domingo, 10 de marzo de 2024
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
21:34
Etiquetas:
Bufolimpiadas,
deportes,
exhibicións,
infantil,
primaria
Desta volta decidimos afondar noutro deporte olímpico pouco coñecido para os nosos peques: A XIMNASIA RÍTMICA.
Coma sempre, o Bufolector mandounos unha carta falándonos sobre este deporte e unha ximnasta olímpica: ALBA BAUTISTA.
Logo de investigar, descubrimos que a ximnasia rítmica ten 5 elementos: aro, pelota, corda, mazas e cinta.
Un día chegamos a clase e atopamos unha sorpresa:
E cal foi a nosa sorpresa?
Unhas cintas de ximnasia!!!!
Para rematar con este deporte tivemos a sorte de contar cunha exhibición fantástica, xa que seis nenas maiores do cole, que o practican, prestáronse voluntarias para facernos unha demostración. Ademáis ensináronnos a diferencia entre ximnasia rítmica e ximnasia artística:
GRAZAS a CAROLINA, SIRA, MARA, NEREA, CAYETANA E MARTINA, ás que admiramos moitísimo e que poden chegar a ser olímpicas algún día! E grazas tamén aos profes que fixeron que isto fora posible dándonos moitas facilidades!
Rematamos este deporte moi motivados e motivadas, gustounos moitísimo, así que deste grupo de peques de infantil poden saír grandes ximnastas o día de mañán!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario