carta falándonos sobre este deporte e unha ximnasta olímpica: ALBA BAUTISTA.

Logo de investigar, descubrimos que a ximnasia rítmica ten 5 elementos: aro, pelota, corda, mazas e cinta.

Un día chegamos a clase e atopamos unha sorpresa:


E cal foi a nosa sorpresa?



Unhas cintas de ximnasia!!!!

Para rematar con este deporte tivemos a sorte de contar cunha exhibición fantástica, xa que seis nenas maiores do cole, que o practican,  prestáronse voluntarias para facernos unha demostración. Ademáis ensináronnos a diferencia entre ximnasia rítmica e ximnasia artística:


GRAZAS a CAROLINA, SIRA, MARA, NEREA, CAYETANA E MARTINA, ás que admiramos moitísimo e que poden chegar a ser olímpicas algún día! E grazas tamén aos profes que fixeron que isto fora posible dándonos moitas facilidades!

Rematamos este deporte moi motivados e motivadas, gustounos moitísimo, así que deste grupo de peques de infantil poden saír grandes ximnastas o día de mañán!

viernes, 8 de marzo de 2024

8 MARZO: A MULLER NO DEPORTE

 Hoxe é o DÍA DA MULLER TRABALLADORA  e como non podía ser doutro modo adicámolo a todas esas mulleres deportistas que cada día dan o mellor de si mesmas:



GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORÁCHEDES INVESTIGANDO COS VOSOS PEQUES E APORTANDO FOTOS PARA FACER ESTE MURAL!


O alumnado de primeiro e segundo fixo un traballo de investigación na casa sobre mulleres deportistas e logo traballou a busca e o tratamento da información cubrindo estas fichas-resumo.

En cuarto tamén buscaron información de mulleres deportistas (Preme na imaxe para evr un video-resumo):





BO TRABALLO!






martes, 5 de marzo de 2024

DE CELEBRACIÓN!

 A semana pasada a nosa compi Ana trouxo bombóns para celebrar que estaba de aniversario. Iso si que é empezar ben unha sesión!!!!


GRAZÁS E PARABÉNS, ANA!!!

Por outra banda, aínda que estamos con libro de August, non deixamos pasar a oportunidade de comentar a nova que saiu hai uns días sobre un adolescente morto por consumo de cocaína rosa, xa que tiña relación co libro que limos anteriormente Campos de fresas.