domingo, 11 de junio de 2023
Rematamos o proxecto e queremos ensinarvos un pouquiño de todo o que aprendemos este curso:
Os nenos/as de 3 anos, entre outras cousas, puxeron moita atención na zooloxía:
(pinchade na imaxe)
sábado, 10 de junio de 2023
Con este vídeo rematamos esta fantástica experiencia chamada CIENCIA EN FAMILIA.
Gustaríame dar as GRAZAS a todos os que o fixéchedes posible, pola vosa implicación, polos nervios e por tantas horas adicadas a traer un pouquiño do que sabedes á clase. VALIU A PENA: levamos con nós moitas lembranzas de momentos compartidos, saberes novos e compartimos tempo de cole coa nosa familia.
NORABOA A TODOS!
miércoles, 7 de junio de 2023
O alumnado de quinto estudou as enerxías renovables e está convencido de que a saúde do Planeta melloraría se todos as usásemos. É por iso que traballaron en equipas para facer estos carteles e animarnos a usalas:
domingo, 4 de junio de 2023
Xa imos rematando o curso e con el os vídeos de Ciencia en familia así que desfrutade do que queda:
sábado, 20 de mayo de 2023
Xa podedes ver o vídeo da familia de Nerea:
miércoles, 17 de mayo de 2023
Desta volta a familia de Sofía Balseiro tróuxonos experimentos de aire:
jueves, 11 de mayo de 2023
Desta volta, a familia Candal Castro tróuxonos tres experimentos que fixeron que o pasáramos xenial:
miércoles, 3 de mayo de 2023
Como ben dixeron Rubén e a súa familia estabamos a falar de TALES DE MILETO.
NORABOA FAMILIA!!!!!!
Deixámosvos aquí o resto das pistas e un par de enlaces para saber máis:
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
3. GÚSTAME A ASTRONOMÍA.
4. SON GREGO.
5. CONSIDÉRANME UN DOS SETE SABIOS DE GRECIA.
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
3. GÚSTAME A ASTRONOMÍA.
martes, 2 de mayo de 2023
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
lunes, 1 de mayo de 2023
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
viernes, 28 de abril de 2023
Mateo e a súa familia tráennos 3 experimentos doados de facer na casa:
miércoles, 26 de abril de 2023
Lembrades aquelas ESOPÍAS que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?
Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!
Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.
lunes, 24 de abril de 2023
NORABOA Á FAMILIA DE SOFÍA BALSEIRO!!!! En breve recibiredes o voso premio.
A persoa da que estabamos a falar era bibiano f. osorio-tafall!!!!
Xosé Monteagudo rescata a historia do exiliado e a súa esposa Josefina Arruti, marcada pola Guerra Civil nunha novela recén publicada: Vémonos maña.
- Deixámosvos algún enlace para que coñezades máis deste personaxe:
Deixámosvos o resto de pistas:
1. FUN PRESIDENTE DO COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA DE GALICIA.
2. FUN MEMBRO DA SOCIEDADE DE HISTORIA NATURAL DE MÉXICO.
3. ADIQUEIME A DIRIXIR O SERVIZO DE EVACUACIÓN DE REFUXADOS ESPAÑOIS.
4. EN LONDRES HAI UN XARDÍN BOTÁNICO CON BULBOS QUE EU ENVIEI.
5. FIXEN MOITAS INVESTIGCIÓNS SOBRE O FITOPLANCTON MARIÑO.
AÍNDA QUEDA OUTRO BUFOPREGUNTÓN, A VER SE PODEMOS CHEGAR A TERCEIRA PISTA!!!! ESTADES ATENTOS AO VINDEIRO LUNS!!!!
1. FUN PRESIDENTE DO COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA DE GALICIA.
sábado, 22 de abril de 2023
Unha das actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO, foi a realización deste este AUDIOCONTO por todo o cole. Está moi relacionado co noso proxecto.
Esperamos que vos guste:
jueves, 20 de abril de 2023
lunes, 17 de abril de 2023
Este curso estase poñendo complicado o de xogar, vaia velocidade de acertos!!!! Como se nota que xa hai práctica nesto da busca de información!!!!!
A resposta que estabamos a buscar era, tal e como dixo a familia de Diego, o OBSERVATORIO ALMA.
En lo alto del llano de Chajnantor, en la Cordillera de los Andes, en Chile, el Observatorio Europeo Austral (ESO), opera, junto con sus socios internacionales, el Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA), un telescopio de vanguardia para estudiar la luz de algunos de los objetos más fríos del Universo. Esta luz tiene longitudes de onda de alrededor de un milímetro, entre el infrarrojo y las ondas de radio, por lo que se conoce como radiación milimétrica o submilimétrica. ALMA está compuesto por 66 antenas de alta precisión, repartidas a distancias que pueden alcanzar los 16 kilómetros. Esta colaboración global es el mayor proyecto astronómico basado en tierra desarrollado hasta el momento.
NORABOA Á FAMILIA DE DIEGO MOSQUERA!!!!!! En breve recibiredes o voso agasallo.
Deixámosvos un trailer sobre A.L.M.A. para que vexades de que estamos a falar e un par de enlaces por se queredes ampliar a información:
1. PROPORCIONO INFORMACIÓN SOBRE O NACEMENTO DAS ESTRELAS.