miércoles, 12 de febrero de 2025
Onte tivemos outra sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA!
lunes, 16 de diciembre de 2024
Vaia tarde máis divertida que pasamos o venres. Non faltaron as risas, os doces e, o máis importante, os contos!!!!!
GRAZAS A TODOS POR VIR!!!!!
lunes, 9 de diciembre de 2024
miércoles, 27 de noviembre de 2024
Onte, o alumnado de educación infantil, tivemos unha visita moi especial.
A Dragona Ramona viu contar o conto A VISITA.
Gracias ao Concello por achegarnos á lectura a través destas animacións. Esperamos que volvas cedo, Dragona!
lunes, 11 de noviembre de 2024
O pasado mércores tivemos a primeira sesión do curso de CONTACONTOS EN FAMILIA.
Comezamos co teatro de sombras de Carla, no que narrou as aventuras de ELMER.
miércoles, 24 de abril de 2024
Hoxe, como parte das actividades ao redor do día do libro, o alumnado de infantil, tivemos a visita da DRAGONA RAMONA que veu contarnos "Un león na biblioteca"
lunes, 11 de marzo de 2024
martes, 23 de enero de 2024
jueves, 26 de octubre de 2023
Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.
Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.
martes, 24 de octubre de 2023
martes, 17 de octubre de 2023
Comezamos un novo curso co noso xa esperado CONTACONTOS EN FAMILIA.
Lembrade que a entrada é de balde para todo o alumnado e que só poden entran as familias que están anotadas para contar contos (aínda podedes anotarvos).
VIDE PASAR UNHA TARDE FANTÁSTICA CON NÓS!
sábado, 10 de junio de 2023
Onte tivemos a derradeira sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso.
Dende a BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR queremos dar as grazas a todos os que participáchedes nesta actividade ao longo do curso porque sen vos non sería posible.
Tamén ás familias que achegan aos seus nenoas/as á biblioteca para que veñan a escoitar tan fermosos contos.
domingo, 4 de junio de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
Hoxe tivemos unha invitada moi especial aos nosos contacontos en familia porque dende o País Lonxedetodo veu a fantástica Lili Gruyere.
Pasamos unha tarde moi divertida, mirade, mirade:
sábado, 22 de abril de 2023
Unha das actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO, foi a realización deste este AUDIOCONTO por todo o cole. Está moi relacionado co noso proxecto.
Esperamos que vos guste:
viernes, 21 de abril de 2023
Este é o título da obra que A Xanela do Maxín representou no cole o pasado mércores gracias a Narciso de Coegal que foi quen nolo trouxo.
O alumnado de infantil, primeiro e segundo puidemos escoitar catro contos relacionados cos catro elementos: auga, terra, lume e aire nos que a sorpresa foi o fío condutor.
viernes, 24 de marzo de 2023
Hoxe visitounos a Dragona Ramona e contounos o conto Grisela.
Pasámolo xenial! O conto encantounos e a verdade é que xa botábamos de menos á Dragona. Volve cedo!
domingo, 5 de marzo de 2023
Onte volveu encherse a biblioteca e, unha vez máis, pasamos unha tarde estupenda escoitando contos das mellores contadoras do mundo: AS NAIS.
viernes, 3 de marzo de 2023
Hoxe, o alumnado de primeiro asistiu a un contaconto na nosa biblioteca con Benxamín Míguez Novoa. Ao tempo que contaba, Benxamín ía ilustrando.
Mirade que estupendo: