viernes, 10 de marzo de 2023
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:00
Etiquetas:
CIENCIA,
Día da poesía,
experimentando co Bufo,
matemáticas,
poemas,
Poesía
O 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA.
Neste curso tan científico non podíamos deixar pasar AS ESOPÍAS.
Unha ESOPÍA é un poema (tamén pode ser un relato ou comentario), cun máximo de 141 carácteres, onde
cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás
sucesivas cifras do número π.
Dende a BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR queremos animarvos a escribir ESOPÍAS.
Para isto deixámosvos unha plantilla da asociación AGAPEMA e algúns exemplos.
Se conseguides facer algunha non dubidedes en mandala para que a publiquemos.
Ánimo e a xogar coas palabras (podedes facelo en calquera idioma).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario