jueves, 26 de octubre de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.



Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.


Logo tocoulle o turno a Sofía, que xunto aos seus pais, Bea e Nacho fixéronnos rir con Voy a comedte.

Seguidamente, Aroa, apoiada por Álex, o seu pai conmoviunos con Te quiero casi siempre.


E, para rematar, Chloé co seu pai Marcos ensinando as imaxes interpretounos Mi piojo y yo. 

GRAZAS A TODOS os que hoxe vos puxéchedes diante  e nos agasallástedes con esta bonita tarde.
E, por suposto, a aqueles que viñéchedes a escoitar!
A FAMILIA MEDRA!








0 comentarios:

Publicar un comentario