martes, 29 de noviembre de 2022

MUSEO DE BELAS ARTES

 Hoxe, ao alumnado de infantil, tocounos experimentar coa arte:









CESTAS VIAXEIRAS

 Xa andan polas clases as nosas cestas viaxeiras!!!!! Rapazada, aproveitade estas recomendacións que se vos achegna dende a biblioteca do Bufolector!!!!











lunes, 28 de noviembre de 2022

Ciencia en familia con Toni

 Nesta sesión descubrimos a maneira de facer neve e que non se derreta!!!!!

Estade atent@s!!!!


sábado, 26 de noviembre de 2022

25 NOVEMBRO

 Data que non quixeramos conmemorar máis!

O alumnado de infantil fixo e repartiu por Vilaboa un cartel co noso lema deste ano "Vacínate contra a violencia"



E, todo cole aprendeu e preparou a canción de Rozalén con apoio xestual "Yo no renuncio". Así de ben o fixemos:






CIENCIA NA CLASE

 O alumnado de 4 anos ensínannos como facer un zombie espumoso. Non perdades ollo!



viernes, 25 de noviembre de 2022

CIRCUITO DE CANICAS

 ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!

XA TEMOS DATA PARA A MOSTRA DE CIRCUITOS DE CANICAS. 


MÉRCORES 21 DE DECEMBRO ÁS 17:30 NA BIBLIOTECA.


Ide rematando as vosas creacións. 


Temos un gran premio agardando.

miércoles, 23 de noviembre de 2022

25 N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deixámosvos a canción que será o noso grito na conmemoración deste día.


lunes, 21 de noviembre de 2022

PLANTASUEÑOS

 ¡Los Plantasueños ya están en el Sofía Casanova, y han venido para quedarse!








viernes, 18 de noviembre de 2022

MUSEO OUTONO

 Dicía Albert Einsten que A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE e podo asegurarvos que os nenos e nenas de infantil pasámolo xenial creando estas obras de arte.










jueves, 17 de noviembre de 2022

CIENCIA EN FAMILIA CON IRENE

 Esta semana tivemos a oportunidade de coñecer tres novos experimentos coa familia de Irene.


LOS QUEBRANTASUEÑOS

 


Este é o libro escollido como seguinte lectura no noso club.

Pouca presentación necesita porque vendo a ilustración e coñecendo un pouco á autora, Susana Isern, xa sabemos que é unha xoia con envoltura de libro.
Máis aló do mundo fantástico que nos amosa, Los quebrantasueños fala, en realidade, do poder das palabras, de como unha palabra dita no momento oportuno pode cambialo todo.

Deixámosvos varios enlaces por se queredes mergullarvos neste mundo:

SUSANA ISERN

Entrevistas: RZ100arte

ESTHER GILI
Entrevistas: Toledodiario


lunes, 14 de noviembre de 2022

METEOSOFÍA NOVAS

 O alumnado de primeiro e segundo está a estudar os cambios metereolóxicos no outono. 

Fixeron un mural onde podemos ver diferentes aparatos para facer este estudo e montaron unha pequena estación metereoilóxica no corredor!










LOS INSTANTES PERFECTOS

 Rematamos libro no club de lectura, Alexandre e Román dannos a súa opinión:









domingo, 13 de noviembre de 2022

CIENCIA EN FAMILIA CON AROA

 Xa tedes a vosa disposición, unha nova entrega de CIENCIA EN FAMILIA. 

Esta vez, da man de Álex, Aroa e Teresa descubriremos a relación entre a ciencia e os sons.

Non vos perdades a sorpresa final!


XORNADAS DE BIBLIOTECA

 Así pasamos o sábado en Santiago, buscando ideas, formación e non deixando de aprender.



viernes, 11 de noviembre de 2022

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS

 Atención familias!

En breve chegaravos ás casas unha nota informativa sobre dúas actividades novas para as familias:

A MOCHILA VIAXEIRA FAMILIAR e o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.

Na mochila viaxeira haberá contido dirixido, sobre todo, a público adulto.

O club de lectura está pensado para nais, pais, avós, avoas, irmáns e irmás (adultos ou case adultos).... que lles guste ler e queiran compartir esta afección. Haberá unha única reunión por cada libro. 

Se queredes participar nalgunha destas actividades tedes que cubrir a folla que vos chegará a vindeira semana  e poñerémonos en contacto convosco. 

Coma sempre, se tedes dúbidas trataremos de resolvelas en bufolector@gmail.com

jueves, 10 de noviembre de 2022

SEMANA DA CIENCIA NOS MUSEOS CORUÑESES

 A vindeira semana (do 14 ao 20 de novembro)   é a SEMANA DA CIENCIA e a entrada aos museos científicos de A Coruña é gratuita. Lembrade que si queredes ir ao Aquarium hai que reservar.


Preme na imaxe para máis información.


Fonte: La Opinión de A Coruña


Aproveitade para experimentar!

miércoles, 9 de noviembre de 2022

EXPERIMENTANDO COA ZOOLOXÍA

Este ano estamos a aprender que a CIENCIA abarca moitísimo, como por exemplo a ZOOLOXÍA.
A profe Lidia tróuxonos uns ovos de ra para que poidamos poñernos na pel dos zoólogos e experimentemos esta parte da ciencia.
Esta semana xa non temos OVOS, transformáronse en CÁGADOS.




martes, 8 de noviembre de 2022

S.T.A.B

 Xa hai uns días que comezou a formación do S.T.A.B, Servicio Técnico de Axuda á Biblioca. 

Este curso hai moitos voluntarios de sexto. 

Entre as súas tarefas está a de emprestar e devolver libros, colocar á biblioteca, recomendar lecturas, ensinar xogos, titorizar ao alumnado de menor idade, separar e arranxar libros estragados, etc.






sábado, 5 de noviembre de 2022

EXPERIMENTANDO NA AULA. Moco de gorila

 Este primeiro trimestre, en infantil, ímolo adicar a aprender conceptos básicos da ciencia e a experimentar cos sentidos.

No experimento que ides ver traballamos o sentido do tacto facendo unha masa sensorial:


jueves, 3 de noviembre de 2022

CIENCIA EN FAMILIA CON LEO

 Onte divertímonos moitísimo co experimento que nos trouxeron Antonio, Gema e Leo.

Mirade como aprendimos a facer unha bolsa antifugas:


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Entramos en novembro, o mes da ciencia en galego, e dende Bibliotecas Escolares de Galicia achégannos moitos recursos que nos servirán de axuda para o noso proxecto:


Folleto informativo sobre actividades en distintas bibliotecas de Galicia:






miércoles, 2 de noviembre de 2022

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Hoxe, despois de moito tempo, retomamos os CONTACONTOS EN FAMILIA. 

Aínda que fumos poucos, resultou unha tarde moi agradable e moi en familia na que comezamos divertíndonos con catro fantásticos contos e rematamos xogando na biblio.

Cris e Rubén contáronnos Los cocodrilos que vinieron a cenar.

Aloia e Xano leron Xa vooou.

Emma, Eoa e Ada puxeron a  tenrura con Te como a besos.

E Ilduara, Ana, Nico e Claudia fixéronnos rir con Voy a comedte


Moitas grazas aos contadores e a todos os que vos animástedes a vir, esperemos que na vindeira sesión sexamos moitos más!


REVISTA BULULEO

 A editorial Bululú pon a andar un novo proxecto: a REVISTA BULULEO.

Aquí tedes o primeiro número: