martes, 17 de octubre de 2023

COMEZAMOS PROXECTO...

 Os máis peques do cole recibiron unha carta do Bufolector na que lles di que quere presentarse as Bufolimpíadas do 2024 e para iso vai probar diferentes deportes.

Aínda que si que coñecemos algún deporte non tiñamos nada claro que era eso das olimpíadas así que a profe púxonos un vídeo que estamos a analizar.


E...falando, falando decatámonos que nalgún lugar do cole tiñamos visto eso que chaman AROS OLÍMPICOS. Así que saimos a investigar e atopamos dous. 


Como podedes ver tamén descubrimos os fachos olímpicos, pero iso tratarémolo outro día. 


0 comentarios:

Publicar un comentario