martes, 10 de marzo de 2020

VISITA AO MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5 anos visitou o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA, de Coruña.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica, na que ademáis de ver obxectos e tecnoloxía do século XX aprendimos moito e pasámolo xenial!

Puidemos ver un trozo do Boeing 747 "Lope de Vega", sentámonos en primeira clase, vimos a cabina do piloto, tocamos algúns dos materiais que o compoñen e descubrimos que este foi o avión que trouxo o Guernica a Madrid dende Nova York en 1981.




Na sá do século XX vimos unha lavadora de madeira, unha moto con sidecar, un coche antigo e moitas cousas que usaban os nosos avós e avoas (e os nosos pais e nais)...



Tamén vimos o antigo faro da Torre de Hércules e o proxector que tiña o cine París de Coruña.
Ademáis fixemos helicópteros de papel e os tiramos dende o sexto andar, comprobamos como voaban e gustounos moito.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica na que descubrimos a tecnoloxía dende unha nova perspectiva  e demostramos moitas cousas que xa tiñamos aprendidas nestes tres anos que levamos na escola.


1 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale

Publicar un comentario