jueves, 12 de marzo de 2026

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN PARA FAMILIAS

 O vindeiro 29 de abril. ás 16:15 teremos a gran sorte de contar coa presenza de CARLOS GALLEGO, que impartirá un obradoiro de ilustración para familias e alumnado.

Esto é o que o artista di de si mesmo:

Son Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico. Traballo ilustrando libros de texto e de narrativa entre outros proxectos de publicidade e comunicación. Ademais de debuxar, encántame compartir as experiencias que aprendín durante a miña carreira e demostrar que calquera persoa pode crear fermosas imaxes de forma creativa. Ilustrar vai moito máis alá de saber ou non saber debuxar, por iso deseñei este taller de collage para facer chegar ó alumnado unha nova forma de representar o mundo que lle rodea.

Algúns dos seus traballos:


Se queredes ver máis, aquí vos deixamos a súa páxina web

O cartel da actividade:

Para poder asistir hai que anotarse en bufolector@gmail.com, indicando o nome do neno/a e o adulto acompañante que van participar no obradoiro. 

PRAZAS LIMITADAS!!!!!1

ANIMÁDEVOS!









0 comentarios:

Publicar un comentario