martes, 31 de marzo de 2020

DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes o mes de abril está cheo de celebracións para a biblioteca do Bufolector.




ILUSTRACIÓN : Damijan Stepancic ilustra a mensaxe de Peter Svetinai "FAME DE PALABRAS"

 O día 2 celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen.

E o día 23 é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, este día coincide co pasamento de autores como Cervantes ou Shakespeare.

NA NOSA BIBLIOTECA NON QUEREMOS DEIXAR DE CELEBRAR ESTES ACONTECEMENTOS PARA O QUE OS PROPOÑEMOS O SEGUINTE:

1. FAI UN DEBUXO DO TEU LIBRO PREFERIDO ESCRIBINDO O TÍTULO DO MESMO.
2 PÍDELLE AOS TEUS PAIS QUE TE SAQUEN UNHA FOTO CON EL E QUE A MANDEN AO bufolector@gmail.com.

Con todos os debuxos faremos un video de recomendacións lectoras.
O último día para mandar o teu debuxo é o 22 de abril. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, FAREMOS UN VIDEO ONDE SAIRÁN TODOS OS NENOS/AS QUE O FAGAN!!!


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale

Sheila dijo...

Buffff.... Adrián tiene muchas virtudes, pero el dibujo no es una de ellas... Jijiji! No creo que se anime, pero se lo propondré igualmente
Bifobicos!!

Anónimo dijo...

Seguro que Adrián lo hace genial. En infantil hacía semanalmente un dibujo sobre un libro y no se le daba del todo mal. No me puedo creer que haya perdido todas esas habilidades.

Publicar un comentario