viernes, 17 de noviembre de 2017
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
11:11
Etiquetas:
conmemoracións,
Emocións,
familias,
violencia xénero
DENDE O CONCELLO CHÉGANOS O SEGUINTE:
Como ben sabedes, o 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacions Unidas declarou o 25 de novembro como Dia Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacions internacionais e organizacions non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboacion respecto da situacion de violencia na que viven moitas
mulleres. Desde 2003 ata maio do 2017, a Delegacion do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 no Estado. Por todo isto, consideramos que a actual situacion require dunha resposta unanime de toda a sociedade que pona de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.
A concelleira de Benestar e Igualdade, Lupe Pombo Carril, vén de asinar no día de hoxe no Pazo de Raxoi, en Santiago de compostela, o protocolo de adhesión do Concello de Culleredo á Campaña "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS". Esta Campaña promovida polo Concello de Santiago De Compostela, suma neste ano xa 75 concellos de toda Galiza, xunto con 3 Deputacións.
A través desta Campaña, a Concellaría de Benestar e Igualdade, xunto coas demais concellarías municipais, como Deportes e Desenvolvemento Económico, anima á toda a comunidade: educativa, comercios, asociacións, e veciños e veciñas en xeral; a implicarse na conmemoracion do 25 de novembro. “Culleredo en negro”; propoñendo vestir de loito ou colocar nas nosas fiestras panos ou prendas negras en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a mais dura das suas consecuencias, a morte. Porque consideramos que son os veciños e as veciñas quen debe ter o protagonismo das rúas e son o grande escaparate que pode transmitir a cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade:
queremos Culleredo libre de violencia!
Do 23 ao 26 de novembro viste a túa casa, o teu local, tenda, posto, etc. de negro, ou a ti mesmo/a de negro. E sube ás redes imaxes vosas "En Negro" para que entre todas e todos, podamos chegar á sociedade o noso rexeitamento de calquera manifestación de violencia contra as mulleres.
Achegamos as imaxes da Campaña para que as utilicedes nas vosas redes sociais ou imprimades para colocar onde consideredes
Un saúdo
GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario