sábado, 3 de febrero de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos unha tarde moi divertida co noso tan especial CONTACONTOS EN FAMILIA.

Desta volta estreáronse Laia, Valentina e Miriam contando soas. A verdade é que levan moito tempo preparándoo porque tiñan moitas ganas de compartir con todos a súa lectura. Contáronnos Unha carta para Papá Noel.


Logo tocoulle a quenda a Eoa, Emma e Ada que nos leron El gran día de Elmer.


Leo e Gema leváronnos a unha festa de osos con Simplemente Ted.

E, por último, María levounos de caza e puxémonos todos en pé para acompañala co conto Imos cazar un oso.


Mandamos un abrazo grande a María e a Héctor que tiñan previsto acompañarnos esta tarde e compartir un contiño con nós pero non puideron.

MOITAS GRAZAS A TODOS os que nos acompañástedes nesta tarde! Esperamos con ganas o vindeiro contacontos!







0 comentarios:

Publicar un comentario