martes, 27 de noviembre de 2018

ESTA SEMANA ENTRAMOS CON...

... CHAPLIN!

Actor, director, guionista, productor, montador e músico,  conxugou perfectamente o drama e o humor, a comedia e a traxedia.
A súa primeira película foi "O chico" en 1921, que é a historia dun vagabundo que adopta a un pequeno e convírtese no mellor pai que alguén poida desexar.
A partir de aquí comeza unha carreira con moitas películas para a historia, moi coñecidas son as de "Charlot", "Tempos modernos", "Candilexas","Luces da cidade",  "A quimera do ouro"... e sen dúbida algunha "O gran dictador", na que interpreta a Hitler, película que estivo prohibida en Alemaña e España durante un tempo. Hai quen di, que Hitler tiña envexa da paixón que arrastraba Chaplin e por iso deixouse un bigote como o do actor.
Pero Chaplin só gaña un Óscar en toda a súa carreira e foi pola música de "Candilexas", pero en 1972, xa ancián, recibe un Óscar honorífico a súa carreira e recibe unha ovación do público de 12 minutos.
Deixámosvos unha biografía do artista e o enlace a súa páxina oficial.






E recomendámosvos este libro que temos na biblioteca sobre el:

0 comentarios:

Publicar un comentario