domingo, 5 de marzo de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte volveu encherse a biblioteca e, unha vez máis, pasamos unha tarde estupenda escoitando contos das mellores contadoras do mundo: AS NAIS.

Mónica e David contaron "O cociñeiro Martiño"

Tivemos a gran sorte tamén de poder escoitar a Julia, alumna de quinto que prestouse voluntaria para vir contarnos "Sopa verde".
Lucas, Leti e Teo sorprendéronnos con "Mapache quiere ser primero"


Valeria, María e Héctor enchéronnos de tenrura con "A gallina Cocorina".


Lucía e María narraron "La saltinadora gigante" co acompañamento á trompeta de Hugo. 

Así de chea estaba a nosa biblioteca:

GRAZAS a todos os contadores pola vosa ilusión, por achegarnos un chisquiño máis á literatura, por compartir o tempo con nós e facelo tan estupendamente.
E grazas tamén, a todas as familias que vos achegástedes a compartir este intre.






















0 comentarios:

Publicar un comentario